Print this page

Choven letras de Lois Pereiro, actividade para centros educativos

Rate this item
(0 votes)

A Fundación Caixa Galicia ven de preparar un programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Como en anos anteriores recuperan nesta efeméride ideas coma Desengaiolando libros, proxecto de fomento da lectura que promociona o intercambio de libros; e Atopando a Lois Pereiro, un proxecto desenvolvido coa web 2.0 para dar a coñecer aos autores homenaxeados cada 17 de maio.

Como novidade a Fundación Caixa Galicia organiza o certame Choven letras de Lois Pereiro, un concurso dirixido aos centros de Primaria. Con Choven letras de Lois Pereiro búscase a a participación dos centros educativos para que amosen os seus programas de actividades en torno a esta data, non necesariamente relacionados con Lois Pereiro. Como premio entregarase un lote de libros para a biblioteca do centro así coma un ordenador de sobremesa HP Pavilion p6600es-m AMD Athlon II X2 220 + Monitor 20".

 

A entrega de traballos remata o 26 de maio.