Print this page

Celia Díaz Núñez faise co 'Pura e Dora Váquez' de narrativa

Rate this item
(1 Vote)

A escritora paramesa Celia Díaz Núñez é a gañadora da IX edición do certame literario “Pura e Dora Vázquez”, na súa modalidad de narración, que convoca anualmente a deputación de Ourense.

O xurado escolleu entre os 15 textos presentados o titulado Rugando e que foi presentado baixo o lema beira o soldón, asinado por Celia Díaz. Deste texto o xurado salientou a axilidade narrativa, empregando unha linguaxe cinematográfica que se mistura con linguaxe máis novelesca, así como a estrutura do relato formado por duas partes claramente diferenciadas e que se enlazan nun epílogo sorprendente que lles da sentido.

O xurado, presidido polo deputado de Cultura, Argimiro Marnotes, estivo integrado por Sabela Gago Menéndez (pedagoga e educadora), María Canosa Blanco (ganadora da edición anterior), Antonio Piñeiro Feijoo (xornalista e dinamizador cultural), e nx0woé Manuel Fernández López (educador). Como secretario oficiou o director do Centro Cultural, Francisco González.

Celia Díaz Núñez é Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio. Reside en Ourense onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario no IES As Lagoas, actividade que compaxina coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación na materia de Didáctica da Lingua Galega na Universidade de Vigo.

Da a casualidade de que Celia xa fora a gañadora da primiera edición do certame Pura e Dora Vázquez co libro Adeliña. Ten publicado en Baía a obra Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta, obra gañadora do Barriga Verde de Textos para monicreques (modalidade infantil) no 2004. No eido ensaístico publicou Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores, editado polo concello de Quiroga.

Agora, abrirase o prazo para ilustrar este traballo, polo que os interesados neste segundo proceso poderán solicitar da Deputación provincial de Ourense o texto ganador para poder presentar as súas ilustracións.