Print this page

Últimas novidades

A noite da deusa

A noite da deusa

by María Lopez Sande

Unha comunidade secreta traballa desde tempos antigos para construir prezados obxectos que outorgan poder ás mulleres. Vestidos tecidos en antigos aquelarres, alfaias feitas con metais e pedras semidivinas foron pasando de xeración en xeración co máximo secretismo. Se os sete obxectos máxicos se xuntan no día do solsticio no espazo sagrado...


48 horas

48 horas

by Cándido Paniagua Pousa

Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da...


O Chispas

O Chispas

by Manuel Rivas

O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock. Unha noite, cando regresa dunha actuación...


Vampira de biblioteca

Vampira de biblioteca

by Ledicia Costas

Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma...


Rumbo ao horizonte

Rumbo ao horizonte

by Kike Gómez

“Dende que teño memoria, sempre quixen navegar. Imaxinábame unha e outra vez sucando o mar. Había algo no mar que me desconcertaba e que me obrigaba a seguir soñando. Que había máis aló? Naquel lugar onde o sol se agocha e unha delgada liña se debuxa. Aquel lugar onde o...


Winnie-the-Pooh

Winnie-the-Pooh

by A. A. Milne

–Es o Mellor Oso de Todo o Mundo –dixo Christopher Robin para consolalo. –Ai, si? –dixo Pooh, esperanzado. Coñece o oso máis popular do mundo neste volume no que Pooh queda atoado nun oco estreito, case atrapa un guzo e descobre unha clase equivocada de mel… entre outras aventuras! Con ilustracións en branco...


Unha estrela para Amina

Unha estrela para Amina

by Celia Díaz Núñez

É un fermoso conto contado por unha boneca que conta o que nunca se contou. Fala desas guerras invisibles, desas persoas que están refuxiadas e das que ninguén quere saber. É unha historia de tenrura e de valentía. De luz no medio da escuridade. Unha boneca inesquecible nunha historia inesquecible. Premio...


Carriandola

Carriandola

by Aloysius

Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre. Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da...


Ei, superavó!

Ei, superavó!

by Paul MacCartney

O avó é un aventureiro que sabe facer cousas incribles... Queres coñecelo? Co seu compás máxico, leva os seus netos e netas a vivir trepidantes aventuras. Únete a eles e poderás montar en peixes voadores, fuxir de animais salvaxes e escapar de avalanchas! Unha historia xenial para toda a familia...


A nena que abrazaba as arbores

A nena que abrazaba as arbores

by Henrique Alvarellos

Cando cumpriu tres anos, Lucía recibiu un agasallo moi especial de mamá e papá: unha árbore. Un precioso freixo que medra no pequeno bosque preto da casa. Visítao todas as semanas: obsérvao, úleo, fálalle e, sobre todo, abrázao. Álex, o mellor amigo de Lucía, é cego, mais xuntos descobren igualmente...