Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Domingos de calcetíns brancos (Galaxia) de Manuel Pérez Rúa

Rate this item
(3 votes)
Manuel Pérez Rúa ofrécenos, a través da mirada de Os Perrer's -un grupo de rapaces de Meira, Moaña- un retrato sociolóxico da xeración de 1950. A visión deses anos, acompañada coas entrevistas realizadas a outros persoeiros conforman o corpus deste Domingos de calcetíns brancos (Galaxia), premio Ramón Piñeiro de ensaio 2009 que ven de aparecer nos andeis das librarías.
Pérez Rúa ofrece ao lector breves fotografías do que foron eses anos e a evolución da sociedade nas etapas de posguerra, a ditadura, o anoitecer do franquismo e os primeiros pasos na democracia. O discurso áxil do autor, acompañado coas anécdotas e pasaxes contadas polos propios entrevistados, fan deste libro unha lectura agradable e amena. Un paseo histórico o social da historia recente de Galicia.
 

 


 

Inicia este traballo ensaístico no ano 1999 cunha primeira quenda de entrevistas (as realizadas aos Perrer's en Meira, Moaña) e remata dez anos despois. Foi doado unificar e sacar unha radiografía social desa xeración de 1950 en Galicia?

Galicia era daquela, demograficamente falando, rural. Esta xeración dos 50 da que estamos a tratar naceu nas aldeas. Foi unha xeración que se incorporou a un mundo que por uns anos ofreceulles unhas oportunidades extraordinarias, como pasou nos 60 e 70. Esta xeración incorpórase moi rápido ao traballo, casan novos e axiña teñen fillos. Isto é o que simboliza o grupo de Meira: unha representación da meirande parte da xente nova desa xeración dos 50.

Logo hai unha segunda parte de encontros onde os entrevistados están seleccionados con outros criterios. Representan traxectorias biográficas distintas, condicións laborais diferentes e en moitos casos encarnaban unha forma de facer investigación que a min me interesaba.

 

A xeración dos 50 nace unha década despois de rematar a Guerra Civil, unha vez pasados os anos máis duros da posguerra. Decátase o neno deses cambios que se están a producir?

Un se decata de todos eses cambios sociais que lle acontecen na vida. Nestes intres probablemente esteamos pasando por un cambio de paradigma. A esa xeración de 1950 pásalle o mesmo co agravante a maiores de que están vivindo nos anos máis duros dunha ditadura.

Os nenos fican orfos da memoria política da xeración anterior. Cando se falaba dalgún fuxido ou de represaliados procurábase que os cativos non o escoitaran. Doutro tipo de cambios decátaste, sobre todo na etapa adolescente e dun xeito anecdótico. Hai unha total desinformación que se suaviza coa pertenza a un grupo. Nese grupo un vaise decatando das modas, dos Beatles, dos bailes da época, de que xa non “mola” falar galego e se queres ligar tes que falar “en castelán”...

 

O que nos xuntou [aos Perrer's] foi a iglesia”, subliña un dos entrevistados. Mestúrase a rebeldía da idade e a cultura da catequese, dous conceptos que, en principio, poderían considerarse antagónicos.

Agora estamos en plena democracia e temos acceso a outras cousas, pero para os nenos dos anos 50 a igrexa na aldea era como din eles no libro: é o bar, a casa de cultura, había moitas actividades como teatro, a biblioteca, facíase vida social, saías de excursión, etc. A igrexa dábache formación e ofrecíache lecer. Ademais, se querías ter acceso ás catequistas tiñas que ir á igrexa...

Esta é a xeración é a que vive os cambios eclesiásticos motivados polo Concilio Vaticano II*. A igrexa socializa pero xa non é esa católica, romana e apostólica promulgada pola igrexa franquista. Chegou xente nova do Concilio Vaticano II para lles falar dos dereitos dos obreiros, da integración social, a igualdade da muller, etc... Para eses rapaces isto supón un “choque” por mor da igrexa represiva que eles acostumaban a ver. Preséntanse seminaristas e cregos novos que falan de asociacionismo, etc. E aos rapaces dánlles un tipo de formación e facilítanlles unha información moi válida para a vida adulta que doutro xeito sería imposible ter. Por iso eles sintetízano así: catequistas e rebeldes.

Iso durou moi pouco tempo. A igrexa acabou botando a eses cregos pero foi un momento moi fascinante.

 

* Movemento da igrexa coa finalidade de se achegar ao pobo. Propulsado polo Papa Xoán XXIII e finalizado con Paulo VI. Máis información na Galipedia.

 

Aínda que aínda se segue a utilizar os nenos como man de traballo no entorno familiar os pais son conscientes da importancia de educar os fillos, de telos na escola. Pero eses nenos atopábanse cunha escola intransixente, manipulada polo réxime e, como sinala nun dos puntos do libro, propensa á hostibialidade.

Indica un dos entrevistados que a Primaria era unha etapa onde, se che coincidía un profesor bo e se tiñas capacidades, avanzabas. Doutro xeito quedabas aí. Non era unha escola na que che prepararan para a vida que viña.

A partires do ano 1959 principia o Plan Nacional de Estabilización Económica* e con el chega un proceso de industrialización. A xente emigra cara Europa ou América e comézase a mover o diñeiro. Para estes nenos do rural, fillos de mariñeiros, seus pais conciéncianse de que pode haber un futuro mellor, que poden levar unha vida máis doada. É cando se di iso de “se podes, non traballes no mar”.

Iso sería un factor funcional, pero hai que subliñar igualmente o factor simbólico, e ter un fillo estudado é un escaparate para eles.

 

* Máis información na Wikipedia


Esa educación permite a esta xeración ser a primeira da historia en dar o salto do campo á cidade. O abandono do sector primario en favor do secundario e do terciario. A creación das clases medias. Poderíamos cualificar esa etapa como positiva?

Coa perspectiva dos anos anteriores e dende o punto de vista económico sen dúbida. Sen embargo tes a peaxe de que te criaches nunha ditadura moi represiva, moi relixiosa e violenta e iso non hai quen cho saque. Eles viviron mellor que seus pais. Foi un momento de rápida inserción laboral. As súas casas xa tiñan certas comodidades que non as tiñas as dos seus pais, como a auga clorada, calefacción, etc.

 

Os integrantes da xeración de 1950 foron dos últimos que tiveron pais emigrantes de longa duración, incluso de varios anos. Sen referentes nunha etapa tan importante, como é a infancia e a adolescencia?

Eles viviron os últimos flocos da emigración americana. Un dos integrantes do grupo de Meira o reflicte moi ben: “Eu sentín máis a morte de meu abuelo, que a de nadie...”. Son infancias distintas, medran coas súas nais ou cos seus avós pero, como eles din, a ausencia paterna é unha cousa que se asumía porque era, sinxelamente, así. Ou marchabas fora cando podías ou ficabas en terra e eras un ninguén.

 

Dedica un capítulo ao sexo, tabú daqueles días pero aceptado e tan real como ese barrio pontevedrés da Moureira que tan ben reflicte Sabino Torres no seu libro As tres columnas, o Pombal en Compostela, a Ferrería en Vigo e tantos outros. Unha dobre moralidade franquista respecto á prostitución.

Hoxe en día os fillos desa xeración dos 50 non entenderían a represión sexual a que se vían sometidos os seus pais. Agora hai moita liberdade sexual, pero naquel tempo, e especialmente as mulleres, tiñan que ter moito coidado coa súa “honra” para non quedar estigmatizadas. Polo tanto para eles, na súa adolescencia, calquera roce, un pequeno contacto, era xa moito. Había insinuacións pero non se consumaba nada. E as rapazas tiñan que ter coidado cos ruxerruxe para que non as acusaran de “frescas”. Polo tanto tiña moito sentido o ritual do noivado. Como dicía Vicente Verdú, o noivado non era tanto unha institución prematrimonial como sobre todo postmatrimonial. Tiña que acabar no matrimonio si ou si.

O grupo ten moita influencia respecto ao sexo. Ensínante como lle facer o amor a unha muller, a masturbarte, etc. A pertenza grupal axuda a desbotar moitos medos respecto a todo o sexual.

E logo eles vían esas revistas pornográficas que traían os emigrantes, ou o que comentaban sobre o carácter máis liberal das mulleres doutros lugares; outros que marchaban a Alemaña e vían na rúa maquinas de condones; ou en Francia unha praia nudista... Todo iso facía que España fose unha cousa excepcional, que o que pasaba aquí non era o normal.

 

Galicia non foi allea ao resto do Estado español e houbo un éxodo rural do campo á cidade, especialmente destacable na década dos 60. Un proceso que aínda segue en marcha.

Deuse en Galicia como ocorreu en todo o mundo. Antes ou despois a xente emigraba do campo á cidade en busca dunha vida máis doada onde gañar máis cartos. É un modelo económico que deu lugar a cidades como A Coruña e Vigo, con 250.000 e 300.000 habitantes respectivamente. Pero poderíamos falar doutras cidades como O Cairo ou México DF, con millóns de persoas, que prefiren ser “pobres” no urbano que arriscarse a perder colleitas ou animais no rural.

O modelo capitalista, que permite a quen ten traballo cobrar un soldo fixo, era moi atraente para esa xeración. E se xuntamos iso conque nesa época empeza a cultura de consumo, para comprar tiñas que facelo na cidade. Pola outra banda, o rural comezou a estigmatizarse con connotacións negativas de atraso, de miseria, de pobreza, etc. Pero isto é un fenómeno que se deu en todo o mundo, como dixen antes.

En Galicia a demografía mudouse cara a AP-9. Se marcas unha liña entre Tui e Ferrol á dereita e a esquerda é onde se concentra a meirande parte da poboación galega.

As noticias tamén voan. Cando o primeiro veciño dunha aldea que marcha por exemplo a Barcelona retorna no verán en coche e conta que as fillas están estudando e tal, o resto das nais queren o mesmo para a súa familia. Estamos a falar dunha sociedade que se move por emulación.

 

Logo está o urbanismo descontrolado deses anos, o feísmo asociado á premisa do “ti vai facendo'.

O fenómeno urbano representou máis concentración de poboación. Pero daquela preferimos pagar a peaxe do feísmo, causar estragos no medio ambiente e a contaminación por conseguir todo iso que nos ofrecía a cidade. Agora estamos intentando arranxar todas esas desfeitas que se fixeron, poñer un remedio normativo. Víctor F. Freixanes lembra no libro a ribeira do Lérez [en Pontevedra] cando era unha xunqueira con parrulos e como é agora, co Pazo de Cultura, Tafisa, a universidade, o pavillón de deportes...

A Vigo chegou xente de Pontevedra, de Ourense, do Morrazo... e fóronse facendo casas para meter a toda esa nova poboación de maneira descontrolada. Medraron auténticos campamentos ao redor das fábricas. Moitos anos despois decatámonos de que ese crecemento era insostible e aínda estamos niso.

A xeración do 50 foi a que pasou do rural ao urbano e a habitar o urbano de calquera xeito. Indícoo en Domingos de calcetíns brancos: a xente ía a praia coller area para facer as casas. As praias daquela non tiñan o valor simbólico e funcional que teñen agora. Tiñamos un medio ambiente tan potente que parecía que sobraba. Non había esa conciencia de conservación que comezou nos anos 80.

 

Todo é política: a relixión, a educación, o asociacionismo, ... Tamén aparece no capitulo do mesmo nome movementos contraculturais que contiñan unha forte carga ideolóxica contraria ao réxime. Pero a xente de a pé tiña consciencia política?

Non. A meirande parte non era nin franquista nin apostólica, católica e romana. Agora si, a efectos prácticos, era unha xeración que viña de pasar unha posguerra, unha época de moita fame e de penurias económicas, e nos anos 50 o franquismo tivo un éxito grande en facer esa identificación.

Entre que a xente que emigrou e mandou moitos cartos e as fábricas e postos de traballo que se crearon aquí foi doado para a maquinaria franquista dicir a falacia de que Franco sacou a España da miseria, amais de que o franquismo construíu as casas baratas e o peixe de Pescanova ou a carne de Coren estaban sometidas a un prezo político, polo que toda a xente tiña acceso a eles.

Ao estar en ditadura tampouco se escoitaba un discurso opositor. Pero si xurdiron algunhas fírgoas polas que se empeza albiscar un cambio de mentalidade. Algúns profesores de instituto empezan a contar cousas diferentes ás que promulgaba o réxime, explotou Vietnam, morreu o Che, ... Logo os curas máis novos tamén axudaron. Conta Ramón Villares que cando el está na Universidade Pontificia de Comillas acha moitos dos libros prohibidos, desde Hugh Thomas a outros de ideoloxía marxistas pasando polos libros de Galaxia, atopa alí o Sempre en Galiza e a Celso Emilio. Ninguén ía cachear a igrexa. Ese si que foi un verdadeiro “milagre”.

Ese tipo de cousas vanse organizando moi amodo. Fraga Iribarne, daquela ministro de información e turismo, promulga un novo asociacionismo como foron os teleclubes, as asociacións ou as reitorais. Aproveitando esas infraestruturas algunha xente vaise colar e lanzar proclamas obreiras, sindicais, etc. Empézase a falar das emisións da radio Pirenaica, do que di Santiago Carrillo, e os discursos lévanse ás fábricas.

Ese asociacionismo “legal” vaino aproveitar a xente que estaba na clandestinidade.

 

Aínda que xa avisa na introdución que este libro é de xénero masculino, poderíamos afirmar que as mulleres desta xeración dos 50 é a primeira que se abre, con paso firme, cara a igualdade?

Sen dúbida, pero cun paso máis lento do que correspondería á esa época histórica. Digo que é un libro masculino porque na investigación hai certas cousas que, nun contexto de entrevista, un home vaille contar a outro home que no caso de ser unha muller a entrevistadora non contaría. E viceversa. Se eu entrevisto a mulleres non me falarían cousas que de seguro a outra muller si lle dirían. Isto é por mor dos pousos que quedan da educación estrita recibida naqueles tempos de ditadura. Podes velo nas actitudes de homes con certa tendencia progresista como poden ser nx0woé Bono, Rodríguez Ibarra, Paco Vázquez, que teñen un aquel de totalitarismo, de fortes tendencias relixiosas. Polo tanto, a investigación sobre a situación das mulleres, da súa vida cotiá, da relación que tiñan co sexo enriquécese máis cando as entrevista unha muller. A antropóloga Rosa García-Orellán estudou xeracións enteiras de mulleres e atopa cousas que si ti ou eu preguntáramos a unha muller non nos contaría.

Eu, para confeccionar este traballo, procurei que os entrevistados estiveran nas mellores condicións, cómodos, que non foran cuestionarios pechados, senón que eles mesmos elixiran os feitos e os ordenaran segunda a súa importancia, destacando os cambios que se produciron, etc... De feito, algúns dos temas que aparecen no libro non foron levados por min, senón que foron eles quen sacaron o tema, como por exemplo o tema da homosexualidade.

 

E esa xeración de 1950 ten fillos. Como é esa relación con eles?

Vista dende o punto de vista dos pais é, coma sempre, un desconcerto. A xeración dos fillos é unha sociedade democrática, cambian os hábitos de consumo e os culturais, coincide cunha época de grande desemprego e xorde o consumo da heroína. Son fillos do “baby boom” pero tamén o son dos cambios, da crise e da drogadicción. Eles non saben, nunca tiveron información de como combater iso como pais.

Dende o punto de vista dos fillos tamén é desconcertarte, é a xeración que están máis tempo na casa. Pásase tamén de cantidade a calidade de fillos, de ter 4 ou 5 fillos a ter soamente dous, pero moi ben coidados, moi ben atendidos.

 


 

Santiago de Compostela. Marzo 2011

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom