Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Costa Necrópole. Escenarios para deslembrar (Toxosoutos) de Mariña Pérez Rei

Rate this item
(2 votes)

Un paso adiante, sempre un paso máis cara adiante. Saïd, non mires atrás, segue avanzando, por unha meta, por un obxectivo, polos teus soños. Esas son seguramente as palabras que diríamos a Saïd, o protagonista de Costa Necrópole. Escenarios para deslembrar (Toxosoutos), a obra coa que Mariña Pérez Rei acadou o 'Antón Avilés de Taramancos' de relatos de aventuras. Co tema de fondo da emigración, Pérez Rei ofrece ao lector o proceso que leva a Saïd, un rapaz senegalés, buscar un futuro como mínimo alentador lonxe da súa terra. A autora amiense desmiúza os pensamentos, os anhelos, os soños do rapaz deconstruíndo e construíndo a súa personalidade. Un libro duro e fermoso de vez cuxas imaxes volverán unha e outra vez ao lector.

 


 

Presenta en Costa necrópole un relato moi valente sobre a inmigración subsahariana contada dende dentro, mostrando a súa faciana máis dura: os motivos que levan a un rapaz novo a arriscar a súa vida na busca dun futuro mellor.

Máis que falar da inmigración a miña intención era a de crear un personaxe. Eu concibo a Saïd a partires dunha imaxe, e esa imaxe procede das fotografías de xente como Sebastião Salgado*. Son fotos que recrean oficios dos máis duros como despezar barcos nos cemiterios que hai polo mundo, tal como o que eu retrato en Costa Necrópole.

A partires desas fotografías e de intentar comprender a situación dunha persoa que olla dese xeito á cámara eu busco crear un personaxe, e nace Saïd, o protagonista do relato. A partires dese momento é cando desenvolvo a historia, contada in media res: volvendo atrás, adiante... Para min a creación do personaxe é fundamental. Logo está a historia e en último lugar sitúo o tema. Supedito a trama, que sería a inmigración, á creación da psicoloxía dun personaxe.

* Sebastião Salgado (1944- ) Fotógrafo brasileiro comprometido coa fotografía social. Máis información na Galipedia.

 

Métese como escritora na pel de Saïd. Escribir un libro como este Costa necrópole axuda a concienciarse aínda máis sobre este drama?

Si. Tamén fixen un pequeno traballo de investigación. Cando escribes hai temas que turran do teu interese. Tiven que buscar, ler por internet, preguntar, cando saen novas na televisión sobre Mauritania estou moi alerta... Absorbes moita información. Para min toda esa parte é moi importante.

No tempo no que escribes o libro méteste na pel do personaxe.

 

Cal foi a súa experiencia persoal con todo o que relata en Costa Necrópole?

Costa Necrópole é un exercicio de ficción literaria. Eu estiven en varios países africanos pero sempre como turista, sen coñecer o drama dende dentro. Nas miñas viaxes africanas fun observadora e tiven que ser un pouco sensible ao tema. En todos eses lugares ves situacións que son terribles se as contemplas dende un prisma europeo.

O que fas é poñerte na pel desas persoas para comprendelas mellor e é por iso que, cando eu enviei o orixinal ao concurso 'Antón Avilés de Taramancos', remitín fotografías dos escenarios onde se desenvolve a novela. Eu necesitaba que o xurado vise do que estaba falando, eran fotos que eu recuperei de internet e que por desgraza non podían aparecer no libro, xa que teñen dereitos de autor.

 

Enfronta tamén en Costa necrópole os dous mundos que conviven en África: o mundo ancestral de ritos e costumes personalizado na nai de Saïd e o desarraigo das novas xeracións. Isto sería extrapolable nun mundo que se está a globalizar a pasos axigantados. Pódese ser este un dos motivos que leve á xente moza a emigrar? O de conseguir todo iso que ve na televisión?

Un rapaz como Saïd, aínda que poida parecer incríbel que teña eses pensamentos que eu lle outorgo, estou segura de que pode existir: ese desencanto coa súa realidade, querer rachar coa tradición, moverse e poder cambiar algo... Saïd ten un sentimento de rebeldía e de inconformismo ante o mundo que lle tocou vivir.

 

Amosa neste libro unha grande deshumanización das persoas.

Eu creo que en todo o libro hai máis deshumanización que ese carácter humanitario ao que deberíamos de tender como persoas. Hai humanidade na aldea de Saïd e na persoa do seu amigo Tariq, pero no resto do libro esta brilla pola súa ausencia. Pero é que é a loita pola supervivencia! Como se indica nun momento do libro, hai centos de persoas coma el que estarían dispostas a desenvolver un traballo tan velenoso e duro como é o do despece de barcos. El sabe que é substituíble.

 

Co subtítulo do libro: Escenarios para deslembrar, saca de razón a Kavafis, aquí o importante é a meta, non o camiño.

Non, tamén é importante o camiño, porque Saïd é un rapaz novo que está madurando. Este libro gañou o premio de relatos de aventuras, e realmente é un libro de aventuras, aínda que sexa unha aventura interior.

O subtítulo do libro, escenarios para deslembrar ven un pouco ao fío diso, ten que deslembrar para madurar como persoa: deslembrar a nai, deslembrar a travesía polo deserto, deslembrar o seu traballo...

 

Este libro non ten un pouso desmoralizante? Quero dicir, emigrar porque a túa terra non che pode dar máis de si.

Non creo que sexa desmoralizante senón que é real, senón non teríamos todos eses caiucos polo mar adiante. A zona de Mauritania onde se atopa Saïd é punto de partida cada ano de miles de caiucos cara as illas Canarias e as costas españolas.

 

Hai unha crítica a esas organizacións humanitarias que traballan neses países. Por que?

Non creo que as organizacións humanitarias queden en mal lugar, senón que eu penso que o seu labor é case insignificante. Non creo que o ideal sexa levar alimentos ou organizar caravanas de médicos levando axuda. Iso é un tipo de caridade que non vai axudar cambiar nada. Coido que os cambios hai que facelos dende un punto de vista superior.

Eu quero deixar constancia no libro de que ese tipo de axuda non funciona, de feito se funcionase non habería tantísima xente buscando unha saída mellor. 

 

 

 

 Santiago de Compostela, Outubro do 2010

 

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom