Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Internalización vs. Internacionalización: O problema está na casa

Rate this item
(0 votes)

Segundo o último padrón municipal do Instituto Nacional de Estatística a poboación de Galicia diminuirá, na vindeira década, en máis de trinta mil habitantes. Outro dato significativo é que case o dez por cento dos habitantes serán maiores de 75 anos. Galicia, senón varían estas expectativas, será un país envellecido e, como advirte Xosé Manuel Sarille* en El Correo Gallego, está abocada a se “empequenecer”.

Unha perda de habitantes, co conseguinte detrimento do número de falantes, implicaría que a lingua, a cultura, o país, esvaecerían e minguarían. Converterase deste xeito nunha loita pola supervivencia da identidade, xa de por si debilitada. Apunta tamén Sarille que desde a Xunta ningún político fai referencia algunha a este grave problema de despoboamento. Neste conflicto onde conflúen a perda de poboación e a identidade social e cultural, parece ser que os obxectivos do executivo están centrados en apoiar e fomentar a cultura no exterior dun país que tende a encollerse.

Non quero ser eu quen negue o acerto e o loable de sacar máis alá das nosas fronteiras a cultura e a súa industria, que se interesen fora do que se está facendo aquí, a posibilidade de que os autores podan ser lidos e cobren polos seus dereitos alén do Padornelo, de Pedrafita e do Eo e Miño. Sí, estou a favor sempre e cando non esquezan enriquecer a base, as xeracións máis novas e as que están por vir.

As estatísticas falan dunha sociedade senil e dunha mocidade que se afasta do galego. Debe producirse un cambio desde os cimentos da sociedade, desde os primeiros anos de escola. O neno, o rapaz que medre en galego lerá e mercará os libros na lingua que fala, na súa lingua de uso cotián. Ese debería ser o primeiro paso para a exportación do libro.

De qué serve dar a coñecer no exterior o que non se coñece en Galicia? Qué editor foráneo vai arriscar os cartos da súa empresa nun libro que na súa lingua natal vendeu menos de mil exemplares? Non temos ese exemplo cos editores galegos nin persoalmente atopo motivo algún polo cal un editor asuma os gastos ocasionados dunha compra de dereitos, da tradución, da edición dun libro –independentemente da súa calidade- que de forma previa non funcionou no mercado nai.

Hai moito tempo que se abandonou o concepto romántico de literatura e os custos de todas esas campañas para a promoción do libro no exterior deben dar os suficientes resultados para que estas non sexan un fracaso. A Consellería de Cultura debe traballar en prol da exportación da cultura galega, pero moito máis importante é fixar a visibilidade desa mesma cultura en Galicia.

 

* As referencias a Xosé Manuel Sarille están tomadas de El Correo Gallego do 25/03/08

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
8
Data : 08/11/2019
15
Data : 15/11/2019
16
Data : 16/11/2019