Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A certeza da mentira, unha lectura sobre 'Os días felices de Benvido Seixas'

Rate this item
(1 Vote)

Recibimos como unha agradable sorpresa o novo deseño da colección de Narrativa de Xerais. Tras moitos anos (quizais demasiados) afeitos a esas capas asalmoadas, Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco e Infamia, de Ledicia Costas, inauguran unha nova etapa no apartado visual da colección na que atopamos detrás a Manuel Martínez / Elemental. Vemos un formato un pouco máis grande que o deseño anterior, elegante polo menos nos primeiros títulos, eses dous xa mencionados máis os que seguen na colección Narrativa: Galileo no espello da noite, de Xabier Paz; e esa obra de arte que é a capa de Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira. Por poñer unha pega a este cambio, teño a sensación de que se traballa agora cun papel dunha gramaxe inferior aos libros anteriores. Agás este último aspecto, coido que o cambio é a mellor dentro da que (penso) é a colección de Narrativa máis extensa do país.

Afastándonos da parte estética, estamos ante dúas novelas que teñen como nexo común a utilización do silencio como se fora un manto de néboa para agocharse, no caso da novela de Velasco para ser cómplice nun xogo de dobre identidade. No caso de Infamia, de Ledicia Costas, para enterrar un horrible e terrible crime cometido vinte e cinco anos atrás.

De Eduard Velasco coñecíamos, agás o relato Taxidermia publicado no volume colectivo A garza insomne (Galaxia), a súa produción poética e a súa faceta como tradutor do catalán ao galego e viceversa. Os días felices de Benvido Seixas é a súa primeira novela publicada e foi unha das obras finalistas do premio Xerais de novela no 2017, que finalmente levaría Santiago Lopo con A arte de trobar.

Os días felices de Benvido Seixas é a historia dunha mentira que xira ao longo das páxinas do libro como un maelstrom. Contado cun ritmo áxil e retranqueiro, Eduard Velasco emprega o humor como punta de lanza para caricaturizar algúns dos estereotipos sociais e culturais do noso país. Estou seguro de que o escritor galegocatalán pasouno estupendamente escribindo este libro, e iso transmítese ao lector á hora de ler a novela. Unha novela, por outra banda, moi divertida que non precisa dun humor lixeiro para facer amosar o sorriso no lector, agás eses insoportables e estrambóticos risos do amigo de Benvido, Mariano...

De regreso á súa casa da Caeira e tras parar a comprar tabaco, o rico herdeiro Bienvenido Seijas coñece nun centro social (o único establecemento aberto a esas horas para facerse co tabaco) á revolucionaria activista Mariña Salgado e entre eles xurde un amor entre clases opostas como tantas veces aconteceu e acontecerá na literatura: a atracción entre persoas de mundos opostos e totalmente distantes. Pero, recuperando esa copla de Luís Rius “Hasta los rieles del tren / me hacen llorar / tan cerca el uno del otro, / ¡cómo quisieran!, se alargan / y no se pueden juntar” mira por onde aquí si que se cruzarán. Cruzaranse e montaranse ata a extenuación.

E velaquí atopamos a mentira sobre a que xirará toda a novela, na que Bienvenido, agora transmutado en Benvido Seixas tratando de impresionar a Mariña, está de “amores esquerdistas” facéndose pasar por avogado laboralista e residente en Coia, unha vida moi afastada da que realmente leva na súa luxosa casa da Caeira. Neste punto é onde xurde unha das grandes preguntas do libro: xustifícase a mentira en prol do amor? “Chégolle a dicir que son da Caeira e non me toca un pelo” afirma ao seu amigo Mariano un Benvido que vai caendo aos poucos nos brazos do amor, un amor que el considera auténtico o que sente Mariña por el, que o ama tal e como é, que non se lle achega polo que (descoñece) que ten. Esa sensación de sentirse amado é a gasolina que alimenta a mentira, unha primeira mentira que, para sosterse, terá que ser alimentada doutras sucesivas. A primeira e máis lóxica resposta que seguramente xurda na cabeza do lector é a de definilo como un covarde, pero o fodido debe ser actuar ante esa situación. Como Faulkner en As palmeiras salvaxes, “entre a dor e a nada, escollo a dor”, cambiemos aquí a “dor” polo que corresponda.

Relatado dun xeito desenfadado, polas páxinas de Os días felices de Benvidos Seixas irán pasando algúns dos alicerces da cultura galega, amosándoos ante os espellos cóncavos e convexos semellantes aos que nos amosou Valle-Inclán. Aquí están o Día da Patria, o nacionalismo, o mundo por veces utópico no que se move Mariña, o día das letras galegas que se dedica no libro as pandereteiras mortas (velaquí a lembranza de Benvido e de tanta outra xente que emprega ese día como o primeiro do ano para ir a praia...) ou a visita ao Courel de Novoneyra ou María Mariño (onde Velasco saca a súa vea máis poética). Pero tamén está a parodia dos nenos ricos, snobes e relambidos e o seu mundo de champagnes e paseos en barco nos que se move Bienvenido.

Estamos, pois, ante unha historia moi entretida, irónica. De lectura agradecida e surrealista en ocasións... Unha novela que se deixa devorar.

Só fica por destacar e agradecer a importancia de que por veces se nos mostren as cousas dun xeito tan descorsetado como fai Eduard Velasco neste Os días felices de Benvido Seixas!

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!