Print this page

Porriño celebra dende hoxe e ata o domingo a súa Feira do Libro

Rate this item
(0 votes)

A Feira do Libro do Porriño, na que participan as librarías Copi-Rey, Recondo, Pedreira, Paz e Lafer, abre as súas portas hoxe xoves, día 10, ás 19.30 h., coa lectura do pregón a cargo do profesor, escritor e dramaturgo lucense Lois Pérez. De seguido, ofrecerá un recital presentando o seu último traballo, Long Play (Xerais). Antes, ás 19:10 h., actuará o Grupo Tradicional da Escola Municipal de Música.

O venres, día 11, ás 11.00 h., será a visita á Feira con Fátima Fernández acompañada dos alumnos e alumnas do CEIP de Atios. Ás 17.00 h., Joaquín Acuña asina Los días cortados na caseta da libraría Paz; 17.30 h., O príncipe namorado na Feira e ás 19.00 h. a presentación–concerto de As andanzas de Paio (Galaxia) con Oviravai.

O sábado, día 12 de maio, ás 12.30 h., narración oral bebés Ollo piollo con Chús Álvarez. Ás 17.00 h., Ricardo Canosa asina La próxima crisis global na caseta da libraría Paz. Ás 18.00 h. terá lugar a actividade infantil Teatro na mochila con Anxo Moure; e ás 19.00 h., creación de personaxes con Teo Palacios. Ás 20.00 h., recital de poesía con Cristina Valado e posterior sinaturas de libros.

As actividades do domingo 13  empezarán ás 12.30 h. coa actuación infantil Cantares das Letras de Rosalía a Víctoria Moreno, por Luís Vallecillo. Ás 18.00 h. terrá lugar a actividade infantil Libros da Titiriteira, por Celtia. Ás 19.00 h. Ledicia Costas estará presentando o seu novo libro, As peripecias de Extravaganzza Pérez, publicado por Xerais. A xornada rematará ás 20.00 h. con falando de libros con….. Clara do Roxo.

A feira estará situada na rúa Ramón González, na zona peonil, e o seu horario será de 11.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 21.00 h.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati