Print this page

Manuel Bragado deixa a dirección de edicións Xerais

Rate this item
(0 votes)
Manuel Bragado Manuel Bragado Foto: Xerais

Cun breve comunicado edicións Xerais fixo pública, na tarde de hoxe, a baixa de Manuel Bragado como Director Xeral da editorial viguesa a petición propia. Bragado estivo ao fronte de Xerais durante 24 anos.

Manuel Bragado é licenciado en Ciencias da Educación e mestre de educación infantil e primaria en excedencia. Presidente de Nova Escola Galega (1986-88), incorporouse a Xerais no ano 90 como director de edicións e catro anos máis tarde xa como Director Xeral. Segundo indica a editorial, Manuel Bragado continuará colaborando coas empresas do Grupo Anaya en Galicia como asesor editorial polo que seguirá vencellado á nova etapa que se abre a partir de agora.

No mesmo comunicado, Xerais agradece a súa “profunda e comprometida dedicación destes 28 anos desenvolvendo un proxecto editorial que dinamizou e liderou durante 24 anos. Todo este tempo supuxo un intenso revulsivo para a proxección social da cultura galega a través dos libros e a lectura”.

A día de hoxe aínda non se coñece o nome de quen collerá o seu relevo ao fronte dunha das editoriais máis importantes do país.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati