O escritor coruñés Isaac Xubín ven de ser galardoado co premio de poesía Manuel Lueiro Rey pola súa obra A cadencia da fractura. O xurado do premio catalogou o traballo de Xubín como una suxestiva proposta para reinterpretar conceptos esenciais como o do corpo, tanto individual como social.
O premio, que celebra este ano a súa quinta edición, pretende honrar a memoria de Lueiro Rey así como contribuír á promoción da poesía galega. Está organizado polo concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe.
O xurado desta edición estivo formado por Mario Regueira, Mercedes Queixas Zas, Eli Ríos e Armando Requeixo. Actuou como presidente Luís Cochón e Carmen Carreiro, presidenta da Asociación O Cruceiro da Laxe, como secretaria.
A cadencia da fractura é unha obra estéticamente audaz, que conxuga o dominio das fórmulas simbólicas e míticas clásicas coa máis decidida dicción moderna.
Isaac Xubín é narrador, poeta e tradutor. Entre a súa obra poética destaca Con gume de folla húmido (Sotelo Blanco), premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Ten traducido ao galego dende o ésucaro e o gaélico. Este último ano publicou a súa novela Non hai outro camino (Xerais).