Print this page

Guillermo Rodicio e Leticia Barbadillo gañan o premio de Relato Curto "Agustín Fernández Paz"

Rate this item
(0 votes)

Os relatos Gadoupa, da autoría de Guillermo Rodicio Cimadevilla, e Timbrol e a pega, da autoría de Leticia Barbadillo Vázquez, son os gañadores ex aequo do Concurso de Relato Curto “Agustín Fernández Paz”, que organiza na súa primeira edición a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

O xurado, constituído por Inma Doval Porto, Iria Sobrino Freire e Mercedes Queixas Zas, decidiu conceder así mesmo, dada a calidade dos outros traballos presentados, dous accésits a O trato, de Mª de los Ángeles Madriñán González, e a Rezar ao dragón, de Verónica Pazos García.

Os textos premiados, así como os accésits serán expostos na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. O galardón entregarase nun acto organizado pola Facultade de Ciencias da Educación o 23 de abril

O I Concurso de Relato Curto “Agustín Fernández Paz” foi unha actividade complementaria das Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Cando ler non serve para nada, coa finalidade de promover a literatura infantil e xuvenil en lingua galega e homenaxear, ao tempo, unha das súas figuras máis representativas.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati