Print this page

Últimas novidades

Trescatorcedezaseis

Trescatorcedezaseis

by Rocío Leira Castro

«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna...


Amelia Fang e o baile barbárico

Amelia Fang e o baile barbárico

by Laura Ellen Anderson

Encántalle xogar á pilla e pasar o tempo con Polpiña, a súa cabaza mascota. Odia o Baile Barbárico anual que organizan os seus pais. Ah, e outra cousa: Amelia é unha vampira. Cando o príncipe de Nocturnia captura a Polpiña, Amelia debe planear un rescate arriscado. Pero no Reino da Escuridade non todo é...


Os secuestradores de burros

Os secuestradores de burros

by Gerald Durrell

Ambientada nunha illa grega, esta entretida historia conta como Amanda e David conspiran para burlarse do desagradable alcalde local e axudar ao seu amigo Yani, que está a piques de perder a casa e as terras. Os veciños, e especialmente o alcalde, dependen dos seus burros para o transporte. Se...


Xelís, o guieiro das botellas de mar

Xelís, o guieiro das botellas de mar

by Rosa Aneiros

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes. Os...


Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero

by Héctor Cajaraville

Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso. É o responsable da primeira gramática do galego elaborada cunha base científica sólida e...


Teño oito anos e quero ser youtuber

Teño oito anos e quero ser youtuber

by Xoán Babarro González

Hoxe en día as nenas e os nenos xa non queren ser coma os seus pais e nais. Queren ser youtubers! Nesta nova aventura que nos conta Xoán Babarro, ser youtuber é algo máis que sorprendente…


A viaxe de Ana

A viaxe de Ana

by Alberte Momán

Ana quere saír xogar. E sae. Pero cada vez que pisa a rúa, algo lle fai ver que non todo anda ben na súa vida. Daquela, volve, e cóntallo á avoa. Un libro fermoso nacido da imaxinación de Alberte Momán e adobiado coa cor e a fantasía de Lidia Nokonoko. Unha fábula...


Vento, ventiño, venteiro

Vento, ventiño, venteiro

by Antonio García Teijeiro

Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas. Ventos falangueiros, mentireiros, bailadores; ventos de berce e de aloumiño; ventos magos; ventos e ventiños; ventos a durmir,...


A araña que lles tiña medo ás arañas

A araña que lles tiña medo ás arañas

by Ramón D. Veiga

Un sapo, unha ra, un galo, un lagarto, unha nena. A nada lle teme esta araña intrépida ata que... Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos.


Teño dereitos

Teño dereitos

by Miguel Robledo

Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, busca ser un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través dun universo colorido e simbólico moi moderno. No mundo cométense moitas...