Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Sete casas en Francia (Faktoría K) de Bernardo Atxaga

Rate this item
(2 votes)

Bernardo Atxaga ven de desprenderse de Obaba e da un xiro radical a súa traxectoria literaria con Sete casas en Francia (Faktoría K). A colonización belga do Congo convértese nun inferno no posto militar de Yangambi. O tedio, a soidade, a envexa e o delirio da cobiza por parte dos soldados mestúrase coas sucesivas violacións, asasinatos e a espoliación dos recursos naturais aos congoleños.

Atxaga, coa súa prosa suave, case poética, demóstranos en Sete casas en Francia que segue a ser grande, moi grande.

 


 

Pasa do realismo máxico de Obabakoak ao realismo cru e radical de Sete casas en Francia.

Non creo que houbera realismo máxico en Obabakoak nin realismo cru en Sete casas en Francia. A miña forma de narrar penso que é máis extravagante que o que se coñece como realismo cru e algo menos extravagante que no realismo máxico, polo que me situaría nun punto intermedio.

O cambio fundamental na forma de escribir devén polo cambio de personaxes. Cando os cambias muda a forma de narrar. En Obabakoak os personaxes eran campesiños, rapaces, mestras, enxeñeiros illados na montaña. Eses personaxes levábanme ao mundo da miña infancia, onde calquera persoa poderíache dicir con total sinceridade que utra persoa da aldea convertíase en gato polas noites.

Nestes momentos concibo outro tipo de personaxes, agora penso en soldados, mercenarios, en militares. que por outra banda son personaxes que coñecín polo miúdo. Ao cambiar de personaxes cambia todo, desde o tipo de relato ata o xeito de narrar.

Se en Memorias dunha vaca, por exemplo, ves unha vaca falando, xa sabes que a cousa é fantástica; pero se falas de militares, de armas. o rexistro é máis realista, aínda que no meu caso nunca o sexa totalmente.

 

Narra a historia desde o punto de vista dos soldados belgas. Nese sentido é un diálogo unidireccional. Por qué non dar voz a todos eses congoleños que sufriron a colonización?

Simbolicamente non sería xusto. O símbolo debe levar ao real, a unha clarificación do real, á verdade. Dar a palabra a todos os que evidentemente non a tiveron, dar voz aos que a indiferenza -como diría Cernuda- cubriu desde fai séculos sería, ao meu modo de ver, ademais dun erro na escrita, reprobable. Non hai que falsificar nin simbólica nin literariamente todo o sucedido. Temos que asumir a historia tal e como pasou, non como queremos ou nos gustaría que ocorrera. De cantos dos dez o máis millóns de congoleños que morreron teríamos a información suficiente para contar a súa historia? De ningún, desapareceron completamente.

Simbolicamente eu quería facer neste libro unha fábula, que se achegue o máis posible a unha descrición do real, por iso non falo, non opino, só anoto o ocorrido. A miña intención é, literariamente, mover á reflexión.

Existe outra forma de explicalo, que é mediante os textos de denuncia, pero isto xa correspondería ao que fan organizacións como Amnistía Internacional.

 

Está explícita a colonización pero fuxe da crítica. Conta a historia dun xeito natural, descarnada, cruel. Vostede relata os feitos pero obriga ao lector a tomar consciencia dese proceso de colonización e a sacar as súas propias conclusións.

Non aparece comentario algún a eses feitos, o que explicito é o silencio. Paréceme que é a través dese silencio cando se produce o reflexo de pensar. Sempre defendín deste libro que o ideal sería que o lector estivera lendo e volvera dúas páxinas atrás e pensara: "Pero que estou lendo! Fala da violación dunha nena e o conta como se se estivera fumando un pitillo". Pois así é exactamente como se representou esa realidade. De feito o que fixen en Sete casas en Francia foi deixarme de retóricas e contar, non o ocorrido, senón a súa representación.

Eu non acuso. Eu quero contar a través desta historia unha inquedanza que teño e tratar de transmitila ao lector.

 

En Sete casas en Francia reflicte a hipocrisía social. Mentres que en Europa o nazismo foi repudiado e condenado, o espolio e as sucesivas matanzas en África, como esta de Leopoldo II no Congo, segue sen ser reparado e case ignorado pola sociedade europea.

Aínda que en Bélxica intentan que a memoria de Leopoldo II sexa gloriosa, tamén existe unha reacción por parte dos belgas. Por exemplo, hai tempo un grupo de artistas belgas pintaron de vermello sanguento o monumento a Leopoldo II. Mentres que en Alemaña é imposible ver unha avenida co nome de Hitler, en Bélxica si que existe unha co nome de Leopoldo II, aínda que os propios partidos da esquerda belga digan que fora o seu Hitler particular.

Un cínico diría que se queres que o teu caso chegue aos oídos da xente, pon moitos cartos enriba da mesa, porque sen eses caros non conseguirás que a xente escoite. Os situacionistas dicían que as palabras traballan para quen máis paga, e como os congoleños non puideron pagar non se contou.

 

Yangambi convértese nun micromundo. Por qué ese gusto a crear universos pechados?

De verdade que non sei por qué gusto deses universos pechados, pero é onde mellor me movo. Obaba estaba illado polo bosque e Yangambi é un posto militar rodeado pola selva. Non sei, seguramente sexa para que non me importune o mundo que hai fora á hora de escribir e poida centrarme no que máis me interesa, que son os personaxes, na acción deses personaxes.

 

Nesta novela da un xiro narrativo, parece unha especie de fogo amigo literario: a narración non é moi complexa para o lector pero o fondo, o contido, é realmente duro. Qué supón este libro na súa traxectoria literaria?

Gustaríame crear doces envelenados. Facer novelas que se poidan ler como novelas de aventuras ou de suspense, que se poidan ler tranquilamente, pero que dentro delas incube un pequeno problema. Gustaríame lograr que o lector, ao ler os libros, sinta que comeu algo velenoso, que se lle revolva por dentro pouco a pouco, que lles faga pensar un pouco.

Supoño que a algúns lectores lles ocorrerá iso mentres que outros quedarán coa trama, ou coa aventura.

 

 

Santiago de Compostela, Maio do 2009

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom