Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Raiolas no faiado (Sotelo Blanco) de Francisco Rozados

Rate this item
(1 Vote)

Para a nosa fortuna Trasdomonte non desapareceu con Chano Piñeiro. As súas xentes aínda teñen moito que contar e os seus currunchos albergan alegrías e temores desexando saír á luz. Francisco Rozados "Rochi" é testemuña neste Raiolas no faiado (Sotelo Blanco) de todas esas historias e sitúalas nese trasunto de Terra de Montes que no seu día brotou do maxín do gran cineasta de Forcarei.

En Raiolas no faiado Francisco Rozados bebe a partes iguais de Fole e de Cunqueiro para continuar o camiño iniciado en Memoria de Trasdomonte (Edicións Fervenza) e converterse a día de hoxe nun dos mellores escritores que recrea o imaxinario popular.

 


 

Ao comezo de Raiolas no faiado vostede inclúe unha cita de Frank McCourt onde o escritor de Nova Iorque afirma: "se deixades que  [os vosos avós e avoas] morran sen coñecer as súas historias, sodes uns criminais". Qué tomou desa memoria dos devanceiros para confeccionar todo ese universo trasdomontán que atopamos en Raiolas no faiado?

O universo trasdomontán xa estaba aquí moito antes de que eu comezase a escribir e antes de que eu nacera.

A frase que cito de Frank McCourt encerra a verdade de que non escoitamos aos vellos. A cultura galega, que é unha cultura milenaria e que está moi enraizada, estamos deixándoa de lado, estamos facendo que se converta en algo de museo. Hoxe, quen quere ver a alma tradicional, a etnografía, a antropoloxía, a cultura material e inmaterial de Galicia ten que ir a un museo agás algún evento que poida organizar unha entidade oficial ou unha asociación de veciños, por poñer un caso, pero que sempre vai ser unha cousa puntual. O resto queda como unha cultura de museo. E eu creo que aínda temos a oportunidade de recuperar moito desa cultura.

O que me chamou a atención da frase de Frank McCourt é que non escoitamos aos nosos avós e as nosas avoas e toda esa inmensa cantidade de cultura que nos poden transmitir, que é sobre todo cultura nosa, esa cultura dos nosos devanceiros que está aí e que moitas veces os maiores devecen por contarnos. Cada vez máis as novas xeracións non escoitan as historias ben porque non queren ou ben porque non lles interesan, aínda sendo eles mesmos participantes dese mundo.

Este libro é precisamente tributario a todas esas historias dos vellos.

 

Mentres que Chano Piñeiro retratou Trasdomonte cinematograficamente, vostede fíxoo literariamente, tanto en Raiolas como en Memoria de Trasdomonte (Editorial Fervenza)

Chano retratou ese mundo non só cinematograficamente senón tamén literariamente. El non publicou nunca un libro de relatos, unha novela ou poesía, pero si escribía no Faro de Vigo unha columna chamada Conversas co vento. Eses artigos foron máis tarde recompilados nun libro do mesmo título* onde se recolle a produción xornalística que Chano fixo a finais dos 80 e comezo dos 90.

Nesa columna Chano retrataba a  persoeiros saídos da cultura tradicional. A moitos deles coñecémolos os dous, como por exemplo a Paco Farria, coprotagonista en Mamasunción, aínda que el moito mellor ca min xa que Chano me sacaba nove anos.

Eu lembro a Paco Farria, tamén á Mamasunción auténtica que lle inspirou a el, que se chamaba María Rosa da Regueira e a outros tipos do noso vivir cotián de Terra de Montes, da zona de Forcarei, de todo ese entorno. onde, como en todas as comarcas e en todas as aldeas, hai xente que destaca pola súa sabedoría e que é capaz de transmitila, compartila, entreter á veciñanza coas súas historias. Un deses foi Paco Farria.

Ámbolos dous compartimos esa visión dos personaxes tradicionais que, por dicilo dalgún xeito, chamaban a atención sobre o resto da xente e pasaron á memoria colectiva e ao imaxinario popular. Tanto Chano coma min recuperámolos e retratámolos para Trasdomonte, que é un trasunto literario e cinematográfico da Terra de Montes.

* Conversas co vento, publicado en 1994 por ABA Edicións

 

Estes relatos procedentes da tradición oral están destinados e expandirse do mesmo xeito?

Si, esa é a miña intención. Eu cando atrapo unha lenda, unha historia ou un sucedido que pasou intento recrealo, enriquecelo. ao meu xeito. Non sei se o consigo porque teño detrás moitos anos de lectura dunha tradición que vai desde os relatos de Fole a Dieste chegando a Cunqueiro, que é o cumio.

Eu son un debedor dos clásicos, das lecturas de todos eses autores que recrearon o imaxinario, a cultura popular e a tradición oral. Eu intento escribir os meus relatos dese xeito aínda que evidentemente hai unha distancia, non son nin serei nunca Cunqueiro, pero gustaríame que a xente me recordase como un discípulo de Fole, aínda que fose como un mal discípulo. Fole non tiña a riqueza lingüística nin a cultura que tiña Cunqueiro, pero recreando as tradicións da xente seguramente era máis acertado que o propio Cunqueiro, que marchaba por outros derroteiros e máis que recrear creaba. Ánxel Fole ten un valor extraordinario como recompilador desa cultura tradicional.

 

Poderíase considerar Raiolas no faiado como un libro conceptual sobre a morte tendo en conta que esta aparece, directa ou indirectamente, na maior parte dos relatos?

A morte ten moito de romántico e a min atráeme ese tema. Tamén é, xunto ao amor, un dos grandes temas da literatura. Hai certos temas tópicos na literatura e se deixan caer de seu. A literatura está feita por persoas e ás persoas preocúpanos a morte.

En concreto, eu destacaría Terra de Montes dentro de Galicia como a cerna da cultura galega nese sentido. Representa un pouco esas terras do interior de Lugo que recreou Ánxel Fole ou o Courel de Novoneyra. Sen querer desprezar a cultura do mar creo que onde máis se representan os mitos populares é na montaña, na fraga, nesas zonas que como aquí hai alternancia de vales e montañas, de bosques, de escuridade. esas cousas que antes contábannos os avós e as avoas, a morte está moi presente no noso imaxinario. De feito creo que era Marcial Gondar quen dicía que en Galicia o máis importante era a casa e a morte. Emigrantes que levan moitísimos anos fora de Galicia desexaban vir morrer aquí. Sobre eses dous eixos xira a vida.

Logo está unha xeración, dos que agora teñen de sesenta anos adiante, que foron inculturados nunha cosmovisión da morte. Nos setenta aínda se escoitaban historias da Santa Compaña e aínda hoxe hai xente viva que di saber que prenda vai levar alguén no seu funeral ou que soñou que nunha semana vai morrer un veciño. Iso óelo aínda hoxe.

O tema da morte pode interesarnos máis ou menos, pero sen dúbida é unha parte moi fonda da nosa cultura.

 

Tamén consegues unha simbiose entre morte e humor.

Iso é o que dicía antes. Hai persoas que levan o tema da morte con maior prestanza ou con máis elegancia que outra máis aprehensiva.

Hai xente que o toma con moito humor. Ante un tema tan serio como é o da morte buscamos unha válvula de escape, e ese escape é a retranca. Un exemplo, nesta zona, nos velorios tradicionais, cando se velaba ao morto acabábase sempre contando chistes, facendo alusións sexuais, etcétera. Creo que a finalidade era demostrarse a si mesmos que seguían vivos. É unha cousa que había que combatelo, esa penetración na nada da materia que é a morte.

Daquela os veciños eran moi solidarios co tema da morte, non che deixaban traballar nada, as mulleres das casas veciñas facían a comida e incluso che sacaban as vacas da corte para que a familia se dedicase só a chorar ao morto. Dentro desa solidariedade existía a compensación de sentirnos vivos, e iso manifestábase co humor, a retranca, a ironía.

 

Atopamos en Raiolas no faiado moita filosofía e saber popular, chegando a unha alegoría do rural. A vida na cidade está destruíndo todo este coñecemento? Habería que dignificar esa vida no rural fronte a vida na cidade?.

A vida na cidade ten as súas propias riquezas, evidentemente. Pero en Galicia é moi diferente a vida na cidade da vida que se está a perder nas aldeas. Eu non digo que unha sexa mellor ca outra, pero teño para min que os depositarios da cultura milenaria, desa tradición nosa da que falaba antes é o rural. Nunha cidade poderemos ver un museo etnográfico, pero é unha cultura que está morta, iso está ben para que os pais leven aos meniños ver como se facían as cousas antes. A pouca cultura viva que queda, case irrecuperable está no rural.

E agora que se fala tanto da perda do galego, en Forcarei hai cincuenta anos e en plena ditadura era practicamente imposible escoitar unha palabra en castelán, mentres que se ías a Vigo, a Coruña, a Lugo. o raro era oír falar galego. Quero dicir con isto que o rural axudou a preservar o noso idioma, aquí aínda temos o orgullo de falarmos galego. Eu cando vou traballar e estou todo o día en contacto coa xente sempre escoito falar en galego. Tamén nas cidades escoitase falar máis galego que hai cincuenta anos, por exemplo. Cústame crer que o galego vaia desaparecer aínda que non teño elementos de xuízo para dicir que si ou que non. Eu no tema do galego son moi optimista aínda que é certo que non se coida todo o que se debería coidar, como o ensino en galego ou o tratamento que lle dan a maioría dos medios de comunicación. Se en corenta anos de ditadura, onde te multaban por falar galego, non foron quen de rematar con el supoño que agora non caeremos nese erro.

 

Aínda que os relatos que conforman Raiolas no faiado son un conxunto en si mesmo, atopamos contos longos premiados en varios certames, xunto a outras historias, microrrelatos, aforismos... Isto é algo intencionado ou gusta de innovar, afondar en novas estruturas e formatos?

Iso responde a un fío común, todos os personaxes saíron ou están en Trasdomonte, nese trasunto da Terra de Montes.

Aínda que non busco un determinado formato o certo é que onde me sinto máis cómodo é no microrrelato, onde tes que decantar, envorcar, sintetizalo todo.

Mentres que hai xente a quen lle custa moito facer a síntese dunha historia e necesitan desenvolverse en moitas páxinas para contar algo eu prefiro, como dicía Francisco Umbral, o pracer da páxina, que nunha páxina ou mesmo nun parágrafo poidas tirar unha historia, poder aproveitar algo. gozar da escrita nun só parágrafo.

Por iso gústame o formato de relato e incluso de microrrelato. Tamén porque a min cústame menos sintetizar, ser menos pródigo en páxinas que recrear moita materia da historia.

 

No libro aparecen moitos xogos de palabras, como no capítulo O ordinal ou a multitude de palíndromos que aparecen ao longo do libro.

Os palíndromos son para min unha obsesión, incluso cando vou pola rúa vou lendo os letreiros e carteis do revés por se atopo un palíndromo. Sempre gustei do lado lúdico da linguaxe e aínda máis despois de ler a autores suramericanos como Monterroso ou Cabrera Infante.

Aprecio eses escritores que, como Francisco Umbral, se recrean na linguaxe. O mesmo che contan un soterramento que unha partida de parchís pero sempre o fan dun xeito precioso, onde quizais o contido non sexa o máis importante, pero a forma engaiólate. Por exemplo, Cabrera Infante é un escritor que che enchoupa de literatura.

A min gústame mellorar os meus libros coa linguaxe e de aí a aparición dos palíndromos e toda esa riqueza que me gusta explorar e explotar.

 

Soños, só somos os soños podería ser o seu relato máis persoal e sentido?

Podería ser, porque nese relato non bebín de ningunha tradición. O personaxe de Bieito inventeino, non o saquei doutros como por exemplo de Paco Farria ou doutra xente que si existiu. Aquí ao mellor si que deixo moitas cuestións e moitas admiracións persoais. Un retrato onde eu como autor me espido máis.

De tódolos xeitos Soños, só somos os soños é un relato que reescribo* -xa o indico no limiar- porque a primeira vez que o escribín cometín un erro do que logo me corrixiu Carme Hermida, unha filóloga tamén de Forcarei. Eu falaba da existencia de palindromeiros en tódalas linguas, agás no galego. Carme díxome que non era certo que non había senón que Gonzalo Navaza tiña incluso un libro enteiro de palíndromos, A torre da derrotA**. Na reescritura do relato en Raiolas quixen emendar ese erro.

* A primeira versión está publicada en Memoria de Trasdomonte (Edicións Fervenza)

** A torre da derrotA, publicado por Xerais en 1992

 

Nalgúns momentos tamén fai referencia á Guerra Civil, como no relato que da título ao libro. Cómo se viviu a Guerra Civil en Terra de Montes? Deu moitas historias para contar, aínda que fosen terroríficas?

Esta non foi unha zona de moita represión, aínda que algo si houbo, como por exemplo en Cerdedo, estudado entre outros por Dionisio Pereira. Como digo, non houbo moita represión, aquí a xente tivo que se amoldar ao que había para non complicarse aínda máis a vida.

En Raiolas a Guerra Civil é o tema fundamental do relato e tamén aparece noutros aínda que sexa de xeito circunstancial xa que é un tema que queda sempre na memoria.

Tamén aparecen personaxes que si existiron, como o crego de Raiolas no faiado, que librou de morrer a algunha xente en Presqueiras, a súa parroquia ou o personaxe de A maldade.

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom