Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O Ático (Follas Novas) de Fernando Álvarez

Rate this item
(6 votes)
Se o ano pasado levamos unha grande e agradable sorpresa co debut literario de Ánxel Vázquez de la Cruz, non menores son as sensacións que temos ao achegarnos a O Ático (Follas Novas), obra coa que Fernando Álvarez entra pola porta grande da literatura dramática. O escritor ferrolán, autor de El viaje de regreso, mostra a crudeza da vida reflectida nos personaxes que transitan polo ático. Diferentes avatares que procuran derrubar unha e outra vez as esperanzas e os soños. Vagas de desilusión e desenganos como as que nos atopamos na rúa todos os días; ante as que só cabe sobrepoñerse e intentar facer un chisquiño máis grande a físgoa da ilusión e da felicidade porque, aínda que non nos decatemos, as veces temos que nos fiar dos consellos dos mortos...
Drama, humor ácido, esperanzas, deseos, afundimentos na miseria humana... son algúns dos apectos que o lector atopará nesta obra que non debería de pasar inadvertida.
 

 

Autor serodio, debutou o pasado ano coa novela El viaje de regreso e agora ven de presentar a súa primeira peza teatral, O ático. Concorda con Ingmar Bergman cando dicía que cos anos a mirada devén en máis libre, ampla e serena?

 A verdade é que agora me sinto máis seguro, teño unha confianza maior e sei que é que quero facer. Digamos que teño moi claro o obxectivo que quero conseguir pero pola contra resúltame moi difícil acadalo. Como escritor son moi esixente. Eu teño ás miñas costas un gran bagaxe lector que me confire un nivel de esixencia moi grande.

 A razón pola que publiquei serodiamente foi por mor da miña vida laboral, moi intensa e que me impediu concentrarme no eido creativo. Eu preciso de moito tempo para escribir, reflexionar, reescribir… e non dispuxen dese tempo necesario ata o de agora, onde teño a posibilidade de escribir dunha forma seria e ordenada.

 De todos os xeitos tampouco me laio de non publicar canda máis novo, xa que serían, abofé, obras menores. Non sería de ningún xeito unha novela da densidade de El viaje de regreso, por exemplo. Unha novela que penso só se pode escribir na madurez dun.

 

Fala da esixencia como escritor. Satisfeito, daquela, desta primeira incursión no igualmente esixente e difícil mundo teatral?

Eu estou moi satisfeito co resultado de O ático. Son un home de teatro en canto a afección e esta obra ten moita importancia para min porque reflicte esa vocación teatral de moitos anos. Escribina nun mes e aos dous meses corrixina. En tres meses tiña a obra perfectamente artellada, independentemente das derradeiras modificacións.

 

Vostede desprega en O Ático unha forte e dura mirada social, amosando ao lector un catálogo de personaxes onde sobresae a infelicidade e a adversidade. O lector  contempla individuos moi reais e identificables. Pode ou debe ser o teatro unha reflexión humana e crítica da sociedade, ou ficar só nunha manifestación cultural?

Entendo que  calquera creación literaria ha de ter unha clara manifestación da realidade. Non ten por que ser poética nin extremadamente realista, pero si penso que dalgún xeito debe reflectir esa sociedade na que che tocou vivir. En O ático, ao igual que sucedeu na miña novela anterior, a meirande parte das situacións que acontecen son reais, están baseadas en feitos que ocorreron de verdade e, se me apuras moito, hai personaxes nesta obra que son de carne e oso, aínda que logo haxa unha abstracción.

O ático ten unha clara intención metafórica. Como veño de dicir, moitos deses sucesos son certos e coido que o lector pode sentir como próximas todas esas situacións que acontecen na obra, que poida dicir mentres le: Eu coñezo a un que lle pasou iso.

A min interésame moito a afinidade que se pode crear entre o autor e o lector ou espectador, e como autor buscas a alguén que sexa sensible e receptivo.

 

Falemos dos dous personaxes principais: Pepe e Lola. O primeiro deles é un xubilado, morto en vida por decisión de seu, filósofo, irónico, acomodado nunha aparente indolencia. Parece simbolizar esa apatía existencial que caracterizaron aos personaxes de Chekhov.

Na filosofía e na forma de ver e entender a vida, eu son chekhoviano descaradamente. Admítoo. É un autor que coñezo dende que era moi novo e son lecturas ás que volvo moitas veces.

O personaxe de Pepe é fundamental, ademais de ser o protagonista principal da obra. A pesares de estar “morto” el é quen vai manter viva a esperanza e a ilusión. Esa luceciña que debe albiscarse ao final dun túnel moi escuro. Pepe resulta ser o máis vivo de todos. Entende e comprende a todos eses personaxes que van aparecendo polo ático, incluso a súa propia muller.

A pesares de ser unha obra aparentemente pesimista, coido que é nesas situacións tan adversas da vida cando é importante manter viva a esperanza, onde é posible acadar a felicidade. É necesario poder transferir esa esperanza, xa que coñecín xente que pasaron por esas situacións tan difíciles e puideron saír.

 

E logo está Lola, a dona de Pepe, quen gaña os cartos lendo as cartas aos infelices que pasan polo ático.

Lola é a persoa que leva a vida exterior ao ático. Os personaxes que aparecen polo ático é porque ela lles convoca. Pero o alimento espiritual, quen mantén a fe, proporciónao Pepe. É un paradoxo que me gusta ofrecer entre eses dous personaxes. Ademais, eles dous están moi unidos e nesas situacións tan adversas percíbese que se mantén vivo o amor entre eles.

 

Henrique -xermolo de político de “éxito”-, Luís –humillado constantemente pola muller que ama- e Carme –ludopata- son os personaxes que van ao ático para que Lola lea as cartas. Hai un aspecto que une a eses tres personaxes: a esperanza nos designios de Lola. Buscan esa ilusión de fume que non son capaces de acadar no mundo real.

Todos eles van buscar en Lola unha luz que lles poida iluminar nos seus problemas angustiosos. Realmente son personaxes que para min semellan ter distinta importancia. O espectador é quen debe sentir unha simpatía ou antipatía cara eles. Eu non me pronuncio. O que van levar cara o ático é a rudeza, a crueldade dunha vida para a que soamente un  dos tres está preparado para resistir, que sería o político. As outras dúas persoas buscan unha esperanza pero sen vontade de loita.

 

Véndoos desfilar polo ático parecemos escoitar a voz de Samuel Beckett falando da vida: “Proba outra vez. Fracasa outra vez. Fracasa mellor”.

É inevitable -e diciámolo ao principio-, que dalgún ou outro xeito cando escribes salten todas as túas lecturas. Fas referencia a Beckett, pero hai outro autor que sempre me acompañou: Harold Pinter. Pinter é un autor moi ácido, duro, aparentemente pesimista pero que sempre deixa na súa mensaxe unha fírgoa de esperanza. Creo que nese sentido Pinter si que pode asomarse case que inconscientemente no desenvolvemento dos personaxes. Pero ben, son cousas das que non te decatas mentres escribes.

 

Á hora de escribir teatro, imaxina os actores que poderían interpretar o texto, en como quedaría representado, ou ese é un aspecto secundario?

No tipo de teatro que eu fago, que correspondería fundamentalmente a un teatro da palabra, estás vendo aos personaxes sempre en escena, pero esa posta sobre as táboas propiamente dita aparece posteriormente, cando rematas de escribir e fas unha análise posterior onde dis: Como quedaría isto representado? E incluso pensas na escenografía, na representación, en como dicir esta ou aqueloutra frase, na maneira de levar adiante os monólogos… Si que pensas neses detalles, pero é posterior á creación da obra.

 

Algunha compañía de teatro mostrou o seu interese en tirar adiante con esta obra?

Agora mesmo non hai nada concreto. Algunha xente mostrou o seu interese en O ático e teño a esperanza de que nos vindeiros meses poidamos concretar algo. Loxicamente sería unha gran alegría vela representada.

 

Tras o magnífico resultado deste libro. Seguirá vostede por este tránsito da literatura dramática?

Non creo que me converta a estas alturas nun escritor moi prolífico, penso eu. Pero si teño tres obras esbozadas que son dúas novelas e unha obra de teatro. Esas tres obras están en marcha, aínda que ata non teña a certeza de que se poidan publicar non sairán.

 

 

Ferrol, Setembro do 2011

 

 

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!