Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Festina lente (Xerais) de Marcos Calveiro

Rate this item
(2 votes)

Festina lente (Xerais), a primeira novela longa de Marcos S. Calveiro, está destinada a convertirse nun dos éxitos literarios do ano. O escritor radicado en Vigo convídanos a coñecer a Compostela do século XV a través da figura de Ambrosio Cavaleiro, un rapaz que chega como aprendiz de encadernador á capital dun Reino de Galicia dominado polo Santo Oficio, unha cidade convertida no centro da fé cristiá cun submundo onde circulan libros prohibidos, asasinatos, linguas perdidas e a busca do misterioso códice dos lavancos.

A vida de Ambrosio Cavaleiro vai transcurrindo ao ritmo que marca o traballo no seu obradoiro da Rúa da Armada e ese misterioso códice que custodian as súas paredes...

 


 

A partires da portada e do título de Festina lente, tomados ambos do lema e logo do impresor Aldo Manucio, o lector xa se pode facer unha idea do que vai atopar no libro.

Esta novela trata de imprentas, de libros e tamén reflexa o proceso de creación do libro, festina lente, ese bule amodo. A súa primeira versión fíxena moi rápido e un amigo recomendoume ese bule amodo para darlle outra volta máis ao libro. O libro polo tanto ten esa dupla significativa: o proceso na escrita que lle din e por outra parte ten esa referencia á tipografía e a referencia que poñía Manucio aos libros. O título púxeno ao final, barallei uns cantos e quedei con este.

Intrigas, libros prohibidos, Santo Oficio... de primeiras quen se achegue a Festina lente podería pensar que ten todos os ingredientes dun "best seller".

Todo iso é un pouco circunstancial. O que conto na novela, sobre o cal documenteime moito, son historias reais. Aparecen os gremios que daquela eran moi naturais, coas súas institucións, normas, regulamentos.

As loitas de poder en calquera sociedade ou ambiente pechado como era a Compostela daquel momento estaban á orde do día. Sobre os personaxes, agás o protagonista e un par deles máis que son invención o resto son personaxes reais que nalgún momento existiron, non con esas características que eu lles atribúo, pero aí estaban.

Na primeira versión a intriga non aparecía, apareceu logo como fío conductor e para que non quedase a cousa nunha historia demasiado erudita cos libros, as tipografías, os impresores. que por outra parte é un tema que a min me fascina.

O libro xira desde a nenez ata a morte de Ambrosio Cavaleiro, posiblemente o personaxe máis complexo da túa carreira literaria: homosexual, renega de vivir en sociedade, mantense pechado no seu mundo de libros e no traballo de encadernador en Compostela... Foiche moi complicado artellar ou definir a identidade de Ambrosio?

En Festina lente eu quería contar a historia dun rapaz que chega a Compostela, que se converte nun aprendiz de encadernador e conta a súa existencia, ao que logo, pouco a pouco, vou engadindo máis historias.

Recoñezo que cando comezo un libro non fago ningún esquema previo sobre a historia e os seus personaxes. A personalidade de Ambrosio está forxada pola historia e os feitos que lle van sucedendo. Non penso desde o comezo que vai ser homosexual, misántropo, que odia a todo o mundo e que vai soltando mucazos polas rúas de Compostela. A medida que vai medrando a historia vaime xurdindo esa idea. Ambrosio ten unha parte de Quixote, tolea no seu mundo de libros, vive alleo á realidade e non sabe moi ben o mundo que o arrodea. Pero na novela hai momentos nos que ten que decidir e toma decisións importantes.

Na novela utilizas unha linguaxe da época, con moitos termos cultos e palabras caídas en desuso. A maiores aparecen frases no verbo dos arxinas ou latín dos canteiros. Como foi a confección de todo ese corpus?

É unha necesidade da propia historia. Eu como escritor teño que coidar das miñas ferramentas, que son as palabras. Logo temos unha lingua que ao mellor na fala cotiá está esmorecendo pola influencia do castelán ou porque xa non son necesarias utilizalas e caen en desuso. Cando falo de canteiros ou dunha persoa que no século XVII traballa nas cousas propias do seu oficio, que ten un nome determinado, evidentemente ese nome teño que empregalo. Logo está o sorprendente que é que os canteiros usasen unha linguaxe propia como era o verbo dos arxinas.

En Festina Lente mesturas a trama con pasaxes descritivos, sobre todo da Compostela de finais do XVI e comezos do XVII que é o período onde se desenvolve a historia. Foi doado recrear esa Compostela?

Lin moito e tampouco é que sexa unha época difícil de imaxinar. Compostela era practicamente o que é agora o casco vello, máis reducido incluso; unha cidade onde se se pechaban todas as súas portas quedaba totalmente illada. As rúas aínda non estaban lousadas como hoxe en día. Imaxínate, vacas e demais animais andando polas rúas enlamadas, a xente botando fora as súas necesidades, cun clima chuvioso, peregrinos entrando e saíndo, a insalubridade e a falta de hixiene. todo iso é fácil de evidenciar.

Cando un lector se enfronta a unha novela histórica sempre existe a dúbida sobre que é real e que é inventado.

O que tes que reflectir é verosimilitude a todo o que contas. Eu non fago un manual de historia, eu documéntome e creo unha historia de ficción, é pura literatura. O importante é que sexa verosímil e coherente. Escribo para o lector, non para un catedrático de historia.

Unha historia engaiolante de escasas trescentas páxinas. Non cres que podería alongarse noutras trescentas páxinas máis sen perder un ápice de interese?

Na primeira versión o libro tiña menos páxinas e nunha posterior chegou a ter cincocentas, pero logo tes que facer un pouco labor de peneira senón queres que poda chegar a ser aburrido nalgúns momentos, ou que algúns dos capítulos non teñan o mesmo nivel ou que decaia a trama nalgún momento. Foi un proceso tan arduo en todos estes anos onde houbo cousas que botei, outras que introducín, personaxes que desapareceron. que chegou un momento no que preferín pechala antes de que acabase comigo.

De todos os xeitos, para min, que veño da literatura infantil e xuvenil, é toda unha fazaña chegar a este número de páxinas.

Hai un par de anos houbo un boom de novelas sobre a Guerra Civil mentres que no último ano apareceron publicadas varias novelas sobre a Galicia do século XVI como As palabras da néboa (Galaxia) de Francisco Castro, O frío azul (Sotelo Blanco) de Ramón Caride ou María das Batallas (Galaxia) de Alfredo Conde. Atraíache esta época ou a historia xa naceu neste período?

Eu quería falar nesta novela de libros, de imprentas,. e esta era a época que a historia precisaba, que é cando comeza a haber en Galicia un labor de imprenta estable fora dos típicos impresores transhumantes que chegaban de Castela para facer encargos procedentes da universidade ou dun cabido catedralicio. Por exemplo, en Compostela estaba a imprenta dos Paz que facían traballos a cotío. Por todo isto escollín este momento, pola situación dos impresores en Galicia.

Con Festina lente achégaste por vez primeira á narrativa para adultos. En que mudou a túa escrita neste libro comparándoa cos anteriores?

Cando eu teño unha historia tiro con ela cara adiante. Este é o meu primeiro libro para artellar unha novela, nace antes que calquera dos outros libros que teño publicado. Sen embargo, aquí hai moito do que aprendín escribindo para rapaces: o proceso de edición, corrección,. En todos eses libros para Tambre aprendín moitas das cousas que logo utilicei aquí.

Ás veces penso que quizais, cando escribín aquela primeira versión de hai tres anos, non foi para adiante porque non era o escritor formado con eses libros de literatura xuvenil.

 

Santiago de Compostela, Xuño do 2008

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom