Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

As rapazas de Xan (Xerais) de Manuel Iglesias Turnes

Rate this item
(9 votes)

 Historias que furgan na sensibilidade, historias de amor, historias da terra. Historia latente do teu país. Manuel Iglesias Turnes ofrece ao lector con As rapazas de Xan (Xerais) -novela primeira do autor barcalés- un relato sobranceiro protagonizado polo amor en tempos escuros. Meritoria é a capacidade de Iglesias Turnes de contarnos esta historia cunha incrible e ben traballada sinxeleza, tirando da memoria para fornecer de autenticidade páxina a páxina.

Iglesias Turnes recrea en As rapazas de Xan a vida dunha aldea galega da década dos cincuenta, cando raiolas de modernidade comezaban a escrutarse no horizonte agás na férrea moralidade erguida co lume e chumbo. As relacións entre veciños, as festas, a vida na aldea, a emigración … Seremos testemuñas emocionais dos sucedidos, penalidades e alegrías que nese mundo rural, tan preto e tan lonxe, acontecía.

Moitas e moi boas son as virtudes que se poderían subliñar de esta novela. Gocemos, pois, desta historia de historias da nosa recente historia.

 


 

 

En certa medida, As rapazas de Xan é como unha viaxe de regreso. A representación feita novela da memoria e transmutando Cabanelas, a aldea onde se desenvolve esta historia, nun mundo que, coas súas luces e sombras, está a piques de esmorecer e esquecerse.

A aldea é hoxe en día un lugar que acolle empresas modernas. Granxas adicadas a producción leiteira que, segundo estudos publicados, son as mais eficientes do estado. Quizais haxa moito descoñecemento na Galicia urbana do peso que esta actividade ten na economía do pais. Nada queda pois do mundo rural que aparece como escenario da miña novela.

A pesares da pregunta anterior, e aínda que o escenario da historia sexa evidentemente ese, coido sería inxusto falar de As rapazas de Xan como dunha novela do rural, limitando o enorme potencial dunha historia composta por fíos que tecen unha novela moderna. Velaí temos unha historia de amor, traizóns, enganos, vinganza, sobrepoñerse as dificultades...

As rapazas de Xan ten esa paisaxe de fondo pero eu deféndoa como unha novela romántica, onde a historia de amor vivida polos protagonistas sobresae na trama con moita visibilidade. Para min, situar ese escenario non importa para as historias que se contan: O amor, as diferenzas de clase, o machismo, a violencia, a emigración; esas cousas que ti citas non son temas locais senón que mais ben falamos de cousas que están en calquera sociedade do planeta, rural ou urbana. Eu sei que está gustando á xente veñan da aldea ou da cidade. Eu escribina con esa meta.

Sobresae, como acaba de dicir, a historia de amor entre Carmela e Manuel. Un amor que vai ter que superar moitos dos atrancos e os prexuízos impostos por unha estrita e férrea moralidade.

Xa ves a grande hipocresía. Nesa época era así. Queríase que as mulleres pariran todos cantos fillos lle permitira a natureza. Cantos máis mellor. Pero marcábase ás nais solteiras como pecadoras (as súas criaturas definías o crego como “fillos do pecado”). Elas eran excluidas socialmente, e criaban os seus fillos sen axuda do pai, nunhas condicións de escravitue, xa que traballaban pola comida. Por iso a beleza da historia que vive Carmela e Manuel, e que eu tanto defendo.

Por outra banda As rapazas de Xan non deixa de ser unha novela coral. Este libro sería impensable sen esa maraña de historias dos personaxes que entran e saen.

Non marquei en ningún momento o camiño que ía seguir para escribir esta novela. Aparecían personaxes novos que á súa vez tiñan as súas propias historias. Eu escribín o que eles me contaban. Foi unha experiencia máxica e tal vez por mor diso a historia destaca pola súa credibilidade. Os lectores dinme que se ven alí no medio das personaxes e iso ocorre porque así é como me vin eu cando escribía.

É unha novela coral no sentido de que na aldea hai un abano moi amplo de personaxes: Familias completas, crego, garda civil, mozos, nenos, ricos, pobres... Pedían entrar na historia e eu non puiden deixalos a un lado. Nese sentido en As rapazas de Xan rolda certo ar berlanguiano, polo numero de personaxes que se cruzan constantemente na trama. Para min foi moi entretido e divertido contar todas esas historias. É unha experiencia única estar mandando aí e que ata o crego faga o que ti queres que faga.

Entre toda ese amalgama de personaxes dáse unha especial importancia á muller. Vémolo nesta novela representado en Alsira, as fillas do Cubano, Isolina...

Quizais dean personaxes con mais forza literaria. O que está claro é que tiñan moitísimo mais peso naquela sociedade. Ben certo é que o home era o cabeza, o que representaba a familia diante de calquera decisión que afectara a comunidade. Pero criar os fillos era cousa das mulleres. Na miña casa, que seríamos uns bos labradores naquela época, viñan as xornaleiras, nais solteiras case sempre, a traballar. Eu creo que iso foi determinante nesa presenza feminina.

Arde As rapazas de Xan en emotividade. Ante unha prosa áxil que convida a unha lectura rápida, o lector sente o impulso de frearse para compartir cos personaxes os acontecementos que suceden na novela.

Nese sentido este libro ten moito de min, xa que son unha persoa emotiva, pouco fría. Aos meus sesenta e un anos non poderei esquecer nunca a imaxe das nais que dende a ventá berraban polos fillos que lles emigraban e non sabían se volverían a velos, como sucedeu moitas veces. Agora xa sei que, efectivamente, moitas desas familias non volveron a estar xuntas na súa vida.

Por outra banda este libro ten certo ar -totalmente inconsciente- rosaliano, do que non me decatara ata a lectura que lle dei fai pouco. Cando os meus personaxes marchan, despídense tanto dos veciños e da familia como da paisaxe: dos camiños, dos montes, dos muíños, dos regos ... Hai emotividade en todo iso, pero tamén hai humor e moita ironía.

Falabamos ao comezo desta charla sobre a proxección dese mundo rural que deixa de latexar. En que momento ocorre?

Introduzo no libro unha referencia que sería a primeira copa de Europa que gaña o Real Madrid, alá polo ano 55-56. Van ser unhas datas onde ese mundo cambiará moi rapidamente. Eu vivín iso cando tiña cinco anos e nun período de 10-15 anos o mundo rural cambiou dun xeito impresionable. Non se recoñecía.

Vemos como se traballaba, se bebía, cantaba, como eran as festas ou as relacións humanas.

Eu pretendía achegar, sobre todo á xente de hoxe, un xeito de vida do campo galego. Aínda que nalgún momento poida parecelo, non está para nada esaxerado. Era unha vida dura. Tamén alegre, de contrastes. Un día ías de enterro e ao día seguinte celebrabas por todo o alto o martes de entroido.

Está estigmatizado o mundo rural galego?

Pois en certo modo. A cidade sempre o mirou de lado. O progreso, a modernidade, a boa vida, son urbanos. O atraso, a ignorancia, o estancamento, son rurais. Nada mais lonxe diso. Hai moita mais sabiduría na aldea. E cuestión de darlle valor as cousas que o ten.

Creo que hai unha concepción errónea do rural. Temos uns políticos que cando falan dunha Galicia moderna identifícana cunha Galicia que fale con acento do barrio de Salamanca de Madrid. Falan dunha Galicia que só manteña de seu o nome.

Eu creo que unha Galicia moderna ten que mirar cara os seus montes, o seu campo, os seus gandeiros. Tamén ás súas cidades pero non unicamente. Unha Galicia que non traizoe a súa orixe. Mira, a xente da miña xeración que quedaron no campo traballaron arreo, crearon explotacións gandeiras, arriscaron moitos cartos en modernizar instalacións e en mellorar a produción, e agora vemos como está o prezo do leite, que non da nin para manter a actividade. Nada poden facer por defender o seu producto. O prezo fíxao unilateralmente a industria, e dun mes para outro segundo lle conveña.

E ese mundo ten unha riqueza lingüística como a que se amosa en As rapazas de Xan.

Procurei que os personaxes falaran como se falaba na miña zona (Cabanas- A Baña). A pesares de corrixir algún que outro castelanismo, eu defendín ante a editorial (que me deron toda a liberdade) que se empregara esa linguaxe.

Recuperei palabras que había preto de cincuenta anos non escoitaba. Nese sentido si que lle outorgo un valor a esta novela como a recuperación dun xeito de falar case que desaparecido. A nosa lingua ten forza nesta novela, din todos os críticos. Eu, que tanto a quero, éncheme de orgullo ler esas cousas. Eu son dos que gustan de falar cantas mais linguas mellor, pero como a propia, ningunha.

Ao longo de toda a novela sobrevoa o tema da emigración. Por unha banda era unha necesidade económica, pero por outra era unha liberdade na longa noite de pedra na que estaba sumido o país.

Canda neno vía cousas que traía a xente emigrada que para nós era toda unha novidade. Lembro por exemplo obxectos, figuras, fotos, cousas que aquí non había e que estaban nos baúis que traían (Eu adoitaba remexer neles cando non me vían).

Cando chegaba alguén viña con regalos e ben vestido. Era impactante ver un home ou unha muller cun traxe branco, entre unhas xentes que vestían basicamente de negro. Xa sabes, o loito, a represión… A cor era vista como reclamo, por iso as mulleres, despois de casadas, andaban con mantos, veos, vestidos… sempre negros.

Por iso eu vin a emigración como unha saída digna para as miñas personaxes.

 

 

 

Satiago de Compostela. Xuño, 2012

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!