Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A batalla do paraíso triste (Xerais) de Xosé Ramón Pena

Rate this item
(1 Vote)

- Poida que teña vostede razón, señor Pimenta. Non obstante, para ser un paraíso... semella que se tratase dun paraíso triste.

Xosé Ramón Pena convídanos a viaxar á Lisboa de 1940. Unha Lisboa que vive baixo a bota do salazarismo. Unha cidade niño de espías. A Lisboa dos teatros e das intrigas políticas que observa como media Europa sofre os estragos da Segunda Gran Guerra. Nese escenario o escritor betanceiro mergulla ao lector nunha apaixonada historia de amor e traizón, de política e de espionaxe. Calquera cousa é boa para acadar o obxectivo final da liberdade...

 


 

Cando tanto se fala no Estado Español sobre a recuperación da memoria histórica e a aparición nas librarías de decenas de libros ambientados na Guerra Civil chega vostede cunha novela sobre os anos escuros da ditadura salazarista en Portugal, máis en concreto en Lisboa.

Por unha banda a miña relación con Lisboa ven de moi vello. En 1974, cando tiña dezaoito anos, eu estaba en Lisboa, non exactamente o 25 de abril, pero si vivín aqueles acontecementos en primeira persoa. Estudei tamén na Universidade de Lisboa a pasei longas estancias nesa cidade. Desde aquela xa xurdiu o meu interese por Portugal, pola súa cultura, a súa literatura, música, etc.

Por outra banda eu son moi afeccionado á historia, leo case tantos libros de historia como doutro xénero, especialmente da época que vai desde os anos 30, os comezos da Guerra Mundial, que debeu ser o último período onde a xente loitaba por uns ideais que poderíamos chamar románticos, como por exemplo na Guerra Civil Española. Tamén me interesa todo o proceso dos fascismos que se instalan na Europa da época.

A partires de aí tiña xa un mundo que me interesaba e a comezos dos anos 80 pensei en facer algo sobre o movemento dos camisas azuis, sobre a posición de Portugal durante a II Guerra Mundial, sobre Lisboa como centro de espionaxe e Lisboa como trampolín para marchar cara América, pero non tiña unha idea concreta. Non sabía se quería facer unha novela, un ensaio, un estudo historicopolítico ou que. Ademais, daquela non existía en Portugal moito material de doado acceso que explicara o que ocorrera nese período. De feito, hoxe en día, é un tema bastante descoñecido.

Con A batalla do paraíso triste sucedeu que un tempo despois volvín ler algunhas cousas sobre eses anos e renaceu o meu interese por ese período histórico. Na cabeza xa tiña un relato curto coa relación de amor/desamor entre Freitas e Catarina; dous personaxes que non ían ser nin portugueses nin a trama se situaba nun lugar concreto. E enligando unha cousa coa outra decateime que podería tirar de aí unha historia de ficción situada nesa época.

 

Nunha enquisa celebrada no 2007 pola RTP sobre quen era o personaxe más importante da historia portuguesa foi elixido, co máis do 40 % dos votos, Salazar. Como é a relación do portugués co seu pasado? É nostálxico ese pobo do Estado Novo?

Esa enquisa non tivo moita importancia en Portugal. Ademais habería que comprobar canta xente participou realmente ou que audiencia tivo ese programa. Como dato curioso, en segundo lugar quedou Álvaro Cunhal* e de terceiro Arístides de Sousa**. Quero dicir, nesa enquisa votáronse aos extremos dun arco político.

En relación co seu pasado eu creo que os portugueses deberían de facer unha revisión histórica xa que hai moitas cousas que non coñecen.

En Portugal, por exemplo, nestes momentos non hai partido político algún que se reclame herdeiro de Salazar ao igual que en España hai xente que non se avergonza, ou que se declara abertamente a favor do franquismo ou dunha parte do franquismo. Hai millóns de españois que din que o franquismo tivo unha parte negativa ou unha parte dura pero logo pensan que foi unha etapa onde viviron relativamente ben. Iso ten unha tradición política en España que é negativa. En Alemaña ou en Italia non hai monumentos a Hitler ou a Mussolini mentres que aquí hai que ver o que custa quitar unha estatua de Franco!

Como dicía antes, en Portugal ninguén, politicamente, se declara herdeiro de Salazar. Os partidos de dereitas portugueses non son salazaristas. Salazar foi un personaxe que quedou atrás na historia e ninguén pretende nin quere reclamar iso. É como se a xente pensase "Salazar foi malo, foi unha mala ditadura, pero xa pasou e quedou atrás" e non se preocupan realmente de coñecer que foi o que sucedeu. Persoalmente non creo que a opinión pública portuguesa sexa consciente de todo o que aconteceu nin que se estude sobre iso. Hai bos traballos académicos e libros desa época, pero se me preguntas a nivel global, ao meu xuízo creo que hai bastante descoñecemento. De feito, os meus amigos portugueses me recoñecen que realmente Portugal necesita un proceso de recuperación histórica.

* Álvaro Cunhal (1913-2005) Secretario do Partido Comunista Portugués entre 1961 e 1992.

** Arístides de Sousa (1885-1954). Cónsul portugués que liberou de morrer a mans dos nazis a milleiros de xudeos.

 

Tras Fado de princesa (Galaxia) -a súa anterior entrega-, volve á narrativa cunha novela, desas que poderíamos chamar clásicas do século XX, onde se unen acción, intriga, femme fatale...

Ben. É certo que se diferenza A batalla do paraíso triste de Fado de princesa en todo iso que comentas: hai unha trama, unha intriga, dous personaxes que se contraponen. que son aspectos que non había en Fado de princesa. Pero se te fixas, a utilización do punto de vista, no xeito de narrar, hai unha continuidade, non só coa anterior novela, senón en toda a miña obra. Unha continuidade e unha evolución. Visto desde unha perspectiva técnicoestilista non creo que haxa unha ruptura tan forte. Pero esa é a miña opinión, terán que ser os lectores e os críticos quen opinen.

 

Introduce no libro dúas voces narrativas que conxugan ficción e investigación. Por unha banda está Fernando Pena Freitas, unha voz que conta a historia desde a vivencia persoal e por outra a do historiador, que o fai desde o perspectivismo que ofrece a Historia.

Para min o fundamental á hora de comezar a escribir un novo libro é establecer o punto de vista. Isto é, como podo ou vou contar a historia, desde que perspectiva.

Daquela eu quixen escribir unha historia verosímil, e para poder contar determinados episodios tiña que botar man dun segundo narrador, xa que Freitas non podía asistir el mesmo a todo o que conta. A partires de aí é cando xurde a figura do narrador. Un narrador que, nunha primeira versión da novela, participaba minimamente. Nas seguintes foi adquirindo maior dimensión, foi pedíndome máis importancia na historia.

Eu necesitaba desa conxunción de voces para obter o resultado final do libro. Se nun comezo Freitas ocupaba o noventa por cento, na versión definitiva hai un certo equilibrio entre Freitas e o historiador. Esas dúas voces permitíronme introducir matices que creo que fornecen un segundo punto de vista e axuda a crear esa verosimilitude ao relato.

 

O  Maior Pimenta, nalgún pasaxe da novela, bota en cara a Freitas o seu nihilismo, a súa descrenza de todo. Para el un aspecto moito peor que se fose anarquista ou comunista.

Aínda que Freitas e Pimenta sexan personaxes ficticios, están baseados, non en persoas concretas, pero si en estereotipos sociais. Procurei en Pimenta personificar dalgunha maneira ao Salazarismo sociolóxico. Representar na súa figura a un fascista que, aínda que non sexa un fascista que guste dos uniformes nin teña unha visión revolucionaria da vida, sexa un individuo, ao igual que tantos outros, que nun momento determinado sexan amantes do orde. Individuos para quen o importante é manter o mundo tal e como o coñecen, un mundo no que se senten cómodos. Uns individuos que cando se senten ameazados, cando a súa ideoloxía, os seus valores ou os seus privilexios -que son as cousas que máis lle preocupan a Pimenta- se ven atacados, abrazan unha liña dura que lles protexan. Por esa razón Pimenta é un salazarista fervente. Pimenta non é un fascista ideolóxico, pero pensa que Salazar é a persoa que mellor lle vai manter nese estado de cousas: orde, propiedade, etc. Pimenta quere que Portugal sexa un país presentable, o que el chama a orde natural da vida.

Cando Pimenta, que entende o anarquismo ou o comunismo como unha orde contraria á que el defende, atopase cun tipo como Freitas que non ten un imago mundi senón que vai confrontando o que pensa coa realidade, o cal vai transformando o seu pensamento, esa idea de andar sempre camiñando pola corda frouxa. Iso deprímeo, non lle gusta. Todo iso é o que Pimenta lle recrimina a Freitas.

Pimenta está seguro de que se Freitas fose un comunista ou un anarquista sabería como tratalo: enviaríao a un campo de concentración ou a Tafarral. Pero Freitas é un inimigo que se lle escapa e é o que Pimenta lle reprocha: por qué sendo militar non fai carreira no exército, por qué non casa e ten fillos, por qué anda coa putanga esa de Catarina. Son cousas totalmente insoportable para ese tipo de xente.

 

Situaba a xénese de A batalla do paraíso triste a comezos dos 80. Cómo foi o proceso e a culminación da novela?

Cómo comentaba anteriormente, tiña por unha banda a historia de Freitas con Catarina e por outra o meu interese por este período histórico e a intención de facer algunha cousa con ese material. Partindo desa base, esta foi a novela que máis rápido escribín, tardei só catro ou cinco meses cando con outras estiven traballando moito máis tempo. Para min foi unha sorpresa empregar tan pouco tempo cando normalmente dedico entre un ano e ano e medio. E iso que moitos dos diálogos tiven que refacelos xa que me saíron de primeiras en portugués.

 

Se finalmente tradúcese A batalla do paraíso triste ao portugués. Como cre que se tomará o libro alén do Miño? Non é agradable que a xente de fora furgue nas feridas de cada un.

A min gustaríame moito que se traducise este libro ao portugués. Cando algúns amigos portugueses leron o libro e comentáronme que lles gustara, eu sentinme moi satisfeito.

Algo xa se está a facer para publicalo en Portugal e teño moita curiosidade por ver como funcionaría nese mercado, aínda que sexan dúas cousas que se escapen das miñas mans.

Qué senten mal algunhas cousas? É inevitable que chegue un portugués e che diga: "Oiga, quén é vostede para vir aquí a largar de nós, e ademais isto non foi así porque foi deste xeito.". Se se traduce A batalla do paraíso triste supoño que algunha xente sentirase ofendida e outra á que lle gustará lela. O importante para min é iso: que guste ou que non guste.

 

Tras o proceso de recompilación de datos para o libro, qué atopou da historia de Portugal que non coñecera?

Especialmente o que máis me chamou a atención foi ese intento da invasión de Galicia por parte de Rolão Preto que aparece no libro.

O que non conto na novela é que Rolão Preto tivo que se exiliar en España unha tempada en casa de nx0woé Antonio Primo de Rivera.

A cuestión da anexión de Galicia figura en varias fontes, como no recente libro de nx0woé Freire Antunes* titulado Os espanhois e Portugal (Oficina do livro); onde o historiador portugués indica que durante a Guerra Civil Rolão Preto propuxo a Salazar a invasión de Galicia. Tamén existen documentos dun xeneral chamado Vascos Lourenço onde, nun estudo para o Estado Maior propón aproveitar a contenda española para facer esa anexión de Galicia. Vascos Lourenço tamén informa que falou sobre este tema con dous deputados galegos, dos que non puiden atopar por ningures os seus nomes. Pois realmente houbo ese estudo encargado polo propio Salazar, quen finalmente o descartou.

Tamén chamoume a atención os plans e contraplans de España para invadir Portugal, os de Alemaña para ocupar Asiria, etc.

Pero para nós o máis interesante é ese proxecto de Rolão Preto para a anexação da Galiza. Se calquera busca en internet ou no youtube anexação da Galiza, ou integrismo lusitano vai atopar cousas sobre iso.

* nx0woé Freire Antunes, político adxunto do primeiro ministro Aníbal Cavaco Silva entre 1988 e 1993. Autor de mais de vinte libros sobre a história e as relacións externas de Portugal.

Vigo, Xaneiro do 2009

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom