Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Conversamos con... Xosé Antón Regos

Rate this item
(3 votes)

xose_anton_regosXosé Antón Regos fala a modo, con ton pausado, a baixa voz, como se pretendera non molestar, facendo da pausa arte. Encalceta as palabras para axustalas á frase. Dedica todo o tempo que estima necesario para dar forma a un discurso esclarecedor e coherente.

Tras o seu paso como director da biblioteca da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago e como director técnico do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (2004-2006), ten o reto da dirixir a biblioteca máis importante do país, a Biblioteca Nacional de Galicia, o cume de calquer profesional bibliotecario.





 

Fervenzas Literarias: Tras máis de vinte anos na profesión, este nomeamento ven a lle recoñecer toda esa traxectoria profesional?.

Xosé Antón Regos: Sen dúbida supón un recoñecemento á miña traxectoria como profesional das bibliotecas. A Dirección da Biblioteca Nacional de Galicia é ademais dun recoñecemento, unha tarefa que implica un nivel de responsabilidade e un reto profesional grande no meu futuro profesional dos próximos anos e que collo, repito, con responsabilidade e ilusión.

 

Vostede procede das bibliotecas universitarias, como se enfronta ao feito de dirixir a biblioteca máis importante do país?

Pois enganchando coa última palabra da frase anterior, con moita ilusión, botando man da experiencia tanto a nivel da xestión puramente técnica como a nivel de xestión de grupos humanos, aspecto este que considero que é fundamental para o bon funcionamento da biblioteca. Neste sentido, un dos meus primeiros obxectivos é conformar un equipo humano, equilibrado na cantidade necesaria e na calidade técnica precisa, para ofrecer a toda a sociedade galega uns servizos bibliotecarios da máxima calidade, un equipo que asuma, se implique e traballe coa máxima ilusión e confianza no proxecto da Biblioteca Nacional para poder incidir nunha mellora do sistema bibliotecario galego e fundamentalmente no conxunto da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Neste sentido teño que dicir que o actual equipo de colaboradores e persoal que compoñen o cadro de persoal do Centro Superior Bibliográfico e do Servizo de Bibliotecas que estamos xa traballando e colaborando no proxecto da Biblioteca Nacional, se ben é excesivamente reducido, é dunha calidade profesional e humana extraordinaria, e con eles estou traballando moi a gusto e plenamente confiado nas nosas capacidades para sacar adiante con acerto este proxecto.

 

O nomeamento dun profesional bibliotecario como director da biblioteca nacional, en lugar dun personaxe de renome como se da ou se ten dado noutras bibliotecas nacionais, significa un recoñecemento para a profesión ou un pulo para estes centros xeralmente infravalorados ou esquecidos polas diferentes administracións?

Dende o meu punto de vista, e deixando á marxe a miña pertenza ao colectivo bibliotecario, e recoñecendo a valía de moita outra xente e compañeiros para o bon desempeño deste posto, penso que a Consellería de Cultura e Deportes fixo o correcto colocando á fronte, tanto da Biblioteca Nacional como do Arquivo Nacional, a profesionais do propio sector.

Por outro lado o nomeamento de técnicos para estes postos responde a unha demanda histórica do colectivo profesional e é, sen dúbida, un recoñecemento para o noso colectivo de bibliotecarios e documentalistas que efectivamente de modo xenérico temos que afirmar que nunca estivo, nin o está aínda, suficientemente valorado nin polos poderes públicos nin polo conxunto da sociedade. Creo que esta é unha mostra de recoñecemento e de confianza no importante labor cultural que os bibliotecarios e bibliotecarias veñen desempeñando na nosa sociedade e están chamados a xogar no desenvolvemento inmediato da actual sociedade da información. Pero sen dúbida temos moito que mellorar tanto a nivel de consideración social como de recoñecemento dentro da propia administración.

 

A Biblioteca Nacional será algo máis que unha biblioteca, xa que substituirá ao actual Centro Superior Bibliográfico de Galicia e confirmarase como cabeceira do Sistema Bibliotecario Galego. Cales van ser os seus obxectivos?

Un dos obxectivos básicos da Biblioteca Nacional de Galicia, como de todas as bibliotecas nacionais, vai ser reunir, conservar e poñer a disposición de todos os cidadáns a produción bibliográfica realizada en Galicia ao longo da historia e tamén aquela produción bibliográfica que realizada noutros lugares ten que ver con Galicia, ben pola súa temática ben porque foi feita por galegos residentes noutros países.

Esta posta a disposición da sociedade farase, por un lado, de maneira presencial no propio edificio da Biblioteca Nacional, nas súas salas de lectura e consulta e, por outro, superando a distancia física por medio do préstamo a outras bibliotecas do sistema, daquelas obras que poidan ser prestadas, e facilitando unha copia ou facéndoas accesibles vía web para outras obras.

Neste sentido imos facer un esforzo especial para poñer a disposición de todos os cidadáns unha cantidade importante do patrimonio bibliográfico galego, non só o conservado na nosa Biblioteca Nacional senón tamén noutras bibliotecas do sistema bibliotecario galego e incluso doutras bibliotecas españolas e estranxeiras que contan con fondos de importancia relevante para a cultura galega, fondos que imos dixitalizar e facer accesibles a través da Biblioteca Dixital Galega. Este é un obxectivo da Consellería de Cultura e que ten un apoio decidido dentro da mesma tanto por parte da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural como por parte da Fundación Cidade da Cultura que veñen facendo neste tema esforzos moi importantes nos últimos anos. Debo de dicir que neste último ano contamos tamén con unha importante achega económica do Ministerio de Cultura.

Outro dos obxectivos é proporcionar servizos útiles para o sistema e a Rede de Bibliotecas de Galicia, para o conxunto do colectivo profesional bibliotecario, facilitando a realización de determinados traballos técnicos, incidindo na mellora das prestacións do software, axudando na conformación das coleccións, apoiando a política de préstamos para chegar a sectores mais amplos e a sectores específicos da poboación, creando unha Biblioteca Central de Préstamo que posibilite dar satisfacción ás demandas de determinados sectores sociais e profesionais. E todo isto queremos facelo en cooperación e coa implicación da rede de bibliotecas galegas. Incluso colaborando tamén cos sectores que están relacionados co mundo do libro e a lectura: desde a propia creación ata a produción e a distribución. Creemos que só con un forte e decidido traballo cooperativo poderemos fortalecer o noso sistema bibliotecario e de lectura pública e poder así rendibilizar cada vez mellor os importantes investimentos que os poderes públicos están a facer nas bibliotecas.

Neste afán de cooperación e de servizo á sociedade na Biblioteca Nacional traballaremos de maneira especial na oferta de servizos vía web. Así desde a propia configuración dos catálogos que faciliten a recuperación da información, a dixitalización de obras que facilite o acceso ás mesmas por parte dos estudosos e investigadores ata a estruturación de portais específicos que sirvan de apoio ao sistema educativo nos seus diferentes niveis ofertando plataformas de recursos electrónicos e didácticos que sirvan de apoio tanto a docentes como a alumnos.

 

Con qué fondos vai contar a Biblioteca Nacional? Existen cifras?

Sen poder dar unha cifra exacta, pois estamos agora encetando un traballo de reordenación de fondos así como completando o seu proceso de rexistro e tratamento informático, podemos dar unha cifra aproximada que inclúe o conxunto das obras da Biblioteca Nacional tales como libros, cabeceiras de prensa antiga e actual, revistas, materiais especiais como vídeos, DVDs, gravados, planos, mapas, carteis, folletos, etc., as coleccións das bibliotecas de Basilio Losada e Alonso Montero, eu creo que podemos andar polos 200.000 exemplares de obras. Pero neste sentido interésame recalcar que non é o noso obxectivo reunir unha biblioteca con moitos miles de obras, entre outras cousas porque isto non tería ningún sentido hoxe. Os fondos patrimoniais galegos mais importantes están xa noutras bibliotecas do sistema como a biblioteca universitaria de Santiago, as biblioteca públicas e outras importantes biblioteca como a Penzol, á do Mosteiro de Poio, Museo de Pontevedra, Museo do Pobo galego, Catedral de Santiago, Real Academia Galega, etc. O noso obxectivo, repito, é dar unha oferta de servizos de calidade e suficientemente variado para que a Biblioteca Nacional sexa un instrumento útil para a maioría dos sectores que conforman a nosa sociedade e colaborar co resto das bibliotecas que albergan o patrimonio bibliográfico galego para favorecer o seu traballo organizativo, a súa adecuada conservación e facilitar ao máximo a súa consulta e difusión.

O que si imos impulsar desde a Biblioteca Nacional é unha política de doazóns de coleccións bibliográficas de significado valor histórico, patrimonial e cultural que ten como obxectivo recoller coleccións e bibliotecas de institucións, de bibliófilos, de homes e mulleres destacados da cultura galega co fin de recuperar fondos de indubidable valor patrimonial para Galicia e poder así por un lado garantir unha adecuada conservación dos mesmos e por outro facilitar tanto a consulta das propias obras como o estudio da propia vida e obra das persoas que ao longo da súa traxectoria vital reuniron unha importante colección de obras. Será ademais unha maneira de render homenaxe e de recoñecer o seu traballo profesional e cultural. Para elo na Biblioteca Nacional habilitaremos uns espazos específicos que individualizarán cada unha destas coleccións relevantes da cultura galega e que estarán situados na galería que arrodea os depósitos da Biblioteca Nacional. Terán o seu propio catálogo, formarán parte da Sección de Coleccións Especiais da Biblioteca Nacional e os seus doantes serán considerados Socios de Honra da Biblioteca Nacional.

Na sociedade galega existe a dúbida sobre a funcionalidade e o uso dos diferentes edificios da Cidade da Cultura. Neste caso concreto, como incidirá directamente sobre a cidadanía a Biblioteca Nacional?

A nivel da cidadanía eu creo que a Biblioteca Nacional vai incidir nun primeiro estadío en que vai proporcionar unha mellora na localización da información albergada nos centros que conforman o sistema bibliotecario galego través da consulta dun catálogo colectivo, vai facilitar a consulta de obras electrónicas a texto completo que a Biblioteca Nacional vai por a dispor de todos os usuarios da rede de bibliotecas de Galicia, posibilidades de acceso á información que se verán moi ampliadas, se o cidadán o desexa, coa integración na busca de bases de datos e catálogos doutras bibliotecas españolas e estranxeiras de interese por medio do uso dun metabuscador. Nun segundo estadio o usuario da Biblioteca Nacional verá incrementada de maneira moi importante o acceso á produción bibliográfica galega, ao texto completo dos documentos, e poderá facelo desde a súa propia casa ou lugar de traballo. Así, por exemplo, calquera cidadán que teña na súa casa acceso a internet poderá acceder a un número moi importante de obras patrimoniais de prensa, libros ou mapas cartográficos de Galicia, grazas a un programa de dixitalización iniciado nos últimos anos e que serán ofertadas en acceso libre. Nun terceiro estadio o usuario, ben presencial ou remotamente a través dun servizo en liña, poderá interactuar co servizo de referencia da Biblioteca Nacional e solicitar axuda e asesoramento na busca de información. Todos estes son servizos propios das bibliotecas públicas e que na Biblioteca Nacional imos coidar especialmente.

Con esta liña de facilitar o acceso á información a través da rede internet, de facilitar o préstamo das obras físicas a calquera lugar da xeografía galega, a Biblioteca Nacional, situada fisicamente no Monte Gaiás e na cidade de Santiago de Compostela, estará amosando a súa vontade de servizo ao conxunto da sociedade galega. E na medida en que sexamos unha biblioteca que satisfaga realmente as necesidades de localización e de acceso mesmo á información que os usuarios necesitan estaremos contribuíndo efectivamente a aumentar o nivel formativo e cultural dos homes e mulleres que viven en Galicia, pero tamén de todas as persoas que moran fora dela, pois como digo a través da rede internet estaremos presentes en todos os lugares do mundo.

 

As instalacións da Biblioteca Nacional acollerá un Centro IBBY da Literatura Infantil e Xuvenil para a Diversidade Cultural, definido por Víctor F. Freixanes como o maior acontecemento da literatura galega nos últimos 25 anos.

Entendo que un Centro do IBBY nas instalacións da Biblioteca Nacional dará un plus importante aos servizos da Biblioteca, pois o IBBY vai constituír un importante fondo bibliográfico de literatura infantil e xuvenil en linguas minoritarias de todo o mundo. Isto como digo, alén doutras prestacións propias do centro IBBY, considero que aportará un valor engadido importante á colección de literatura infantil e xuvenil galega da propia Biblioteca Nacional que pode axudar á proxección internacional da nosa  literatura e por ende da Biblioteca Nacional.

 

O ministro César Antonio Molina sinalou que a Cidade da Cultura debería servir de ponte cultural con América Latina. A Biblioteca Nacional sumarase a este desexo? Manterá lazos con outras bibliotecas nacionais?

A Biblioteca Nacional como un centro mais do complexo cultural da Cidade da Cultura e como é propio a toda biblioteca nacional ten previsto traballar co resto das bibliotecas nacionais españolas e europeas onde por razóns históricas e xeográficas estamos inmersos. Coa Biblioteca Nacional de España xa estamos colaborando en diferentes grupos de traballo técnicos de ámbito español e seguramente incrementaremos a colaboración nos próximos anos. Por suposto que a Biblioteca Nacional de Galicia prestará unha atención especial á relación con bibliotecas dos países iberoamericanos onde se realizou unha importante actividade cultural das comunidades da emigración galegas, como por exemplo Arxentina, Venezuela, Cuba ou México, países que aínda hoxe contan cunha forte presenza de colonias galegas e nas que seguramente encontraremos fondos producidos por galegos e galegas na emigración que procuraremos dar a coñecer e poñer a disposición da sociedade galega como parte integrante da nosa cultura. E por suposto procuraremos manter unha colaboración especial coas bibliotecas nacionais de Brasil e Portugal que por razóns idiomáticas consideramos de especial interese.

 

O poeta arxentino Horacio Salas deixou dito que aos países se lles coñecen polas súas grandes bibliotecas. Coñecerase a Galicia pola súa Biblioteca Nacional?

Espero que nun futuro próximo se coñeza que Galicia contará cunha Biblioteca Nacional que desempeñará o papel que lle corresponde como cabeceira do sistema bibliotecario galego e que ofrecerá uns servizos bibliotecarios de calidade, útiles para satisfacer as necesidades informativas dos diferentes sectores sociais, culturais, educativos e profesionais que operan no noso país e que, polo tanto, exercerá como un centro cultural que contribuirá de maneira importante ao desenvolvemento e ao avance socioeconómico e cultural do conxunto do noso pais.  Espero que se coñeza á Biblioteca Nacional de Galicia non tanto porque vaia albergar unha gran cantidade de obras físicas que dado o momento da súa creación xa non pode nin ten porque ser hoxe un obxectivo senón por ofrecer unha grande cantidade de información, por ser un centro facilitador do acceso á información que os cidadáns galegos poidan necesitar e que isto se faga aproveitando todas as potencialidades que hoxe pon ao noso dispor os últimos avances nas tecnoloxías da información e a comunicación.

 

Xa para rematar, que obxectivos ou tarefas ten en mente para os primeiros meses da Biblioteca Nacional?

Por resumir algunha das tarefas que estamos realizando direiche que nestes intres comezamos o traslado dos fondos físicos adquiridos ata o momento, situados no Centro Superior Bibliográfico de Galicia e en diversos depósitos da Consellería de Cultura e Deportes para dotalos dun sistema organizativo que permita por un lado a súa consulta en acceso directo, por outra a súa axeitada ordenación e conservación nos depósitos da biblioteca e que  finalmente permitirá completar axeitadamente a automatización de todas as obras da Biblioteca Nacional, tarefas indispensables para a unha axeitada recuperación da información e para poder levar a cabo todos os procesos e servizos da biblioteca que teñen que ver cos seus fondos bibliográficos. Este é un proceso complexo que esixe primeiro un traballo serio de reflexión e logo unha grande profesionalidade na súa realización.

Por outro lado estamos metidos nun proceso de migración da actual base de datos dos rexistros catalográficos a un novo software de xestión  bibliotecaria que nos vai por un lado permitir completar a automatización de todas as obras da Biblioteca Nacional e por outro introducir importantes melloras na consulta da información por parte dos usuarios.

Ambos traballos de traslado e organización de fondos por un lado e de proceso técnico e migración a un novo sistema de xestión automatizada por outro van ocupar unha parte moi importante do noso traballo nos próximos meses.

Paralelamente estamos traballando nun ambicioso plan de dixitalización de obras e na configuración dunha biblioteca dixital que vai poñer a disposición dos usuarios da Biblioteca Nacional, e de toda a sociedade, un número moi importante de obras da cultura galega a texto completo que queremos sexa un dos distintivos da Biblioteca Nacional de Galicia, e unha das contribucións que a Biblioteca Nacional fará a favor da difusión e da presenza da cultura galega na rede.

Outro proxecto que estamos iniciando, en colaboración co Consello da Cultura Galega, é a montaxe dunha exposición que mostrará a evolución e a riqueza do patrimonio bibliográfico galego ao longo da súa historia co obxectivo final de resaltar as diferentes formas de creación intelectual, o valor do libro e da lectura, os seus principais protagonistas e o papel das bibliotecas como centros de conservación da memoria escrita e audiovisual. Exposición que queremos facer coincidir coa inauguración da Biblioteca Nacional.

Así mesmo cando se abra a biblioteca ao público realizaremos diferentes actos para dar a coñecela, para mostrar o papel da Biblioteca Nacional e para contribuír a valorizar o libro galego, as diferentes obras de creación intelectual, o valor da lectura e as bibliotecas como centros de recursos de información e de formación a disposición de todos os cidadáns.

E non quixera rematar sen resaltar o que para min é o obxectivo mais importante desta etapa e que creo xa fixen referencia a el ao comezo da entrevista: a consecución dun cadro de traballadores, dun grupo de profesionais, dotado do número de efectivos necesarios e coa preparación técnica suficiente para os servizos que está chamada a prestar a Biblioteca Nacional, que asuma e se implique de maneira entusiasta nos obxectivos de servizo público que ten que ofertar a Biblioteca Nacional. Conseguir conformar este equipo humano é o principal reto que ten hoxe a Biblioteca Nacional de Galicia e que eu considero teño como director. Non se me ocultan as súas dificultades mais afróntoo co pleno convencemento de que este obxectivo meu moi pronto o será de todos os que aquí traballamos.

A Biblioteca abrirá probablemente as súas portas no segundo semestre do vindeiro ano pero a día de hoxe non estamos en disposición de poder adiantar unha data concreta.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Conversas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Exposicións >

No upcoming event!