Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Conversamos con... Xesús Couceiro

Rate this item
(2 votes)

Xesus_Couceiro2Xesús Couceiro rexenta desde 1969 a libraría que leva o seu apelido. Despois de numerosos cambios de local na cidade compostelá abriu xunto os seus fillos o pasado 23 de xullo o novo recinto na praza de Cervantes, no corazón da cidade vella. Un magnífico local de seis andares nunha casa rehabilitada polo arquitecto Iago Seara e, aínda que os produtos estrelas seguirán sendo o libro galego e portugués, contará cun andar adicado ó libro antigo e un taller de restauración.

Recoñecida a súa labor como libreiro, promoveu a unión dos libreiros composteláns e galegos, impulsou as feiras do libro e sacou o libro galego ó exterior. No ano 2000 entregouselle o premio Manuel Beiras de Normalización Lingüística.




 

Fervenzas Literarias: ¿Cándo e por que elixiu o oficio de libreiro?

Xesús Couceiro: Iso é de hai moitos anos e foi unha cousa totalmente intencionada, única e exclusivamente para cambiar de traballo.

 

¿E cando foi iso?

Foi no ano 69.

 

Desde o principio apostaron por especializarse no libro galego e portugués. Tiveron que se enfrontar a un mercado aínda por abrir en Galicia. ¿Como foron eses comezos que coincidiron co final da dictadura?

Eses comezos foron moi agradables. Foi unha aposta que nace pola necesidade que nós tiñamos de especializar a libraría. Críamos que o futuro da libraría era a especialización e entonces eliximos algo que podía ser unha dulzura porque naquel momento prácticamente non había literatura galega. A producción daquela era duns cen títulos ao ano aproximadamente e o número de editoriais era escaso.

Pero nós o que fixemos foi complementar a literatura galega coa literatura portuguesa e ata a data estamos satisfeitos de tomar esa decisión.

 

¿Era dificil vender libro galego naqueles anos?

Non, non era difícil. Era menos dificil que nestes momentos. Vender libro galego daquela era doado, porque había moi pouca oferta e si había demanda.

O que foi moito máis difícil foi traer o libro portugués a Galiza. Porque o libro era daquela algo así como materia terrorista e traer libro portugués a Galiza era unha aposta moi forte.

 

¿E vendíase libro portugués daquela?

Vendíase libro portugués probablemente máis que agora. O que pasaba é que era moi difícil traelo, a parte desas connotacións políticas que tiña había que pasar pola alfándega e, a pesar de que o libro non pagaba aranceis, non chos deixaban traer, dábanche a lata,... E se facias as importacións oficialmente tardaban tres ou catro meses en chegar os libros, había que pagalos en dolares e encarecíase moito. Iso si que foi bastante complicado.

 

¿Como facían para traelos?

Ía eu personalmente a buscalos: a Lisboa, Porto, Coimbra. Traíaos no carro e a maior parte das veces non me deixaban pasar con eles. Tiña que deixalos na fronteira e ir buscalos dous ou tres días despois. Toda unha odiseia, ata o extremo de sair por tódalas fronteiras entre España e Portugal.

 

Agora abriron a nova libraría Couceiro na Praza de Cervantes, no corazón do casco vello compostelán. Nun proxecto que veu a luz despois de máis dun ano de reformas e mais de tres desde que se iniciou o proxecto. Os seus clientes de toda a vida atopáronse cun espazo totalmente novo e moito máis espacioso que as anteriores ubicacións. ¿Que imos atopar na nova libraría Couceiro?

Neste novo enclave da libraría se van atopar o que é a modernización da libraría. As librarías convertíranse en almacéns de libros sen outro atractivo. Penso que neste novo local si que hai moito máis atractivo que o simple feito de buscar un libro. Hai un espazo agradable e hai variedade de oferta ben colocada nos diferentes andares do edificio.

Entón, alguén que teña tempo de vagar pois pode vir aquí a pasar un rato, tomar un café, ollar un libro e despois comprar ou non comprar. Tamén pensamos facer presentacións e actos culturais de todo tipo.

 

O futuro da libraría Couceiro parece que está asegurado, cos seus fillos ó cargo …

O futuro hai que aseguralo cada día, o futuro nunca está asegurado. Depende sempre dun. Si eles son capaces de traballar con tanta ilusión como fixen eu durante tantos anos pois si pode estar asegurado.

 

Na apertura da tenda agasallaron co libro De Breogán aos Pinos: O texto do Himno Galego, de Manuel Ferreiro. Parecía un adianto á polémica entre as palabras pronunciadas por Quintana e a interpretación que fixeron delas o diario El Mundo e o Partido Popular

Ese agasallo foi un libro por encargo. Nós coñeciamos parte deste texto a través dunha pequena publicación que fixera fai anos Laiovento. Entón falamos co autor e él encargouse de completar as diferencias que había entre o que era o texto oficial e o que Pondal escribira. Ademáis aporta a correspondencia entre Pascual Veiga e o propio Pondal.

Eu estou a favor de que os nenos aprendan todo o galego, que as clases as reciban en galego. O himno é unha cousa máis, non creo que sexa decisivo, pero é algo que incide no que todos cremos que debe de ser. Que é que se somos galegos deberíamos defendernos en galego, sen deixar de aprender outros idiomas.

 

Vaticinan a morte de moitas pequenas librarías pola nova lei de gratuidade do libro de texto. ¿É tan drástica esta realidade?

Desde o meu punto de vista non é tan drástica. Eu xa dixen hai moitos anos que o libro de texto debería ser gratuíto para todos os nenos. O que ocorre é que as librarías que non mudaron, as librarías que non se actualizaron e os que vivían a conta do libro de texto pois parece que non teñen intención de mudar e esperan seguir vivindo a costa do libro de texto. Eu penso que o libro de texto debe ser gratuíto e a libraría debe vivir á marxe do libro de texto.

 

¿Son as grandes superficies as principais inimigas da libraría tradicional?

Non, o inimigo está na casa. As grandes superficies teñen a súa misión e as librarías teñen que cumprir coa súa.

 

¿Como se explica que se publique tanto e os índices de lectura sexan tan baixos?

Porque hai producción pero non hai promoción. Se hai oferta pero non hai demanda non imos a ningunha parte. O que hai que conseguir é que haxa una demanda equilibrada coa oferta.

 

¿Quen é o máis prexudicado desta crise lectora: escritores, editores, distribuidores ou libreiros?

Prexudicados somos todos. Pero a sociedade non é menos prexudicada que os que estamos no mundo do libro. Unha sociedade sen información non é unha sociedade con moito futuro.

 

Lía nunha entrevista a un libreiro que hoxe escríbese máis desde os despachos de marketing que desde as mans dos autores, polo que a literatura estase vulgarizando. ¿Comparte vostede esta opinión?

En parte si. Pero é debido a moitas cousas que nós non podemos controlar. Os mundos van mudando e hai que adaptarse as novas circunstancias.

 

Vostede leva tempo reclamando á Administración que se involucre máis na promoción do libro galego. ¿O novo goberno responde ás expectativas?

Creo que o novo goberno ten moi boas intencións. De momento non están facendo tanto como moitos pensamos que deberían de facer pero haberá que lles dar un pouco de marxe e ver se é verdade que teñen a intención clara.

 

Entre a libraría e o Centro Sociocultural que vai montar Caixanova fronte Couceiro, vaise a dinamizar o corazón da cidade vella compostelán…

Espero que todo isto inflúa bastante na dinamización do casco antigo. Isto si que pode ser bo para todos porque o casco antigo está cheo de moitas ofertas doutras cousas. De librarías e de oferta cultural había moi pouco e todo o que se poda facer sobre iso vai ser benvido para todos.

 

Vostede é e ten sido un enorme dinamizador do libro galego: uniu a libreiros de Santiago e de Galicia, impulsor de feiras do libro, presentacións, sacar o libro galego ó exterior, feiras, exposicións,… Ricardo Carvalho Calero comparoulle con Ánxel Casal, dicindo que ámbolos dous son as persoas que máis teñen feito polo libro en Galicia.

Eu creo que Carvalho Calero aí pasouse un pouco porque a miña dimensión non chega á de Ánxel Casal. Pero bueno, pode que isto veña porque Carvalho Calero estaba moi involucrado co que era o mundo do libro e da cultura galega e naqueles tempos a verdade é que non había moitas persoas que se dedicasen a iso... e penso que esa foi a razón.

 

¿O sector do libro está profundamente ferido?

O libro non está profundamente ferido, o mundo do libro ten un enorme futuro. O que está é moi adormecido. O que pasa é que nestes momentos non hai nada que intente sacar o libro da situación na que se atopa. Dende o meu punto de vista o libro non vai desaparecer e haberá un momento en que despertará.

 

Un dos problemas dos que se queixan os editores é que ás librarías chegan tal cantidade de novidades que o libreiro non ten nin tempo de abrir as caixas e, en moitas ocasións, son devoltas sen abrir.

É verdade que pasa moitas veces pero tamén depende de onde se mandan os libros. Cada un debe saber onde manda o seu producto. Hai moitas librarías que non teñen capacidade de recibir todas as novidades que se editan. Iso por unha parte, por outra penso que os editores tampouco se preocupan moito de promocionar o seu libro.É certo que se devolven moitas novidades. Nós difícilmente devolvemos novidades, é máis, nós nin devolvemos libro galego. O que haberá que facer será buscar máis espazos onde se poda admitir toda esa producción.

 

No ano 91 Xosé Manuel Beiras, Francisco Pillado, Pepe Carreiro, González Millares, Afonso Ribas máis vostede fundaron edicións Laiovento, ¿Qué oco ou que ámbito dentro das letras galegas intentaron encher?

A teoría e o que se levou á práctica era encher un espazo que estaba absolutamente virxe. Laiovento dedicouse a editar libro de ensaio -do que non se buscaba rentabilidade- máis á traducción de libros importantes doutras literaturas que non estaban en galego. Laiovento cumpliu unha aposta moi forte e moi importante. Incluso se traduciron moitos libros que nen sequera estaban traducidos o español.

 

¿Qué se pode facer co Día das Letras Galegas?

Eu penso que o que fixeron co Día das Letras Galegas foi a destrucción do libro neste día. Cando o Día das Letras Galegas non era festivo, facíanse exposicións en todos os centros, facíanse exposicións en todas as asociacións culturais e unha semana antes había un movemento extraordinario arredor do libro. Desde que foi festivo, o libro neste día quedou totalmente morto. Só dicir que nós deixábamos libros para corenta ou cincuenta exposicións, e que levamos anos que só nos piden libros para unha exposición desde Barakaldo, ningunha en Galicia, nin noutro sitio. E o que si que é moi extraño e que moitas personalidades sigan dicindo que debe de seguir sendo festivo. Porque iso non é máis cun acto político cunha comida e aí remata todo.

 

Despois de 15 anos de goberno Fraga, ¿Cómo ve o novo goberno en materia de cultura?

Aínda están empezando. Creo que están intentando facer as cousas ben, sen facer as cousas con moita presa pero a ver se saen ben.

E despois de todo o que falamos da súa traxectoria como libreiro, dinamizador cultural, editor, … ¿Como resumiría despois destes anos todo ese traballo?

Pois eu teño necesariamente que resumilo como o traballo máis agradable que fixen durante toda a miña vida. A proba é que tratei de involucrar ós fillos para que continuaran no oficio e isto non é algo que se dea con moita frecuencia neste o noso país. E eu fíxeno porque disfrutei ó longo de toda a miña vida traballando moito no mundo do libro e podendo vivir a conta del e ese foi o motivo polo que eu intentei animalos porque é un traballo moi agradable, dunha inmensa liberdade, un traballo co que nunca tes problemas con ninguén.

E xa para rematar… Recoméndenos un libro

Sempre en Galiza, que ademais foi un libro que nós editamos nunha época aínda moi complicada, e que editamos para regalar. E que é a edición máis coidada que se fixo do libro salvo a da Universidade e o Parlamento de Galicia.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Conversas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
8
Data : 08/11/2019
15
Data : 15/11/2019
16
Data : 16/11/2019