Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

 

1 de xuño

1 de xuño de 1850. Aparece en Santiago de Compostela a Revista de Galicia, dirixida por Manuel Vázquez de Parga

1 de xuño de 1854. Manuel Murguía publica o seu primeiro texto en galego, unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades"

1 de xuño de 1910. Nace en Buenos Aires Luís Seoane

1 de xuño de 1911. Nace en Gastéiz Antonio Odriozola, bibliógrafo, investigador e bibliotecario

1 de xuño de 1924. O poeta Manuel Cuña Novás nace en Pontevedra

1 de xuño de 1931. Constitúese en Pontevedra o Partido Galeguista de Pontevedra. O seu primeiro presidente foi Castelao

1 de xuño de 1942. Nace na Estrada o escritor Xosé Manuel Martínez Oca

1 de xuño de 1942. O historiador César Vaamonde Lores fina na Coruña aos 75 anos

1 de xuño de 1949. En Santiago de Compostela nace o historiador Carlos Sixirei

2 de xuño

2 de xuño de 1812. Nace en Ferrol o escritor e militar Domingo Díaz de Robles

2 de xuño de 1846. O escritor Victorino Abente Lago nace en Muxía

2 de xuño de 1888. Fina en Compostela o escritor e mestre Antonio Couceiro Freijomil

2 de xuño de 1915. Nace en Baio (Zas) o poeta Teodoro Morgade

2 de xuño de 1948. O editor Carlos del Pulgar nace en Ferrol

2 de xuño de 1951. Jurjo Torres Santomé, ensaísta e pedagogo, nace en Castro de Rei

2 de xuño de 1971. Aos 84 anos fina en Lalín o escritor e profesor José María Crespo Rodríguez

2 de xuño de 2004. Enrique Alvarellos, editor, escritor e músico, fina aos 73 anos en Lugo

2 de xuño de 2014. O escritor Isolino Nieto Caamaño fina na Coruña aos 80 anos

2 de xuño de 2018. Falece en Ribeira o escritor, político e profesor Plácido Betanzos. Tiña 65 anos

3 de xuño

3 de xuño de 1876. Ramón Cabanillas nace en Fefiñáns, agora parte de Cambados

3 de xuño de 1925. Fina en Ferrol o escritor Manuel Comellas Coímbra. Tiña 72 anos

3 de xuño de 1926. María do Carme Kruckenberg nace en Vigo

3 de xuño de 1944. Nace en Portonovo (Sanxenxo) o ilustrador e pintor Manuel Uhía

3 de xuño de 1965. Ramón Loureiro, escritor e xornalista, nace en Fene

3 de xuño de 1972. Falece en Bos Aires o escritor e xornalista Xesús Calviño de Castro. Tiña 79 anos

4 de xuño

4 de xuño de 1874. Nace en Compostela o escritor e xornalista Alejandro Barreiro Noya

4 de xuño de 1903. Nace en Ourense, na rúa da Barreira, Alexandre Bóveda

4 de xuño de 1911. O escritor Antonio Paz Míguez nace na Pobra do Caramiñal

4 de xuño de 1916. Antonio Gil Merino, historiador, arquiveiro e escritor, nace na provincia de Palencia

4 de xuño de 1916. Publícase o primeiro número do semanario La Voz de Ortigueira

5 de xuño

5 de xuño de 1869. Curros Enríquez escribe, con 17 anos, Cántiga, o seu primeiro poema en galego

5 de xuño de 1949. Nace en Forcarei Xosé Luís Barreiro Rivas, escritor, político e politólogo

5 de xuño de 1950. O ensaísta e crítico literario Darío Villanueva nace en Vilalba

5 de xuño de 1951. Xosé de Cora, escritor e xornalista, nace en Lugo

5 de xuño de 1954. O historiador Xavier Castro nace en Cangas

5 de xuño de 1955. Aos 75 nos fina en Chantada o escritor José Costa Figueiras

6 de xuño

6 de xuño de 1919. Nace no Irixo o investigador e sacerdote Emilio Duro Peña

6 de xuño de 1925. Ramón Otero Pedrayo publica en Lar a súa primeira novela, Pantelas, home libre

6 de xuño de 1933. Juan José Cebrián Franco, escritor e sacerdote, nace en Compostela

6 de xuño de 1951. O poeta Xosé Otero Canto nace en Outeiro de Rei

6 de xuño de 1965. Fina en París, aos 73 anos, o xornalista e escritor César Alvajar

7 de xuño

7 de xuño de 1979. Fina en Vigo o escritor e médico Darío Álvarez Blázquez. Tiña 68 anos

7 de xuño de 1982. Nace en Tui o escritor e músico Samuel Solleiro

7 de xuño de 1985. Fátima Peón Torres, escritora e dramaturga, nace en Pontevedra

8 de xuño

8 de xuño de 1847. Nace en Ourense a poeta Clara Corral

8 de xuño de 1847. Nace en Ourense a poeta Clara Corral (2)

8 de xuño de 1892. O xornalista e escritor Miguel Revestido Rodilla nace en Ferrol

8 de xuño de 1907. En Noia nace a poeta María Mariño

9 de xuño

9 de xuño de 1966. O crítico, tradutor e escritor Ramón Nicolás nace en Vigo

9 de xuño de 1975. Nace en Ourense o escritor Jorge Emilio Bóveda

9 de xuño de 1981. Fúndase na Coruña a Associaçom Galega da Língua, con Xavier Alcalá como primeiro presidente

9 de xuño de 1995. Fina en pontevedra o investigador e relixioso Antonio Rodríguez Fraíz. Tiña 62 anos

10 de xuño 

10 de xuño de 1856. Nace na Estrada o escritor e xornalista Waldo Álvarez Insua

10 de xuño de 1905. O ensaísta e médico Xoán Rof Carballo nace en Lugo

10 de xuño de 1906. Nace en Arbo o historiador Alfonso Vázquez Martínez

10 de xuño de 1924. O escritor e profesor José Luis Varela Iglesias nace en Ourense

10 de xuño de 1933. Fina na Coruña o escritor José García Acuña. Tiña 60 anos

10 de xuño de 1935. Falece en Pontevedra, aos 76 anos, o escritor, gaiteiro e musicólogo Perfecto Feijoo

10 de xuño de 1958. Carlos Maside fina en Compostela aos 61 anos

10 de xuño de 2006. Fina en Vigo o ilustrador, tradutor e ensaísta Xohán Ledo

10 de xuño de 2011. Fina en Villaviciosa de Odón o escritor ferrolán Juan Farias. Tiña 76 anos

11 de xuño

11 de xuño de 1870. Nace en Dodro o escritor e xornalista Fortunato Cruces Angueira

11 de xuño de 1873. Francisco Álvarez de Nóvoa, escritor e xornalista, nace en Granada

11 de xuño de 1899. O escritor Manuel Hermida Balado nace en Ourense. Foi tamén cronista oficial de Monforte

11 de xuño de 1922. Isidoro Millán González-Pardo nace en Pontevedra

11 de xuño de 1922. Nace en Mos a poeta María Magdalena Domínguez

11 de xuño de 1967. Nace en Cangas a escritora Beatriz Dacosta

11 de xuño de 1973. Fermín Bouza-Brey fina en Compostela aos 72 anos

11 de xuño de 1983. Fúndase en Compostela Nova Escola Galega

11 de xuño de 1999. Victoria Armesto, escritor, xornalista e política, fina aos 73 anos en Madrid

12 de xuño

12 de xuño de 1832. Eduardo Gasset Artime, escritor, xornalista e político, nace en Pontevedra

12 de xuño de 1847. O escritor e xornalista Teodosio Vesteiro Torres nace en Vigo. Tal día coma hoxe do 1876 acabaría coa súa vida dun tiro no Museo do Prado de Madrid

12 de xuño de 1909. Aquilino Iglesia Alvariño nace en en Seivane de Vilarente (Abadín)

12 de xuño de 1911. Con 81 anos falece en Pontevedra o dramaturgo, rexionalista e político Emilio Álvarez Giménez

12 de xuño de 1918. Falece en Lugo Emilio Tapia Rivas, escritor, avogado e político. Tiña 55 anos

12 de xuño de 1925. A escritora e xornalista Victoria Armesto nace na Coruña

12 de xuño de 1931. Nós publica a novela O derradeiro amore do escritor Aurelio Ribalta

12 de xuño de 1963. O escritor e cineasta Ángel de la Cruz nace na Coruña

12 de xuño de 1971. Julio Dávila, historiador, xeógrafo e escritor, falece 99 anos na Coruña

13 de xuño

13 de xuño de 1828. Nace en Vilalba Manuel Vázquez de Parga, escritor, político e xornalista

13 de xuño de 1898. Xaime Quintanilla Martínez, escritor, médico e político, nace na Coruña

13 de xuño de 1906. O escritor e tradutor Lois Tobío nace en Viveiro

13 de xuño de 1910. Gonzalo Torrente Ballester nace no concello de Serantes, hoxe integrado en Ferrol

13 de xuño de 1936. Francisco Álvarez de Nóvoa, escritor e xornalista, fina en Ourense. Tiña 63 anos

13 de xuño de 1955. Nace no Incio o escritor Moncho de Fidalgo

13 de xuño de 1971. O poeta Alfonso Láuzara nace en Vigo

14 de xuño

14 de xuño de 1821. O escritor Marcial Valladares Núñez nace na Estrada

14 de xuño de 1862. O escritor, xornalista e militar Justo Areal Barros nace en Tui

14 de xuño de 1918. Nace en Ponteareas a escritora Maruja Pino Piñeiro

14 de xuño de 1971. Armando Requeixo, crítico literario, investigador e tradutor, nace en Mondoñedo

14 de xuño de 1978. O editor David Cortizo nace en Pontevedra

14 de xuño de 1987. Aparece en Vigo o primeiro número do xornal Atlántico Diario

14 de xuño de 2013. O ICANN aproba o dominio .gal

15 de xuño

15 de xuño de 1878. Aparece en Madrid o primeiro número de La Ilustración de Galicia y Asturias, dirixida por Alejandro Chao

15 de xuño de 1944. O poeta Xosé Manuel López Ardeiro nace en Negreira

15 de xuño de 1983. Apróbase a Lei 3/1983 de Normalización Lingüística

16 de xuño

16 de xuño de 1911. Fina na Coruña o escritor e sacerdote Ramón Bernárdez González. Tiña 73 anos

16 de xuño de 1950. Nace en ferrol o historiador da arte Bernardo Castelo Álvarez

16 de xuño de 1960. Nace en Chantada o crítico literario e escritor Xosé Manuel Eyré

16 de xuño de 2004. Fina en Ourense, aos 83 anos, o poeta Antón Tovar

17 de xuño

17 de xuño de 1895. O debuxante e xornalista José Peña Meléndez fina en Vilagarcía de Arousa

17 de xuño de 1901. Manuel Torres Martínez, pintor e escritor, nace en Marín

17 de xuño de 1903. Fina na Coruña, aos 63 anos, o escritor e xornalista Gonzalo Brañas Sánchez-Boado

17 de xuño de 1915. Nace en Ribadavia o historiador e médico Manuel Rubén García Álvarez

17 de xuño de 1921. Otto José Cameselle Barcia, poeta e xuíz, nace en Vigo

17 de xuño de 1951. Fina nos EUA o escritor e crítico literario César Barja Carral

17 de xuño de 1963. O escritor Xosé Carlos Caneiro nace en Verín

17 de xuño de 1963. O filósofo Marcelino Agís Villaverde nace en Poio

18 de xuño

18 de xuño de 1881. Nace en Lugo Xermán Alonso Hortas, médico e escritor

18 de xuño de 1892. Na Coruña nace o xuíz, xornalista e escritor José del Valle Moré

18 de xuño de 1897. Roxelio Pérez González, mestre, pedagogo e poeta, nace en Rianxo

18 de xuño de 1937. Publícase en Buenos Aires o primeiro número de Galicia Libre, dirixida por Luís Seaone

18 de xuño de 1941. A escritora Úrsula Heinze nace en Alemania

18 de xuño de 1962. O dramaturgo e escritor Lino Braxe nace en Mugardos

18 de xuño de 1971. En Vigo nace o escritor Manuel Esteban

18 de xuño de 1992. Nace en Compostela a xornalista e responsable de Lecturafilia Tensi Gesteira Estévez

19 de xuño

19 de xuño de 1876. Fina na Coruña a poeta Narcisa Pérez Reoyo. Tiña 27 anos

19 de xuño de 1945. Xelucho Abella Chouciño, escritor, teólogo e político, nace en Malpica de Bergantiños

19 de xuño de 1950. A escritora Concha Blanco nace en Lires (Cee)

19 de xuño de 1994. Fina en Madrid o dramaturgo Lauro Olmo Gallego. Tiña 71 anos

19 de xuño de 1994. O poeta e mestre Xoán Vidal Martínez falece aos 90 anos en Salcedo (Pontevedra)

20 de xuño

20 de xuño de 1853. O escritor e xornalista Antolín Faraldo fina en Granada con tan só 30 anos

20 de xuño de 1930. Basilio Losada, escritor, tradutor e crítico, nace en Láncara

20 de xuño de 1953. Fina en Bos Aires o poeta Antón Zapata García

20 de xuño de 1957. O escritor Nacho Pérez nace en Vigo

20 de xuño de 1979. Nace en Vigo o ilustrador e autor de banda deseñada Kiko da Silva

20 de xuño de 1994. Manuel Reimóndez Portela, escritor, médico e político, morre na Estrada. Tiña 78 anos

21 de xuño

21 de xuño de 1937. Fina Gumersindo Busto Villanueva, bibliófilo e creador da Biblioteca América da USC

21 de xuño de 1972. Nace en Padrón o escritor Sechu Sende

21 de xuño de 2010. O lingüista e investigador Gerardo Sacau Rodríguez falece en Vigo aos70 anos

22 de xuño

22 de xuño de 1872. Fina na Coruña a escritora Juana de Vega

22 de xuño de 1909. O escritor Antonio Fernández Pérez nace en Rio de Janeiro

22 de xuño de 1976. Manuel Gago, escritor e xornalista, nace en Ribeira

23 de xuño

23 de xuño de 1905. Jesús Bal y Gay nace en Lugo

23 de xuño de 1907. Nace na rúa da Paz de Ourense Xaquín Lorenzo 'Xocas'

23 de xuño de 1909. Salvador Golpe Varela, xornalista, ensaísta, poeta e político, fina na Coruña aos 58 anos

23 de xuño de 1925. Nace en Compostela o historiador da arte Ramón Otero Túñez

23 de xuño de 1946. O editor e xornalista Benigno Barros Martínez fina en Pontevedra

24 de xuño

24 de xuño de 1865. Nace en Tui o escritor e político Augusto González Besada

24 de xuño de 1891. Celébranse os Xogos Florais de Tui, o primeiro acto público celebrado integramente en galego

24 de xuño de 1899. Fina en Lugo o músico Xoán Montes. Tiña 59 anos

24 de xuño de 1908. O historiador e sacerdote Lino Gómez Canedo nace na Laracha

24 de xuño de 1920. Aparece en Bos Aires o primeiro número de Acción Gallega. Publicación Oficial de Casa de Galicia, dirixido por Rodolfo Prada

24 de xuño de 1924. Nace en Pontevedra o editor e escritor Sabino Torres

24 de xuño de 1944. O historiador e escritor Fernando Alonso Romero nace na Coruña

24 de xuño de 1959. Nace en Lalín José Luis Sucasas, escritor e político

24 de xuño de 1963. O escritor, tradutor e xornalista Xoán Abeleira nace en Venezuela

25 de xuño

25 de xuño de 1877. Nace na Coruña Enrique Zas Simó, escritor e xornalista

25 de xuño de 1926. En Bos Aires falece o escritor e xornalista lucense Manuel Castro López

25 de xuño de 1959. O escritor Camilo Valdehorras nace no Barco de Valdeorras

25 de xuño de 1971. Inaugúrase en Compostela o Instituto da Lingua Galega

25 de xuño de 1985. Falece en Bos Aires, aos 86 anos, o escritor e político ortigueirés Leandro Pita Romero

25 de xuño de 2004. Na Coruña, aos 87 anos, fina na Coruña o historiador valdeorrés Antonio Meijide Pardo

26 de xuño

26 de xuño de 1934. Nace en San Miguel de Reinante (Barreiros) o galeguista Antón Moreda

26 de xuño de 1981. A escritora Iria Collazo nace en Barro

26 de xuño de 1982. Nace na Xesteira (Cotobade) a investigadora Malores Villanueva

26 de xuño de 2018. O escritor Xabier P. DoCampo falece na Coruña. Tiña 72 anos

27 de xuño

27 de xuño de 1905. Celébrase a Xunta Xeral de Constitución da Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega

27 de xuño de 1928. Publícase O Estudante, terceira e última parte de Os camiños da vida, de Otero Pedrayo

27 de xuño de 1931. Proclámase de forma efémera a I República Galega, con Alonso Ríos como presidente da Xunta Revolucionaria

27 de xuño de 1951. O poeta e músico Baldomero Iglesias 'Mero', nace en Vilalba

27 de xuño de 1963. Nace en Vigo o escritor Fran Alonso

27 de xuño de 1984. O goberno de Galicia crea as medallas Castelao

28 de xuño

28 de xuño de 1871. Nace en Baiona o escritor e xornalista Xosé María Barreiro

28 de xuño de 1922. Nós publica o manifesto ¡Mais alá!, asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro

28 de xuño de 1936. Apróbase en referendo o Estatuto de Galicia

28 de xuño de 1942. A Irmandade Galega de Bos Aires saca á rúa o primeiro número de A Nosa Terra

28 de xuño de 1949. A investigadora e crítica Blanca-Ana Roig nace en Porto do Son

28 de xuño de 2010. Fina en Madrid, aos 92 anos, a escritora Maruja Pino Piñeiro

29 de xuño

29 de xuño de 1876. Fina Xoán Manuel Pintos, un dos precursores do Rexurdimento e autor de A Gaita Gallega. Tiña 64 anos

29 de xuño de 1899. O escritor, xornalista e médico Manuel Lois Vázquez fina no seu Maside natal aos 31 anos

29 de xuño de 1933. Fina en Ourense Luís Madriñán Megid, avogado, xornalista, escritor e editor

30 de xuño

30 de xuño de 1839. Nace en Tui o escritor e militar Leandro de Saralegui Medina

30 de xuño de 1951. Xosé Antonio Ventoso Mariño, escritor e político, nace en Ribeira

30 de xuño de 1976. A ensaísta e filóloga Inmaculada Otero Varela nace en Carral

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati