Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

 

1 de xullo

1 de xullo de 1843. Nace en Astorga o escritor, historiador e sacerdote Marcelo Macías

1 de xullo de 1872. Aparece o primeiro número de El Diario de Santiago, dirixido por Manuel Bibiano Fernández e Alfredo Vicenti

1 de xullo de 1900. El Porvenir de Monforte inicia a súa publicación, dirixido por Ramón Álvarez García

1 de xullo de 1903. Fina en Pontevedra o escritor e xornalista Jesús Muruais. Tiña 50 anos

1 de xullo de 1919. Aos 50 anos falece o mestre e pedagogo Vicente Fraiz Andión, promotor do monumento a Rosalía de Castro en Compostela

1 de xullo de 1920. Na Habana fina o escritor urticariense Ramón Armada Teixeiro. Tiña 61 anos

1 de xullo de 1940. Nace en Compostela o escritor e editor Manuel Losa

1 de xullo de 1942. Fina en Foz, aos 56 anos, o investigador e mestre Ramón Salgado Toimil

1 de xullo de 1955. Nace en Oleiros Carlos Paulo Martínez Pereiro, escritor e investigador

2 de xullo

2 de xullo de 1861 - Celébranse na Coruña os I Xogos Florais, concurso poético que acabaría sendo un dos xermes do Rexurdimento literario galego

2 de xullo de 1865. Nace en Compostela o escritor e xornalista Manuel Novoa Costoya

2 de xullo de 1901. O escritor Álvaro das Casas nace en Ourense

2 de xullo de 1910. Flece en Marrocos, aos 35 anos, o escritor e diplomático tudense Camilo Bargiela Pando

2 de xullo de 1960. Nace en Aranga o escritor Antonio Tizón

3 de xullo

3 de xullo de 1848. Nace en Ribadeo o escritor e xornalista Antonio Rodríguez del Busto

3 de xullo de 1860. Adolfo Mosquera, avogado, xornalista e escritor, nace en Caldas de Reis

3 de xullo de 1896. O escritor e sacerdote Xosé Crecente Vega nace en Castro de Rei

3 de xullo de 1945. A escritora Heidi Kühn-Bode nace en Alemaña

3 de xullo de 1946. Carlos Barros, historiador, nace en Vigo

3 de xullo de 1961. Xosé Ricardo Losada, profesor e escritor, nace en Rianxo

3 de xullo de 1969. O padronés Ramón Rey Baltar, médico, escritor e xornalista, falece aos 87 anos en Arxentina

3 de xullo de 1969. Falece na Coruña o óptico, xornalista e escritor compostelán Xavier Pardo. Tiña 62 anos

3 de xullo de 2012. Falece en Vigo a escritora Kristina Berg. Tiña 64 anos

3 de xullo de 2017. Falece na Pobra do Caramiñal o escritor Carlos Mosteiro. Tiña 62 anos

4 de xullo

4 de xullo de 1927. Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey inician a súa peregrinaxe dende Ourense ata Santo André de Teixido

4 de xullo de 1925. Publícase O lobo da xente, de Vicente Risco, na revista Lar

4 de xullo de 1941. Nace en Vilagarcía de Arousa o escritor e científico Francisco Díaz-Fierros

4 de xullo de 1961. Miguel Sande, escritor e xornalista, nace en Arteixo

4 de xullo de 2002. Fina en Pontevedra o poeta e xornalista Emilio Álvarez Negreira. Tiña 75 anos

4 de xullo de 2014. Celso Collazo Lema fina aos 93 anos en Guadalix de la Sierra

5 de xullo

5 de xullo de 1885. Sae na Habana o primeiro número de A Gaita Gallega, fundada por Manuel Lugrís Freire e Ramón Armada Teixeiro

5 de xullo de 1885. Sae na Habana o primeiro número de A Gaita Gallega, fundada por Manuel Lugrís Freire e Ramón Armada Teixeiro (10)

5 de xullo de 1910. Nace en Ourense o ensaísta Alberto Vilanova Rodríguez

5 de xullo de 1939. Falece na Arxentina o xurista e escritor salvaterrense Rogelio Estévez Cambra. Tiña 65 anos

5 de xullo de 1940. Nace en Narón Álvaro Porto Dapena, escritor, filólogo e profesor

5 de xullo de 1953. En Santa Cruz de Tenerife nace o ensaísta e politicólogo Ramón Máiz

5 de xullo de 1961. Aparece publicado por Galaxia o poemario Nimbos, de Xosé María Díaz Castro

5 de xullo de 1976. Nace en Compostela a poeta e ensaísta María do Cebreiro

5 de xullo de 1979. Aos 84 anos fina na Coruña o escritor Antonio Santiago Álvarez

6 de xullo
6 de xullo de 1882. Edítase en Mondoñedo o primeiro número de El Hermandino, dirixido por Pedro Rodríguez Gómez

6 de xullo de 1886. Nace en Ferrol Juan Carlos Alonso Pita, caricaturista, pintor e xornalista

6 de xullo de 1920. O sacerdote e xornalista Vicente Carnota Pérez fina aos 64 anos en Compostela

6 de xullo de 1928. Nós publica a novela O porco de pé, de Vicente Risco

6 de xullo de 1950. O escritor Xosé María Álvarez Cáccamo nace en Vigo

6 de xullo de 1964. Nace na Estrada a escritora e filóloga Goretti Sanmartín Rei

6 de xullo de 1969. O ensaísta Xaime Subiela nace en Chantada

6 de xullo de 1974. A poeta Estíbaliz Espinosa nace na Coruña

6 de xullo de 1981. Nace en Moaña o poeta Xosé Daniel Costas

6 de xullo de 2005. O libreiro Antón Patiño Regueira fina en Vigo aos 85 anos

7 de xullo
7 de xullo de 1908. Nace en Viveiro o escritor e crego Enrique Chao Espina

7 de xullo de 1908. Nace en Viveiro o escritor e crego Enrique Chao Espina

7 de xullo de 1932. O poeta Manuel Álvarez Torneiro nace na Coruña

7 de xullo de 1938. Nace en Vigo o escritor e arquitecto Xaime Garrido Rodríguez

7 de xullo de 1941. José Antonio Gurriarán, escritor e xornalista, nace no Barco de Valdeorras

7 de xullo de 1948. Fina aos 86 anos o castroverdense Higinio Fernández de la Vega, escritor e notario

7 de xullo de 1954. Nace en Barcelona Joaquim Ventura, escritor e galego e en catalán

7 de xullo de 1958. O lingüista Xosé Luís Regueira nace en Vilalba

7 de xullo de 1966. Fina en Compostela o escritor e sociólgo Victoriano García Martí. Tiña 87 anos

8 de xullo
8 de xullo de 1902. Falece en Vigo o militar, xornalista e escritor tudense Justo Areal Barros. Tiña 40 anos

8 de xullo de 1909. Nace en Redondela o frade e escritor José Santiago Crespo Pozo

8 de xullo de 1953. Antón Grande, escritor e xornalista, nace en Lugo

8 de xullo de 1955. Con 79 anos falece na Coruña o mestre, pedagogo e escritor ferrolán Luciano Seoane Seoane

8 de xullo de 1961. O vilagarcián Vicente Gómez Paratcha, xornalista e un dos fundadores das Irmandade da Fala, falece en Arxentina. Tiña 68 anos

8 de xullo de 1981. O poeta Xosé Daniel Costas nace en Moaña

8 de xullo de 1982. A escritora e tradutora Alva Martínez Teixeiro nace na Coruña

8 de xullo de 1983. Créase o Consello da Cultura Galega

8 de xullo de 1983. O tradutor, escritor e editor Alejandro Tobar nace en Lugo

8 de xullo de 1996. Aos 94 falece na Coruña o médico, xornalista e escritor Eduardo Pérez Hervada

9 de xullo
9 de xullo de 1854. Fina na Coruña o escritor e xornalista Antonio Neira de Mosquera. Tiña 31 anos

9 de xullo de 1854. Morre na Coruña o escritor Antonio Neira de Mosquera

9 de xullo de 1894. Xosé María Chao Ledo, poeta e sacerdote vilalbés, falece aos 49 anos na súa vila natal

9 de xullo de 1895. Nace en Ouselle (Becerreá) o escritor e político Fuco Gómez

9 de xullo de 1934. Aos 29 anos falece en Negreira o escritor e avogado Xulián Magariños

9 de xullo de 1950. Nace en Lugo a historiadora María Dolores Vila Jato

9 de xullo de 1961. Galaxia publica o poemario Nimbos, de Xosé María Díaz Castro

9 de xullo de 1963. Fina en Pontevedra o mestre, pedagogo e poeta rianxeiro Roxelio Pérez González

9 de xullo de 1978. O escritor e tradutor Isaac Xubín nace na Coruña

10 de xullo

10 de xullo de 1857. Fina na Coruña José Puente Brañas, escritor e xornalista. Tiña 32 anos

10 de xullo de 1879. Xulio Sesto, escritor e xornalista, nace no Rosal

10 de xullo de 1890. Con 22 anos falece en Pontevedra Albino Simán Pintos, escritor e xornalista

10 de xullo de 1890. Nace en Viveiro Ramón Vilar Ponte

10 de xullo de 1916. Raimundo García Domínguez, máis coñecido como Borobó, nace en Pontecesures

10 de xullo de 1930. Constitúese en Ourense a Asociación de Escritores Gallegos, con Otero Pedrayo como primeiro presidente

10 de xullo de 1969. O escritor Antonio Manuel Chaves Cuiñas nace en Cambados

11 de xullo
11 de xullo de 1854. Nace nas Somozas o xornalista e teólogo Antonio Toledo Quintela

11 de xullo de 1889. No Vicedo nace o escritor e mestre Modesto Grandío Parapar

11 de xullo de 1926. Fina en Bos Aires o lalinense Manuel González Iglesias, escritor e xornalista

11 de xullo de 1926. Fina en Bos Aires o lalinense Manuel González Iglesias, escritor e xornalista (2)

12 de xullo
12 de xullo de 1824. Nace na Coruña o escritor e xornalista José Puente Brañas

12 de xullo de 1882. Sae á rúa o primeiro número da revista Liceo Brigantino, editada na Coruña

12 de xullo de 1900. Nace en Rianxo Manuel Antonio

12 de xullo de 1906. Fina en Madrid, aos 64 anos, Pascual Veiga

12 de xullo de 1917. Preséntase no teatro Rosalía de Castro da Coruña o coro galego Cántigas da Terra, coa representación dunha obra de Labarta Pose

12 de xullo de 1930. Nós publica a novela Arredor de sí foi de Ramón Otero Pedrayo

12 de xullo de 1948. Fina en Pontevedra o xornalista Francisco Portela Pérez. Tiña 84 anos

12 de xullo de 1952. A filóloga Rosario Álvarez Blanco nace en Pontevedra

12 de xullo de 1958. O dramaturgo Adolfo Torrado Estrada fina aos 54 anos en Madrid

12 de xullo de 1962. Nace en Guntín o escritor e xornalista Xavier Lama

12 de xullo de 1997. Aos 87 anos morre Francisco Leal Insua, escritor e xornalista

12 de xullo de 2016. Fina en Vigo Agustín Fernández Paz. Tiña 69 anos

13 de xullo
13 de xullo de 1884. Aparece en Pontevedra o primeiro numero de El Chismo, periódico semanal de carácter crítico e literario

13 de xullo de 1924. Xosé Luís García Mato, escritor e mestre, nace en Vilalba

13 de xullo de 1938. O poeta e xornalista Ricardo Barros Pintos fina en Pontevedra. Tiña 72 anos

13 de xullo de 1975. Na Coruña falece o dramaturgo, avogado e político lucense Manuel María González López

13 de xullo de 1988. Nace en Salceda de Caselas o escritor e político Brais González Pérez

14 de xullo
14 de xullo de 1820. O militar, historiador e xornalista José Ferrer de Couto nace en Ferrol

14 de xullo de 1889. Nace en Ferrol Camilo Díaz Baliño

14 de xullo de 1891. O historiador Francisco Javier Sánchez Cantón nace en Pontevedra

14 de xullo de 1900. Fina na Coruña o naturalista e investigador Víctor López Seoane. Tiña 67 anos

14 de xullo de 1932. Nós publica a obra Contos do camiño e da rúa, de Ramón Otero Pedrayo

14 de xullo de 1937. Nace en Ourense o pintor, escultor e escritor Xaime Quessada

14 de xullo de 1974. O escritor Iván García Campos nace na Coruña

14 de xullo de 1977. Nace en Lugo o poeta Luís Valle

15 de xullo
15 de xullo de 1885. Rosalía de Castro falece na casa da Matanza de Padrón. Tiña 52 anos

15 de xullo de 1920. Diego Pazos García, xurista e historiador, falece en Sarria aos 62 anos

15 de xullo de 1927. O poeta e xornalista Pío Lino Cuíñas morre aos 77 anos en Vigo

15 de xullo de 1928. Nace en Maside o escritor Víctor Campio Pereira

15 de xullo de 1957. Nace na Coruña a escritora Luís Villalta

15 de xullo de 1976. Nace no Porriño o xornalista e escritor Diego Giráldez

16 de xullo
16 de xullo de 1879. Nace en Mondoñedo o escritor e xornalista Eduardo Lence-Santar Guitián

16 de xullo de 1931. A editorial Nós publica a obra 3 conversas, de Álvaro de las Casas

16 de xullo de 1931. Nace in Imo (Dodro) o escritor Avelino Abuín de Tembra

16 de xullo de 1941. O historiador Xusto Beramendi nace en Madrid

16 de xullo de 1958. Miguelanxo Prado nace na Coruña

16 de xullo de 1963. O escritor, tradutor e cineasta Antón Dobao nace en Lugo

17 de xullo
17 de xullo de 1910. Aparece en Rianxo o primeiro número de El Barbero Municipal

17 de xullo de 1914.Víctor Said Armesto fina en Madrid aos 42 anos

17 de xullo de 1935. Nace en Tei (Vigo) Salvador García-Bodaño

17 de xullo de 1958. Nace na Coruña o escritor Manuel Miragaia

17 de xullo de 1967. O escritor, tradutor e xornalista Plácido Castro fina en Cambados. Tiña 62 anos

17 de xullo de 1969. O escritor Toni García Arias nace en Laraxe (Cabanas)

18 de xullo
18 de xullo de 1925. A novela Buserana, de Gonzalo López Abente, publícase co número 11 en Lar

18 de xullo de 1904. Manuel Meilán nace en Lugo

18 de xullo de 1950. Nace na Pastoriza o escritor, tradutor e político Primitivo Iglesias

18 de xullo de 1967. Fina en Mondariz Alejo Carrera Muñoz, xornalista e dinamizador cultural. Tiña 74 anos

18 de xullo de 1997. O poeta Fiz Vergara Vilariño fina aos 44 anos en Samos

18 de xullo de 2000. Morre en Suíza José Ángel Valente. Tiña 71 anos

19 de xullo
19 de xullo de 1857. Fina en Compostela, aos 60 anos, o filólogo Francisco Javier Rodríguez Gil

19 de xullo de 1876. Nace en Mourazos (Verín) o filósofo e poeta Eloy Luís André

19 de xullo de 1890. Nace en Mondoñedo o tipógrafo e xornalista Amador Víctor González

19 de xullo de 1968. A filóloga e crítica literaria Chus Nogueira nace na Estrada

19 de xullo de 1976. Nace en Ares o ilustrador Antonio Seijas

19 de xullo de 1979. Créase a Fundación Otero Pedrayo

19 de xullo de 1989. Fina en Ourense Xaquín Lorenzo 'Xocas'

20 de xullo
20 de xullo de 1913. Nace en Baños de Molgas o escritor e profesor Samuel Gómez González

20 de xullo de 1927. Constantino García, lingüista, escritor e un dos fundadores do ILGA e do CIRP, nace en Oviedo

20 de xullo de 1992. O poeta e historiador Manuel Fabeiro fina en Noia. Tiña 75 anos

20 de xullo de 2003. Aos 88 fina en Porto do Son Carlos García Bayón, mestre, escritor e xornalista

21 de xullo
21 de xullo de 1922. Nace en Ribadeo a poeta Luz Pozo Garza

21 de xullo de 2016. Fina en Combarro (Poio) o escritor e mestre estradense Segundo Ventín Cerviño

22 de xullo
22 de xullo de 1779. Nace en Compostela o escritor e xornalista Antonio Benito Fandiño

22 de xullo de 1860. Nace en Lugo Manuel Castro López, escritor e xornalista

22 de xullo de 1863. Nace na aldea de Baio, Zas, Enrique Labarta Pose

22 de xullo de 1945. Comeza a actividade do Partido Galeguista no interior cunha xuntanza en Coruxo

22 de xullo de 1968. Nace na Coruña a escritora e investigadora Mercedes Queixas Zas

22 de xullo de 2007. Falece en Compostela, aos 87 anos, o escritor e relixioso Miguel Anxo Araúxo Iglesias

22 de xullo de 2017. Falece en Lugo Nicandro Ares Vázquez, sacerdote e filólogo. Tiña 91 anos

23 de xullo
23 de xullo de 1935. O escritor Teodoro Morgade falece na Coruña. Tiña 20 anos

23 de xullo de 1962. Nace en Pontevedra o politólogo Álvaro Xosé López Mira

23 de xullo de 1963. Morre en Muxía o escritor Gonzalo López Abente. Tiña 85 anos

23 de xullo de 1971. Nace en Lugo a tradutora Fe González Fernández

23 de xullo de 1977. O etnógrafo Laureano Prieto Rodríguez fina aos 69 anos en Ourense

24 de xullo
24 de xullo de 1864. Nace en San Clodio Eladio Rodríguez, escritor e un dos fundadores da RAG

24 de xullo de 1879. Nace en Pontevedra o poeta Juán Bautista Andrade

24 de xullo de 1966. Nace en Ramirás o poeta Xoán Carlos Domínguez Alberte

24 de xullo de 1967. Morre en Outeiro de Rei o escritor e político Lois Peña Novo

24 de xullo de 1985. A TVG comeza a súa emisión

24 de xullo de 2018. Fina en Ourense o poeta masidao Víctor Campio Pereira. Tiña 90 anos

25 de xullo
25 de xullo de 1948. Castelao pronuncia o discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires

25 de xullo de 1950. Fúndase en Compostela a editorial Galaxia

25 de xullo de 1958. Morre Miguel López Torre, libreiro e escritor

25 de xullo de 1958. Nace en Tomiño o escritor Manuel Forcadela

25 de xullo de 2006. Morre en Ourense Pura Vazquez

26 de xullo
26 de xullo de 1940. Nace na Coruña o dramaturgo Francisco Taxes

26 de xullo de 1975. Na Illa da Arousa nace o poeta Ramón Neto

27 de xullo

27 de xullo de 1850. Nace en Oza o xornalista, ensaísta, poeta e político Salvador Golpe

27 de xullo de 1884. Aparece El Orden, un semanario editado en Pontevedra

27 de xullo de 1921. En Ourense aparece o periódico La Zarpa, fundado polo crego e xornalista Basilio Álvarez

27 de xullo de 1934. Nace en Compostela o escritor Mario Franco

27 de xullo de 1946. O poeta e crego Daniel Pernas Nieto fina aos 61 anos en Mondoñedo

27 de xullo de 1955. Nace en Ourense Perfecto Estévez, pintor, cartelista e escenógrafo. Tiña 54 anos

27 de xullo de 1993. Aos 47 anos falece o filólogo Manuel Taboada Cid

28 de xullo
28 de xullo de 1850. Renato Ulloa, escritor e xornalista, nace en Pontevedra

28 de xullo de 1859. Nace en Lugo o escritor e membro da RAG Xesús Rodríguez López

28 de xullo de 1859. Nace en Lugo o escritor e membro da RAG Xesús Rodríguez López (3)

28 de xullo de 1859. Nace en Lugo o escritor e membro da RAG Xesús Rodríguez López (4)

28 de xullo de 1859. Nace en Lugo o escritor e membro da RAG Xesús Rodríguez López (5)

28 de xullo de 1880. Empeza a se publicar en La Ilustración Gallega y Asturiana a novela de Marcial Valladares Magina ou a filla espúrea, considerada a primeira novela en galego

28 de xullo de 1929. O poeta ribadense José Alonso de Trelles, El Viejo Pancho, falece en Montevideo aos 67 anos

28 de xullo de 1944. O empresario editorial Afonso Ribas Fraga nace en Cutián (Cotobade)

28 de xullo de 1966. En Noia nace o escritor Amadeo Cobas

28 de xullo de 1994. Morre en Lisboa, aos 82 anos, Ernesto Guerra da Cal, filólogo e escritor

28 de xullo de 1996. O intelectual e político galeguista Manuel Beiras fina en Compostela. Tiña 92 anos

28 de xullo de 2018. Fina o poeta ramirao Lois Antón Pérez. Tiña 87 anos

29 de xullo
29 de xullo de 1858. Falece na Coruña o poeta Aurelio Aguirre

29 de xullo de 1961. O poeta Aquilino Iglesia Alvariño morre en Compostela

30 de xullo
30 de xullo de 1833. O escritor e investigador Xosé Pérez Ballesteros nace en Compostela

30 de xullo de 1960. Morre na Coruña o escritor e presidente da RAG Manuel Casás Fernández

31 de xullo
31 de xullo de 1878. O médico e poeta compostelán Eduardo Álvarez Pertierra fina en Compostela. Tiña 28 anos

31 de xullo de 1893. En Chantada nace Avelino Gómez Ledo, escritor, tradutor e sacerdote

31 de xullo de 1900. Nace na Coruña o xornalista e político Víctor Casas

31 de xullo de 1914. Nace en Mugardos o escritor Xosé Rubia Barcia

31 de xullo de 1941. Estanislao Fernández de la Cigoña, investigador, escritor e ecoloxista, nace en Vigo

31 de xullo de 1942. O médico, antropólogo, docente e académico Xosé Carro Otero nace en Compostela

31 de xullo de 1950. O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño nace en Santiago de Compostela

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati