Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

 

1 de marzo

1 de marzo de 1896. Fúndase en Compostela o diario El Eco de Santiago

1 de marzo de 1924. Aparece na Veiga o primeiro número do xornal Ecos Vegadenses

1 de marzo de 1924. Nace en Tomiño o escritor Eliseo Alonso Rodríguez

1 de marzo de 1926. Aparece en Compostela Terra, Revista quincenal ilustrada

1 de marzo de 1945. A escritora Chelo Suárez Muíños nace na Coruña

1 de marzo de 1959. Nace en Vilalba o ensaísta Antón Baamonde

1 de marzo de 1968. Ánxela Gracián nace en Castroverde

1 de marzo de 2015. Falece no Páramo o escritor Suso López Gaioso. Tiña 53 anos

2 de marzo

2 de marzo de 1856. Celébrase o Banquete de Conxo

2 de marzo de 1861. Falece en Madrid, aos 39 anos, o escritor e avogado Alberto Camino Sigüer

2 de marzo de 1880. Nace na Coruña a pedagoga María Barbeito

2 de marzo de 1907. O polígrafo e un dos membros fundadores da RAG Arturo Vázquez Núñez falece en Ourense aos 54 anos

2 de marzo de 1909. Nace na Estrada o dramaturgo Manuel Daniel Varela Buxán

2 de marzo de 1917. Nace en Sela (Arbo) o tradutor e poeta Evaristo González Fernández, máis coñecido como Evaristo de Sela

2 de marzo de 1964. A escritora An Alfaya nace en Vigo

2 de marzo de 1974. Isabel Mociño, crítica literaria e especialista en LIX, nace en Sarreaus

2 de marzo de 1979. Nace en Ferrol o escritor Mario Regueira

2 de marzo de 1985. Xosé María Álvarez Blázquez falece en Vigo. Tiña 70 anos

2 de marzo de 2009. O poeta e dinamizador cultural Avelino Abuín de Tembra falece en Compostela aos 78 anos

3 de marzo

3 de marzo de 1916. Nace en Huelva Marino Dónega, escritor e un dos fundadores da editorial Galaxia

3 de marzo de 1957. Nace na Coruña o escritor João Guisan Seixas

3 de marzo de 1958. Marcos Valcárcel, escritor e historiador, nace en Ourense

3 de marzo de 1964. Manuel Rei Romeu, escritor e crítico literario, nace na Estrada

4 de marzo

4 de marzo de 1880. Aparece na Coruña a publicación literaria Revista de Galicia, dirixida por Emilia Pardo Bazán

4 de marzo de 1888. Nace na Coruña o escritor e xornalista Eduardo Núñez Martínez

4 de marzo de 1909. Xosé María Castroviejo nace en Santiago de Compostela

4 de marzo de 1945. Francisca Herrera Garrido convértese na primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG

4 de marzo de 1945. Nace en Vilar de Barrio o crítico literario e profesor Francisco Martínez Bouzas

4 de marzo de 1962. Xela Arias, poeta e tradutora, nace en Vigo

5 de marzo

5 de marzo de 1888. Ramón Otero Pedrayo nace no número 25 da rúa da Paz de Ourense

5 de marzo de 1931. O escritor Antonio Alonso Fontán nace en Salvaterra de Miño

5 de marzo de 1946. Fermín Bouza Álvarez, escritor e sociólogo, nace en Compostela

5 de marzo de 1965. En Madrid fina o poeta e pintor Ánxel Johán. Tiña 63 anos

5 de marzo de 1968. O poeta Pedro Casteleiro nace en Ferrol

6 de marzo

6 de marzo de 1869. Nace na Coruña Francisca Herrera Garrido, escritora e primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG

6 de marzo de 1877. O escritor e avogado Ramón de Artaza Malvárez nace en Muros

6 de marzo de 1877. Prudencio Landín Tobío, avogado, político, xornalista e escritor, nace en Pontevedra

6 de marzo de 1905. Sae na Coruña o primeiro número da revista semanal Coruña moderna

6 de marzo de 1919. Benito Varela Jácome, estudoso e crítico literario galego, nace en Soutolongo (Lalín)

6 de marzo de 1924. O filólogo e lingüista José Luis Pensado nace en Negreira

6 de marzo de 1995. Fina o poeta Luis Almazán Lucas. Tiña 77 anos

6 de marzo de 2004. Fina na Coruña, aos 47 anos, a escritora e filóloga Luisa Villalta

6 de marzo de 2014. O notario e valedor das artes e da cultura galega Alberto Casal Rivas morre en Gondomar. Tiña 93 anos

7 de marzo

7 de marzo de 1805. Nace na Coruña a escritora Juana de Vega

7 de marzo de 1868. Aparece en Compostela o primeiro número do semanario El Eco de la Verdad, dirixido por Antonio López Ferreiro

7 de marzo de 1887. Fina en Lugo Ramón García Abad, escritor, xornalista e crego

7 de marzo de 1892. Xosé Otero Abelleira nace en Cereixo (A Estrada). Foi xornalista, impresor e libreiro

7 de marzo de 1908. Manuel Curros Enríquez fina na Habana. Tiña 56 anos

7 de marzo de 1953. Nace en Fonte (A Rúa de Valdeorras) a escritora e editora Sulma Arias

7 de marzo de 1970. Xosé Duncan nace en Taragoña (Rianxo)

7 de marzo de 2000. Aos 87 anos morre en Ourense o escritor Alfredo Cid Rumbao

8 de marzo

8 de marzo de 1835. Nace en Alongos (Toén) Juan Antonio Saco y Arce, escritor e autor da primeira Gramática da lingua galega

8 de marzo de 1878. Publícase na Habana o primeiro número de El Eco de Galicia (Revista semanal de ciencias, arte y literatura), dirixido por Waldo Álvarez Insua

8 de marzo de 1896. O intelectual galeguista Ramiro Isla Couto nace en Arnois (A Estrada)

8 de marzo de 1917. Falece na Coruña Eduardo Pondal. Tiña 82 anos

8 de marzo de 1925.Nace es Asadur (Maceda) o escritor, sacerdote e teólogo Francisco Carballo

8 de marzo de 1941. Aos 97 anos falece Marcelo Macías, investigador, sacerdote e profesor

8 de marzo de 1947. En Lugo nace o escritor e profesor Andrés Pociña

8 de marzo de 1948. Luís Álvarez Pousa, escritor e xornalista, nace en Vila de Rei (Trasmiras)

8 de marzo de 1950. O escritor Álvaro das Casas fina aos 48 anos en Barcelona

8 de marzo de 1955. O escritor e lingüista Manuel Ferreiro Fernández nace en Saavedra (Begonte)

8 de marzo de 1961. Nace en León o historiador Carlos Baliñas Pérez

9 de marzo

9 de marzo de 1695. Frei Martín Sarmiento nace en Vilafranca do Bierzo

9 de marzo de 1948. O historiador Ramón Yzquierdo Perrín nace en Compostela

9 de marzo de 2002. Carlos Casares falece en Nigrán aos 60 anos

10 de marzo

10 de marzo de 1944. Publícase en Bos Aires Sempre en Galiza

10 de marzo de 1963. Nace en Ourense o escritor, crítico teatral e xornalista Camilo Franco

11 de marzo

11 de marzo de 1860. Alberto García Ferreiro, escritor e xornalista, nace en Ourense

11 de marzo de 1869. O escritor e pensador Ángel Amor Ruibal nace en Barro

11 de marzo de 1942. O historiador, arqueólogo e crego Juan Domínguez Fontenla falece en Compostela. Tiña 72 anos

11 de marzo de 1945. O ensaísta e profesor Anxo Tarrío nace en Compostela

11 de marzo de 1967. Nace en Vigo Helena González Fernández, profesora, ensaísta e investigadora

11 de marzo de 1974. Fina aos 63 anos o lingüista e escritor Aníbal Otero Álvarez

12 de marzo

12 de marzo de 1842. Nace en Pontevedra o escritor e xornalista Roxelio Lois Estévez

12 de marzo de 1892. O arquitecto e escritor Constantino Candeira Pérez nace na Guarda

12 de marzo de 1927. Nace en Barreiros Juan Ramón Somoza, xornalista e escritor

12 de marzo de 1939. Xosé Moreiras Santiso, frade e escritor, nace en Rodeiro

12 de marzo de 1973. O poeta Ramiro Vidal Alvarinho nace en Ferrol

13 de marzo

13 de marzo de 1949. Nace en Lugo o profesor e tradutor Camilo Flores Varela

13 de marzo de 1966. Falece en Vigo o escritor compostelán Victoriano Taibo. Tiña 80 anos

13 de marzo de 1969. O escritor Beto Luaces nace en Montevideo

13 de marzo de 1977. Enrique Mauricio Iglesias, unha das partes do proxecto literario Polo correo do vento, nace en Pontevedra

13 de marzo de 2000. Falece o crego, escritor e etnólogo polense Nicanor Rielo Carballo. Tiña 67 anos

13 de marzo de 2003. Falece en Madrid o escritor e tradutor viveriense Lois Tobío Fernández. Tiña 96 anos

14 de marzo

14 de marzo de 1852. Nace na Coruña o escritor Galo Salinas

14 de marzo de 1912. Falece en Madrid Juan Fernández Latorre, fundador do xornal La Voz de Galicia. Tiña 61 anos

14 de marzo de 1938. Fina aos 84 anos o escritor e médico Félix Estrada Catoyra

14 de marzo de 1952. O dramaturgo Tino Rábade nace en Betanzos

14 de marzo de 1961. O escritor, historiador e arqueólogo Ángel del Castillo morre na Coruña aos 75 anos

15 de marzo

15 de marzo de 1851. Falece en Tui o escritor e profesor Pedro Miguel Caravelos Piñeiro. Tiña 70 anos

15 de marzo de 1883. Publícase en Ourense a revista mensual Galicia Literaria

15 de marzo de 1912. Aparece no xornal El Barcalés a primeira parte do Catecismo do labrego, de Valentín Lamas

15 de marzo de 1949. Nace en Zas Uxío Romero Pose, crego e escritor

15 de marzo de 1950. O sacerdote, ensaísta, mestre e dinamizador cultural Alfonso Blanco Torrado nace en Montevideo

15 de marzo de 1965. Nace na Coruña a escritora Begoña Paz

15 de marzo de 1996. Fina aos 91 anos, en Ourense, o escritor, editor e mestre Armando Fernández Mazas

16 de marzo

16 de marzo de 1887. Nace en Oza Xosé Lesta Meis, escritor e xornalista

16 de marzo de 1897. Carlos Maside nace en Pontecesures

16 de marzo de 1927. Publícase no obradoiro do xornal El Eco de Santiago A fiestra valdeira, de Rafael Dieste

16 de marzo de 1933. Fina en Compostela Manuel Ortiz Novo,escritor, mestre e xornalista. Tiña 42 anos

16 de marzo de 1945. O dramaturgo e escritor Euloxio R. Ruibal nace en Ordes

16 de marzo de 1973. O escritor e médico Francisco Cabo Pastor falece aos 100 anos en Ferrol

16 de marzo de 1976. O poeta Xosé Antón Cascudo nace en Guitiriz

16 de marzo de 2013. O lingüista César Oro García fina en Washington. Tiña 88 anos

17 de marzo

17 de marzo de 1779. Nace o impresor Manuel María de Vila

17 de marzo de 1895. Aparece na Coruña Revista Gallega, Semanario de literatura é intereses regionales, dirixido por Galo Salinas

18 de marzo.

18 de marzo de 1702. Nace en Compostela o escritor e crego Diego Antonio Cernadas de Castro, máis coñecido como O cura de Fruíme

18 de marzo de 1817. Nace en Maceda o escritor e tradutor José García Mosquera

18 de marzo de 1891. Roberto Blanco Torres nace en Cuntis

18 de marzo de 1906. Maximino Castiñeiras García, o poeta da Maía, nace en Ames

18 de marzo de 1921. Fina na Coruña, aos 64 anos, o escritor, xornalista e médico José Rodríguez Martínez

18 de marzo de 1925. O poeta e eclesiástico Manuel Lago González morre en Compostela aos 59 anos. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas

19 de marzo.

19 de marzo de 1817. Nace en Vigo o poeta e xornalista José María Posada Pereira, un dos fundadores de El Faro de Vigo

19 de marzo de 1823. O escritor Antonio Neira de Mosquera nace en Compostela

20 de marzo.

20 de marzo de 1864. Nace en Noia o escritor e sacerdote Eladio Oviedo Arce

20 de marzo de 1865. O escritor e xornalista Eduardo Núñez Sarmiento nace en Rois

20 de marzo de 1910. Antonio López Ferreiro fina en Vedra aos 72 anos

20 de marzo de 1912. Ramón García Briones, escritor, xornalista e economista, nace en Vilagarcía de Arousa

20 de marzo de 1956. O escritor Francisco Sobral nace en Redondela

20 de marzo de 1969. O poeta Alfredo Ferreiro nace na Coruña

21 de marzo.

21 de marzo de 1830. Nace na Pobra de Seabra o dramaturgo Emilio Álvarez Giménez

21 de marzo de 1948. Xosé Crecente Vega falece en Segovia. Tiña 51 anos

21 de marzo de 1957. A filóloga Manuela Álvarez Lozano nace en Carballo

21 de marzo de 1957. Fina en Vigo, aos 82 anos, o poeta e mestre José Rey González

21 de marzo de 1965. Nace en Cee o escritor Miro Villar

21 de marzo de 1970. O dramaturgo Rubén Ruibal nace en Ribadeo

22 de marzo.

22 de marzo de 1863. Fina en Madrid o escritor, xornalista e político Nicomedes Pastor Díaz. Tiña 51 anos

22 de marzo de 1932. O escritor e sacerdote Nicanor Rielo Carballo nace en Pol

22 de marzo de 1958. Nace en Ponferrada Valentín González Carrera, escritor e xornalista

22 de marzo de 1976. O poeta Xosé Antón Laxe nace en Ourense

23 de marzo.

23 de marzo de 1891. Nace na Rúa Pedro Tertuliano Hervella Nieto, escritor e xornalista

23 de marzo de 1907. O historiador e xenealoxista Eduardo Seijas nace en Chantada

23 de marzo de 1929. A Nós publica Cancioeiro das ribeiras do Tea, de Fermín Bouza Brey e Luís Brey Bouza

23 de marzo de 1983. Xosé María Castroviejo, escritor e xornalista, fina aos 74 anos en Tirán (Moaña)

23 de marzo de 1992. Aos 56 anos falece na Coruña o poeta Antón Avilés de Taramancos

24 de marzo.

24 de marzo de 1878. Gonzalo López Abente nace en Muxía

24 de marzo de 1911. O escritor e médico Álvaro Paradela nace na Coruña

24 de marzo de 1917. Aos 56 anos fina o escritor lucense Xesús Rodríguez López

24 de marzo de 1947. En Belesar (Vilalba) nace o escritor, sacerdote e mestre Felix Villares

24 de marzo de 1950. Ángel Basanta, escritor e crítico literario, nace en Crecente (A Pastoriza)

24 de marzo de 1959. O escritor, historiador e investigador Carlos Pereira Martínez nace en Montevideo (Uruguai)

24 de marzo de 1983. Falece en Nova York Lino Novás Calvo, escritor nado nado nas Grañas do Sor (Mañón)

25 de marzo.

25 de marzo de 1990. Ricardo Carvalho Calero falece en Santiago de Compostela. Tiña 79 anos

26 de marzo.

26 de marzo de 1850. O tudense Leopoldo Martínez Padín, historiador, xornalista e poeta, fina en Madrid aos 26 anos

26 de marzo de 1892. Nace en Ribadeo o xornalista e escritor Francisco Lanza

26 de marzo de 1916. Nace na Estrada o médico e escritor Manuel Reimóndez Portela

26 de marzo de 1958. O escritor e político Xabier González nace en Ourense

27 de marzo.

27 de marzo de 1897. Falece en Pantón o editor e escritor Manuel Soto Freire (2)

27 de marzo de 1897. Falece en Pantón o editor e escritor Manuel Soto Freire (3)

27 de marzo de 1897. Falece en Pantón, aos 71 anos, o editor e escritor Manuel Soto Freire

27 de marzo de 1928. Nós publica o libro de poemas De catro a catro. Follas sin data d’un diario d’abordo escrito por Manuel Antonio

27 de marzo de 1947. Fina en Viveiro o poeta e xornalista Antonio Noriega Varela. Tiña 77 anos

27 de marzo de 1959. Ramón Villarino de Sáa, escritor, xornalista e xurista, falece aos 69 anos en Ourense

28 de marzo.

28 de marzo de 1953. Nace en Monterroso Fernando Salgado García, escritor, xornalista e político

28 de marzo de 1953. Nace en Monterroso Fernando Salgado García, escritor, xornalista e político

28 de marzo de 1953. Nace en Monterroso Fernando Salgado García, escritor, xornalista e político (2)

28 de marzo de 1953. Nace en Monterroso Fernando Salgado García, escritor, xornalista e político (3)

28 de marzo de 1953. Nace en Monterroso Fernando Salgado García, escritor, xornalista e político (4)

28 de marzo de 1963. Fina en Madrid o escritor Antonio Valcárcel López de Lemos. Tiña 75 anos

28 de marzo de 1966. En Lalín falece Ramón María Aller, astrónomo, matemático e sacerdote

28 de marzo de 1970. Nace en Friol o escritor Xerardo Quintiá

29 de marzo.

29 de marzo de 1904. Nace en Pontevedra o poeta e mestre Xoán Vidal Martínez

29 de marzo de 1928. A editorial Nós publica a novela Os señores da Terra, de Ramón Otero Pedrayo

29 de marzo de 1946. Nace en Verín o lingüista Manuel Taboada Cid

29 de marzo de 1985. Comeza a emisión regular da Radio Galega

30 de marzo.

30 de marzo de 1777. Fina en Lousame o escritor e crego Diego Antonio Cernadas de Castro, máis coñecido como O cura de Fruíme. Tiña 75 anos

30 de marzo de 1861. Fúndase en Compostela o xornal El Eco de Galicia, dirixido por Antonio Neira de Mosquera

30 de marzo de 1871. Nace na Coruña Manuel Banet Fontenla, escritor, avogado e un dos fundadores da RAG

30 de marzo de 1891. Dirixido por Alfredo Brañas, aparece en Compostela o periódico La Patria Gallega

30 de marzo de 1896. Nace en Ponteareas o ilustrador e xornalista Ignacio Vidales Tomé

30 de marzo de 1933. Nace en San Amaro o escritor e político Bautista Álvarez

30 de marzo de 2017. Fina en Razo (Carballo), mentres traballaba como percebeiro, o poeta Paco Souto. Tiña 54 anos

31 de marzo.

31 de marzo de 1848. Nace no Entrimo o escritor e político Benito Fernández Alonso

31 de marzo de 1901. Fermín Bouza-Brey nace en Ponteareas

31 de marzo de 1918. A escritora Pura Vázquez nace en Ourense

31 de marzo de 1928. Fina na Coruña o escritor e avogado Evaristo Martelo Paumán. Tiña 74 anos

31 de marzo de 1935. Nace en Ferrol o escritor Juan Farias

31 de marzo de 1949. O escritor e sociólgo Nacho Taibo nace en Madrid

31 de marzo de 1983. O poeta David Souto nace en Vilagarcía de Arousa

31 de marzo de 2019. Falece o xornalista e escritor valdeorrés José Antonio Gurriarán. Tiña 80 anos

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati