Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

 

1 de maio

1 de maio de 1800. Sae a rúa o primeiro número do xornal “El Catón compostelano”, considerado o primeiro xornal galego.

1 de maio de 1842. Nace en Santiago de Compotela o escritor Manuel Ángel Corzo

1 de maio de 1904. O escritor e xornalista Felipe Fernández Armesto, coñecido tamén como Augusto Assía, nado na Mezquita

1 de maio de 1947. A escritora Marilar Aleixandre nace en Madrid

1 de maio de 1971. O poeta Suso Díaz nace en Lobios

1 de maio de 1981. Fina en Madrid o pontevedrés Ramón Barreiro, escritor, fotógrafo e cineasta. Tiña 72 anos

2 de maio

2 de maio de 1857. Aparece publicado o primeiro número do periódico literario El Iris de Galicia, dirixido por José Puente Brañas

2 de maio de 1873. Fúndase en Vigo o periódico La Concordia

2 de maio de 1901. No número 9 da rúa do Progreso de Pontevedra nace Luís Amado Carballo

2 de maio de 1965. Nace en Lugo o escritor Miguel-Anxo Murado

2 de maio de 1988. Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey, fina en Madrid aos 92 anos

2 de maio de 1995. David Fojo Salgueiro, xornalista, impresor e libreiro, falece en Ortigueira. Tiña 77 anos

2 de maio de 1995. Fina en Pontevedra, aos 58 anos, o poeta Xosé Cribeiro

3 de maio

3 de maio de 1904. Nace en Alacant o escritor e político Arturo Cuadrado

3 de maio de 1904. O escritor e xornalista José Barral Campos fina en Vigo

3 de maio de 1906. Nace en Valga Carmen Sierra, historiadora e primeira muller socia do Seminario de Estudios Galegos

3 de maio de 1908. Morre en Compostela o filólogo e escritor Manuel Rodríguez Rodríguez

3 de maio de 1941. Aos 70 anos fina en Compostela Manuel Vidal Rodríguez, sacerdote, docente, escritor e investigador

3 de maio de 1976. Salustiano Portela Pazos, clérigo e historiador, falece en Compostela. Tiña 98 anos

3 de maio de 1978. A escritora Inma López Silva nace en Compostela

3 de maio de 1980. Constitúese en Compostela a Asociación de Escritores en Lingua Galega

3 de maio de 1989. Fina en Compostela Casimiro Torres Rodríguez, estudoso da Historia antiga e da Alta Idade Media de Galicia. Tiña 88 anos

4 de maio

4 de maio de 1839. O xornalista e avogado Juan Manuel Paz Novoa nace en Ourense

4 de maio de 1849. Nace en Compostela a poeta Narcisa Pérez Reoyo

4 de maio de 1861. Juan Armada Losada, escritor, xornalista e político, nace en Madrid

4 de maio de 1938. En Bermés (Lalín) nace Armando Vázquez Crespo, escritor e xornalista

4 de maio de 1940. O lingüista e investigador Gerardo Sacau Rodríguez nace en Arbo

4 de maio de 1953. A profesora e etnógrafa Marcedes Bas nace en Vigo

4 de maio de 1955. Fina en Vigo o xornalista Fabriciano Fernández Serra. Tiña 61 anos

4 de maio de 1986. Isidro Parga Pondal falece na Coruña aos 85 anos

5 de maio

5 de maio de 1943. A poeta Ánxeles Penas nace en Curtis

5 de maio de 1960. Asasinan en México ao escritor e político José Almoina. Tiña 57 anos

5 de maio de 1960. Fina en México o escritor e xornalista Xulio Sesto. Tiña 80 anos

5 de maio de 1963. Constitúese a Fundación Penzol en Vigo

5 de maio de 1968. Fina en Ourense, aos 72 anos, o escritor Luís Madriñán Neira.

5 de maio de 1971. A poeta Elvira Ribeiro Tobío nace en Pontevedra

5 de maio de 1992. Maximino Castiñeiras García, o poeta da Maía, fina aos 86 anos en Ames

5 de maio de 2008. O socólogo Xan Bouzada falece en Vigo. Tiña 57 anos

6 de maio

6 de maio de 1612. O escritor e pintor Xosé Leyra Domínguez nace en Ferrol

6 de maio de 1837. O xurista, sociólogo e economista Joaquín Díaz de Rábago nace en Muros

6 de maio de 1892. Nace en Ourense o avogado e intelectual Arturo Noguerol

6 de maio de 1906. A actriz e especialista en Rosalía de Castro, Maruxa Villanueva, nace en Carballedo

6 de maio de 1919. Alexandre de Fisterra, editor, escritor, inventor, nace en Fisterra

6 de maio de 1931. A editorial Nós publica Vieiros, de Ricardo Carvalho Calero

6 de maio de 1943. O escritor, sociólogo e urbanista Daniel Pino Vicente nace en Tomiño

6 de maio de 1963. En Pontevedra nace o escritor Manuel Pérez Lourido

7 de maio

7 de maio de 1857. O poeta José María Alonso de Trelles, coñecido co alcume de El Viejo Pancho, nace en RIbadeo

7 de maio de 1861. Fina na Habana o escritor e xornalista Isidoro Araújo de Lira. Tiña 45 anos

7 de maio de 1891. En Betanzos nace Francisco Vales Villamarín, profesor e historiador

7 de maio de 1932. A editorial Nós publica o poemario O vento segrel, escrito por Augusto María Casas

7 de maio de 1940. O escritor e xornalista Francisco Fernández de la Cigoña nace en Vigo

7 de maio de 1947. O músico e escritor Benedicto García nace en Compostela

7 de maio de 1959. O escritor Javier Valle-Inclán Alsina nace en Pontevedra

7 de maio de 1979. Aos 71 anos falece o tradutor e lexicógrafo Fermín Fernández Armesto

8 de maio

8 de maio de 1922. Falece en Ourense o escritor e político Benito Fernández Alonso. Tiña 74 anos

8 de maio de 1923. En Montecubeiro (Castroverde) nace Manuel Sarille Lanceiro, escritor e político

8 de maio de 1924. Nace en Vigo Alfonso Zulueta de Haz

8 de maio de 1975. A escritora Eva Mejuto nace en Sanxenxo

8 de maio de 1976. O actor e autor teatral Diego Anido nace na Coruña

9 de maio

9 de maio de 1955. Fina en Compostela o escritor e mestre Antonio Couceiro Freijomil

9 de maio de 1961. Nace no Saviñao o escritor Xabier Quiroga

9 de maio de 1961. O lingüista e escritor Carlos Quiroga nace no Saviñao

9 de maio de 1983. Nace en Lugo a poeta Cristina Ferreiro Real

9 de maio de 1986. Ánxel Fole fina en Lugo

10 de maio

10 de maio de 1876. Nace en Leiro o escritor e sacerdote Samuel Eiján

10 de maio de 1885. Nace en Ferrol a revista Galicia. Cencias, literatura, artes, concibida como unha publicación monolingüe en galego

10 de maio de 1908. Aparece a revista Aires d’a Miña Terra, fundada en Buenos Aires por Manuel Novoa Costoya en homenaxe a Curros Enríquez

10 de maio de 1943. Nace en Miño Manuel Regueiro Tenreiro, profesor, escritor e político

10 de maio de 1947. Nace en Lalín a poeta Luz Pichel

10 de maio de 1978. Fina en Madrid, aos 79 anos, o historiador e farmacéutico Antonio Taboada Roca

10 de maio de 1995. Manuel Torres Martínez, pintor e escritor, morre en Marín. Tiña 93 anos

10 de maio de 2005. A escritora e mestra Aurora Vidal Martínez falece aos 94 anos en Pontevedra

10 de maio de 2006. Con 82 anos fina en Barcelona o escritor e xornalista Xavier Costa Clavell

11 de maio

11 de maio de 1904. Nace en Vigo o escritor e galeguista Moisés da Presa

11 de maio de 1916. Camilo José Cela nace na parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón

11 de maio de 1942. A historiadora da arte galega María Victoria Carballo-Calero nace en Ferrol

11 de maio de 1974. En Vilagarcía de Arousa nace a escritora Susana Sánchez Aríns

11 de maio de 1975. O ilustrador David Pintor nace na Coruña

11 de maio de 1977. O escritor Francisco Castiñeira nace na localidade suíza de Delémont

11 de maio de 1982. Fina na Coruña o escritor Salvador Mosteiro Pena. Tiña 86 anos

12 de maio

12 de maio de 1921. Fina en Madrid, aos 69 anos, Emilia Pardo Bazán

12 de maio de 1948. Nace en Vigo o escritor e político Jorge Parada Mejuto

12 de maio de 1950. Bernardo Máiz, ensaísta e historiador, nace en Ferrol

12 de maio de 1956. O politólogo Carlos Taibo nace en Madrid

13 de maio

13 de maio de 1875. Nace en Xinxo de Limia o escritor Alfredo Fernández, coñecido como Nan de Allariz

13 de maio de 1889. Ramón Fernández Mato, escritor, xornalista e político, nace en Boiro

13 de maio de 1906. Fina en Valladolid, aos 85 anos, o escritor e lingüista Xoán Cuveiro Piñol

13 de maio de 1910. O escritor e xornalista Eduardo Pardo Gómez fina na Coruña

13 de maio de 1923. Nace en Viveiro o poeta Carlos Oroza

13 de maio de 1925. Enrique Labarta Pose falece en Barcelonaa aos 61 anos

13 de maio de 1949. Nace en Pontecesures o escritor e tradutor Xavier Senín

13 de maio de 1957. Nace en Compostela a escritora Uxía Casal

13 de maio de 1985. Fina en Ourense o ensaísta Alberto Vilanova Rodríguez. Tiña 74 anos

14 de maio

14 de maio de 1875. José Pan de Soraluce, escritor, avogado e político, nace na Coruña

14 de maio de 1883. Nace na Laxe (O Valadouro) o escritor e sacerdote Celestino Cabarcos

14 de maio de 1914. Avelino Pousa Antelo, nace en Arzón (A Baña)

14 de maio de 1943. Aos 81 anos fina en Vilagarcía de Arousa o escritor e xornalista Lisardo Barreiro

14 de maio de 1950. O escritor e deseñador Adolfo Domínguez nace na Pobra de Trives

14 de maio de 1957. Na parroquia de Morgade (Xinzo de Limia) nace o pedagogo Xosé Manuel Cid

14 de maio de 1974. Fernando Osorio do Campo, escritor e político, falece na cidade da Coruña. Tiña 79 anos

14 de maio de 1987. Falece o escritor Florencio Delgado Gurriarán en Fair Oaks (California). Tiña 83 anos

14 de maio de 2008. Na Guarda falece, aos 59 anos, o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro

15 de maio

15 de maio de 1857. Sae na Coruña o primeiro número de Diario de La Coruña. Periódico literario, científico e industrial, dirixido entre outros por Benito Vicetto e Manuel Murguía

15 de maio de 1874. En Ferrol sae o primeiro número de Revista Galaica, dirixida por Benito Vicetto

15 de maio de 1888. Nace en San Pedro de Ancorados (A Estrada) o escritor e xornalista José María Sánchez Brea

15 de maio de 1921. Con 66 anos falece na Coruña o escritor Francisco Tettamancy

15 de maio de 1930. O Seminario de Estudos Galegos publica As cruces de pedra na Bretaña, de Castelao

15 de maio de 1941. José Antonio Durán, escritor e investigador, nace en Requejo de Sanabria

15 de maio de 1966. Celébrase en Ourense unha homenaxe de despedida a Celso Emilio Ferreiro, que acabará converténdose en todo un acto de desafío ao réxime franquista e de apoio da intelectualidade galega aos labregos de Castrelo de Miño

16 de maio

16 de maio de 1907. Falece en Bos Aires Ramón García Vicetto, xornalista e escritor. Tiña 76 anos

16 de maio de 1908. Sebastián González García-Paz, historiador e arqueólogo, nace en Pontevedra

16 de maio de 1909. O escritor e arqueólogo Manuel Chamoso Lamas nace na Habana

16 de maio de 1975. Nace en Vigo o poeta Carlos Penela

16 de maio de 2002. Con 90 anos morre en Valencia a poeta Matilde González Palau

16 de maio de 2015. María do Carme Kruckenberg falece en Vigo. Tiña 88 anos

17 de maio

17 de maio de 1833. Nace en Oseiro (Arteixo) Manuel Murguía

17 de maio de 1863. Na imprenta Juan Compañel de Vigo publícase Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro

17 de maio de 1963. Primeira celebración do Día das Letras Galegas

17 de maio de 1971. Ediciós do Castro publica O cabaliño de buxo, de Xosé Neira Vilas

17 de maio de 2001. Aparece o primeiro número da revista BD Banda

17 de maio de 2012. Sáe á rúa o primeiro número impreso de Sermos Galiza

18 de maio

18 de maio de 1916. Na Coruña acórdase a creación das Irmandades da Fala

18 de maio de 1938. Nace en Compostela o escritor, xornalista e piloto Xosé Antonio Silva do Porto

18 de maio de 1941. Francisco Pillado Mayor nace na Coruña

18 de maio de 1946. A lingüista e filóloga María do Carmo Ríos Panisse nace en Compostela

18 de maio de 1992. O poeta Manuel Cuña Novás fina en Pontevedra. Tiña 67 anos

19 de maio

19 de maio de 1957. Nace en Cuntis o escritor e xornalista Xosé Manuel Rodríguez Durán

19 de maio de 1967. Fina en Folgoso do Courel a poeta María Mariño.Tiña 59 anos

19 de maio de 1987. Valentín Paz-Andrade falece en Vigo aos 89 anos

20 de maio

20 de maio de 1820. Nace en Compostela José Rúa Figueroa, escritor, xornalista e revolucionario

20 de maio de 1903. Fina na Estrada o escritor Marcial Valladares. Tiña 81 anos

20 de maio de 1906. Publícase o primeiro número do Boletín da Real Academia Galega, dirixido por Manuel Murguía

20 de maio de 1934. Salvador Cabeza de León, galeguista, profesor e un dos fundadores da RAG, falece aos 70 anos en Compostela

20 de maio de 1970. Nace en Arteixo o escritor e político Xabier Maceiras

20 de maio de 2018. Falece en Barcelona o escritor e xornalista Ramón Chao. Tiña 82 anos

21 de maio

21 de maio de 1824. Nace en Ferrol o escritor e historiador Benito Vicetto

21 de maio de 1860. O escritor Constantino Horta Pardo nace en Pontedeume

21 de maio de 1873. Manuel Martínez Sueiro, escritor e avogado, nace en Ourense

21 de maio de 1937. Fina en Asturias Leandro Carré Brandariz, escritor, dramaturgo e militante libertario

22 de maio

22 de maio de 1849. Nace en Vigo Xoán Neira Cancela, militar, escritor e xornalista

22 de maio de 1855. O escritor, xornalista e revolucionario José Rúa Figueroa falece en Madrid. Tiña 35 anos

22 de maio de 1890. Publícase o texto definitivo d´Os Pinos, texto do Himno Nacional de Galicia, con letra de Eduardo Pondal

22 de maio de 1912. Antonio Quintela Ferreiro, escritor, xornalista e mestre, nace en Lugo

22 de maio de 1912. Nace en Santa Locaia (Castro de Rei) o poeta Francisco Vega Ceide (Francisco de Fientosa)

22 de maio de 1941. Aos 65 anos morre en Vigo Francisco Porto Rey, escritor e xornalista

22 de maio de 1952. O fotógrafo e poeta Manuel Vilariño nace na Coruña

22 de maio de 1997. O escritor Xosé Antonio Silva falece en Ames. Tiña 59 anos

23 de maio

23 de maio de 1871. Fina en Suíza Ramón de la Sagra, escritor, botánico e anarquista. Tiña 73 anos

23 de maio de 2009. Falece, aos 46 anos, o poeta e músico estradense Xosé Couceiro Bugallo

23 de maio de 2016. Fina en Madrid o escritor e editor Sabino Torres. Tiña 91 anos

24 de maio

24 de maio de 1935. Fina en Madrid, aos 46 anos, o filósofo verinés Eloy Luís André

24 de maio de 1947. Nace en Muros o escritor e actor Santiago Fernández Fernández

24 de maio de 1969. A tradutora e filóloga Dulce Fernández Graña nace na Coruña

24 de maio de 1976. Nace a editora Laura Rodriguez Herrera

24 de maio de 1982. Falece aos 22 anos o poeta estradense Xoseme Mosquera

24 de maio de 1996. Lois Pereiro falece na Coruña. Tiña 38 anos

25 de maio

25 de maio de 1891. Os restos de Rosalía de Castro son trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres

25 de maio de 1925. Aparece en Vigo o primeiro número de Vida Céltiga. Revista semanal gráfica-literario-informativa

25 de maio de 1928. Nace en Pontevedra o profesor, investigador e médico Luciano García Alén

25 de maio de 1938. Antonio Domínguez Olano, escritor e xornalista, nace en Vilalba

25 de maio de 1952. A escritora, xornalista e política María Xosé Porteiro nace en Madrid

25 de maio de 1955. Nace en Baleira Narciso de Gabriel, ensaísta e pedagogo

25 de maio de 2012. O filólogo e ensaísta Juan José Moralejo Álvarez fina en Compostela. Tiña 70 anos

26 de maio

26 de maio de 1899. Avelino Cachafeiro Bugallo, poeta e gaiteiro, nace en Soutelo de Montes

26 de maio de 1895. Nace en Compostela o escritor e latinista Manuel García Paz

26 de maio de 1903. O debuxante e ilustrador Álvaro Cebreiro

26 de maio de 1924. Falece en Bos Aires o escritor e xornalista Bernardo Rodríguez Ribeira. Tiña 71 anos

26 de maio de 1969. Aos 69 anos fina o escritor e sacerdote compostelán Paulino Pedret Casado

27 de maio

27 de maio de 1859. Nace en Lugo o escritor e notario Xulio Alonso Sánchez

27 de maio de 1937. Lalo Vázquez Xil, escritor, poeta e cronista oficial da cidade de Vigo, nace en Cotobade

27 de maio de 1969. Elena Gallego Abad nace en Teruel

28 de maio

28 de maio de 1821. Xoán Cuveiro Piñol, escritor e lingüista, nace na Coruña

28 de maio de 1878. Fina en Ferrol o escritor e historiador Benito Vicetto. Tiña 54 anos

28 de maio de 1940. O teólogo e escritor Andrés Torres Queiruga nace en Aguiño (Ribeira)

28 de maio de 1948. Nace en Vigo o dramaturgo Eduardo Alonso

28 de maio de 1961. Lourenzo Fernández Prieto, ensaísta e historiador, nace en Ribadeo

28 de maio de 1983. A poeta Xiana Arias nace na Fonsagrada

29 de maio

29 de maio de 1928. Nós publica Conto de guerra, de Camilo Díaz Baliño

29 de maio de 1947. Agustín Fernández Paz nace en Vilalba

29 de maio de 1948. En Beariz nace o escritor e antropólogo Xesús Antonio Gulías Lamas

29 de maio de 1949. Luís Manteiga fina aos 46 anos

29 de maio de 1954. O escritor e editor Alfredo Erias nace en Presedo (Abegondo)

29 de maio de 1968. Imma António Souto, dramaturga e actriz, nace na Coruña

29 de maio de 1969. O escritor Carlos Labraña nace en Cedeira

30 de maio

30 de maio de 1923. Nace en Chantada o escritor e xornalista Xavier Costa Clavell

30 de maio de 1962. Nace en Vigo a filóloga e ensaísta Mónica Bar Cendón

30 de maio de 1977. O investigador e crítico literario Héitor Mera nace en Cangas

30 de maio de 1988. A escritora Rosalía Fernández Rial nace en Carballo

31 de maio

31 de maio de 1885. Nace na Coruña o escritor e xeógrafo Fernando Martínez Morás

31 de maio de 1897. Sara Leirós, mestra e escritora, nace no concello das Neves

31 de maio de 1915. Nace en Láncara Ramón Piñeiro

31 de maio de 1923. Aparece en Lugo o primeiro número do xornal La Provincia

31 de maio de 1929. Estréase no teatro Tamberlick de Vigo a ópera O Mariscal

31 de maio de 1950. Nace na Estrada a filóloga Mercedes Brea

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati